

Centenario da Misión Biolóxica de Galicia
O 1 de abril de 1921 nacía en Santiago de Compostela a Misión Biolóxica de Galicia. Unha institución científica de gran relevancia na modernización e mellora do sector agrogandeiro galego ao longo do século XX. Á Misión Biolóxica estiveron vinculados importantes científicos e membros do ámbito cultural e universitario. O Consello da Cultura Galega quere celebrar o centenario deste centro, hoxe ubicado no Palacio de Salcedo (Pontevedra), facendo visibles as biografías de destacados membros presentes no Álbum de Galicia e a través dun artigo de Francisco Díaz-Fierros, catedrático emérito de Edafoloxía da USC, no que explica as orixes do proxecto.Nota de prensa
Fotografía: Histagra (USC) /Portela Vázquez, Alberto (2016). Misión Gallastegui: la Mejora Genética Agropecuaria. Vigo: Autor-editor
As orixes da Misión Biolóxica de Galicia
Francisco Díaz-Fierros ViqueiraA Misión Biolóxica no Álbum de Galicia
O Álbum de Galicia contén biografías de destacados científicos vinculados á Misión Biolóxica.

Miguel Odriozola
Vitoria, 1903 - Madrid, 1974
Ramón Blanco
, - Madrid, 1976
Jesús Andreu
Ejea de los Caballeros (Zaragoza), 1882 - ,
Cruz Gallástegui
Vergara, 1891 - Pontevedra, 1960
Juan López Suárez
O Saviñao (Lugo), 1884 - Madrid, 1970