Bibiano Fernández Osorio-Tafall
Salcedo (Pontevedra), 3/ 12/1902 - México D.F., 13/8/1990Autoría: Xosé Ramón Fandiño
Municipalista e autonomista do máximo nivel durante a República española e alto funcionario das Nacións Unidas para o Terceiro Mundo
Destacado biólogo e profesor de Ciencias Naturais, político de longo percorrido e de fidelidade republicana inquebrantable, trala guerra civil exiliouse en México e desempeñou altos cargos de asesor e diplomático en organismos internacionais de tan alta responsabilidade como a FAO ou a ONU. Restablecida a democracia en España, como presidente que fora do Comité Central de Autonomía de Galicia en 1936, foille ofrecida a posibilidade de dirixir a implantación da autonomía galega, pero considerou que por estar tantos anos afastado de Galicia, pouca xente recordaba a súa pasada personalidade política, e que tal responsabilidade lle correspondía aos galegos que loitaran no interior contra a ditadura.
Bibiano Fernández Osorio -que máis tarde faría composto o seu segundo apelido engadíndolle Tafall, o segundo de seu pai, sobriño dos musicólogos da catedral de Santiago, Rafael e Santiago Tafall Abad- naceu en Salcedo (Pontevedra ) en 1902, sendo neto por vía paterna de Bibiano Fernández, editor e director do xornal monteirista de Santiago, La Gaceta de Galicia. Valéndose dun decreto do Ministerio de Instrución Pública que lle permitía ingresar antes de tempo aos alumnos ben preparados, rematou o bacharelato con brillantes notas aos 15 anos. Iniciou en Santiago os estudos de Farmacia, pero moi logo trasladouse a estudar Ciencias Naturais na Universidade de Madrid, onde se doutorou en 1925. Malia ter que sufrir o golpe de Estado de Primo de Rivera, en Madrid viviu na Residencia de Estudantes, que o puxo en contacto cos principios da Institución Libre de Enseñanza e da Junta para Ampliación de Estudos, que en 1932 o becou para ampliar estudos en Alemaña, onde estudou as máis renovadoras técnicas de selección e hibridación de sementes no Kartoffen Institute de Berlín.
Antes da bolsa, en 1927 establecérase de novo en Pontevedra, agora como catedrático de Agricultura no Instituto Xeral e Técnico de Pontevedra, do que tamén foi director, e desde 1930 a 1936 estivo vinculado á Misión Biolóxica de Galicia, institución da que desde 1934 foi secretario e na que, en colaboración con Cruz Gallástegui, estudou as enfermidades viróticas que afectan ao cultivo das patacas. Ademais da fitopatoloxía, Tafall tamén se ocupou da bioloxía mariña a través da Estación de Bioloxía Mariña de Marín, centro promovido polo naturista e arqueólogo Ramón Sobrino Buhigas, no que realizou diversas investigacións sobre fitoplancto, participou nas súas actividades e dirixiu algunhas excursións científicas que os alumnos facían polas costas portuguesas.
Coa chegada da República en 1931, Osorio-Tafall, home de confianza de Casares Quiroga e militante da ORGA e da súa sucedánea FRG, como lle expresaba Gallástegui en carta a López Suárez, “debátese entre a política e a bioloxía. Temo que se decidirá pola política. ¡Síntoo polas patacas!”. Cumpriuse a premonición de don Cruz e Tafall inicia unha imparable carreira política: foi primeiro alcalde de Pontevedra na República, presidiu a Deputación e deputado nas Cortes Constituíntes de 1931 e da Fronte Popular en 1936. Como alcalde de Pontevedra participou na Asemblea de Municipios de toda Galicia que aprobou o Proxecto de Estatuto e presidiu o subseguinte Comité Central de Autonomía de Galicia encargado de organizar o plebiscito do Estatuto de xuño de 1936. Ao mesmo tempo, no goberno formado por Manuel Azaña en febreiro dese mesmo ano foi nomeado subsecretario de Traballo e Previsión Social. Ao ser elixido Azaña presidente da República e formar goberno Casares Quiroga foi designado subsecretario de Gobernación, cargo que continuou co goberno de José Giral.
Xa en plena guerra civil, ao ser substituído Giral por Largo Caballero,
Tafall abandonou os seus cargos oficiais polo que retomou a docencia como catedrático de Ciencias Naturais no Instituto Lope de Vega de Madrid e encargouse da dirección de Política, o diario de Izquierda Republicana, ata que en marzo de 1938 foi designado por Juan Negrín Comisario Xeral do Exército Popular. Ao finalizar a guerra Tafall refuxiouse en Francia, pero non se desentendeu das súas responsabilidades republicanas, senón que asumiu o cargo de secretario xeral do Servizo de Evacuación dos Refuxiados Españois (SERE), que se encargaba de organizar os traslado dos internados en campos de concentración a México, Chile e outros países.
Abandonou París cinco días antes da invasión xermánica e iniciou o camiño do exilio. Chegou a México, a súa segunda patria, en 1941. Foi nomeado profesor da Universidade Autónoma e do Instituto Politécnico Nacional e reanudou a actividade investigadora desde o Laboratorio de Hidrobioloxía e na Escola Nacional de Ciencias Biolóxicas de México, sendo aínda hoxe moi valorados, científica e socialmente, moitos dos seus estudos e propostas, como a de defensa do mar patrimonial de México.
En 1948, a etapa científica de Tafall en México deu paso a outra máis universalista ao entrar a formar parte do persoal civil da Organización de Nacións Unidas. A primeira actividade que lle tocou acometer foi económica como director rexional da Organización da Agricultura e Alimentación para o sector occidental de América latina, con residencia en Santiago de Chile. En 1956 representou o Programa de Asistencia Técnica da ONU, tamén en Chile. En 1959 foi trasladado co mesmo posto a Indonesia e en 1961 á República Árabe de Exipto. Xa con funcións máis diplomáticas ca técnicas, entre 1964 e 1967 estivo á fronte da operación da ONU no Congo con motivo da súa independencia e, nesta última data, foi designado Representante Especial do Secretario Xeral da ONU en Chipre. Como ideólogo do Terceiro Mundo, de todas estas actividades foi quedando testemuña escrita en numerosos traballos científicos ou informes oficiais dirixidos aos organismos para os que traballaba. En xuño de 1974 xubilouse voluntariamente con rango de subsecretario xeral como funcionario de Nacións Unidas e regresa a México para seguir vinculado a este alto organismo. Así, en 1976 Kurt Waldheim inauguraba en México o Centro de Estudos Económicos e Sociais do Terceiro Mundo e nomeou a Tafall director, así como membro do consello directivo da United Nations Training and Research Institute, UNITAR, proxecto entre o Centro e as Nacións Unidas.
En 1977, durante a transición democrática en España, o xefe do goberno, Adolfo Suárez, aconsellado por Jaime de Piniés, representante español nas Nacións Unidas, propúxolle a Tafall que, como no caso de Taradellas en Cataluña, presidise o tránsito da ditadura á democracia en Galicia. Despois de agradecerlle a invitación a súa contestación, segundo testemuño do seu propio fillo, foi esta: “Cuando era muy joven y aún no estaba preparado fui llamado a importantes cargos de gobierno. Ahora con mi experiencia estaría preparado para asumir grandes responsabilidades. Pero después de cuarenta años fuera de mi patria no estoy legitimado para aceptarlos”. Sen embargo, outras testemuñas, como a de Díaz Pardo, amigo co que se carteou moitos anos, aseguran que de ser reclamado polas forzas políticas galegas, tería aceptado.
Despois de tantos anos de percorrer tantos mundos e de expresarse con competencia lingüística en inglés, francés, alemán, italiano e portugués e con coñecementos, aínda que non tan solventes, de ruso, indonesio, árabe e grego, nos últimos anos da súa vida Tafall viaxou a Galicia en catro ocasións e sempre se expresou en galego. En 1986 acudiu a Santiago de Compostela para intervir no 50 aniversario do Estatuto de Autonomía, en 1988 para recibir a Medalla de Ouro da Academia Galega das Ciencias, onde pronunciou a conferencia “A preservación do ambiente humano” En 1989 estivo en dúas ocasións, unha en xuño para recibir la Medalla Castelao, e outra en outubro na que nun acto presidido polo presidente da Xunta, F. González Laxe, foi rehabilitalo como catedrático do Instituto de Pontevedra e pronunciou a lección inaugural do curso que versou sobre a obra dos españois en América Latina.
Por razóns de saúde, en 1990 non puido ser investido doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago. Ese mesmo ano o Padroado do Pedrón de Ouro concedeulle o Pedrón de Honra e representouno seu fillo, que no discurso de aceptación do premio dixo: “Moi especialmente me encargou meu pai que lles manifestase que, xa que non puido ser galego na súa terra, da que o botaron fóra cando somente tiña 33 anos, tomou a decisión de ser galego en todas as partes do mundo onde traballase, dende Canadá até Patagonia e dende México até Indonesia”. Bibiano Fernández Osorio-Tafall, o funcionario de orixe española de maior rango das Nacións Unidas faleceu en agosto de 1990 en Cidade de México. Poucos días despois as súas cinzas foron inhumadas xunto ás dos seus pais no cemiterio pontevedrés de San Mauro.
Créditos da fotografía: Fondo Osorio Tafall do Museo de Pontevedra.
Como citar: Fandiño, Xosé Ramón : Bibiano Fernández Osorio-Tafall. Publicado o 8/10/2007 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=1403. Recuperado o 28/03/2023
Bibiano Fernández Osorio-Tafall
Salcedo (Pontevedra), 3/ 12/1902 - México D.F., 13/8/1990Autoría: Lourenzo Fernández Prieto
Autoría: Xosé Antón Fraga
Un científico republicano e galeguista: da Misión Biolóxica á FAO
Era neto de Bibiano Fernández, director e editor de La Gaceta de Galicia, xornal santiagués monterista, e fillo de María Osorio, de Salcedo (Pontevedra), e de José Fernández, de Santiago de Compostela. Estudou Ciencias Naturais nas universidades de Santiago e Madrid e obtivo o doutoramento na última delas. Como acontecía con moitos dos prometedores valores da súa xeración, ampliou estudos con bolsas da Junta para Ampliación de Estudios, en Alemaña (Biologische Anstalt de Berlín), Francia e Inglaterra. Na súa etapa compostelá formou parte do Seminario de Estudos Galegos. De regreso a Pontevedra foi catedrático de Agricultura, secretario da Misión Biolóxica de Galicia e director do xornal republicano El País.
Activa vida política
Acadou por oposición a cátedra de Agricultura do instituto de ensino medio de Pontevedra, do que tamén sería director. Posteriormente trasladouse ao instituto Lope de Vega de Madrid. Militou no republicanismo reformista e foi deputado constituínte en 1931, pola Federación Republicana Gallega, constituída despois en ORGA, e en 1936 por Izquierda Republicana, onde ocupou o cargo de director do voceiro Política. Os compromisos políticos que asumiu no período republicano restáronlle tempo ao seu labor científico. Gallástegui escribíalle a Juan López Suárez o 16 de abril de 1936: “Bibiano debátese entre a política e a Bioloxía, temo que se decidirá pola política, ¡síntoo polas patacas!”. As súas responsabilidades políticas naquel tempo foron parellas á súa actividade. Foi alcalde de Pontevedra, presidente da Deputación Provincial e presidente do Comité Central da Autonomía de Galicia. Co triunfo da Fronte Popular, en febreiro de 1936, pasou a desempeñar o cargo de subsecretario do Ministerio de Gobernación e, despois do golpe militar de xullo de 1936, o de comisario xeral de Defensa durante a Guerra Civil. Bibiano Fernández foi enviado a América polo Goberno para recadar fondos para a República. Reclamado pola Fronte Popular Antifascista Galega e polas Sociedades Hispanas Confederadas, arribou ao porto de Nova York o 21 de marzo de 1938. A súa campaña neste país tiña dous obxectivos: dar a coñecer as ansias autonomistas de Galicia e facer propaganda da decisión do Goberno de Negrín de continuar a guerra sen vacilacións e con todas as consecuencias.
A vida no exilio
Despois da derrota republicana, en 1939, foi presidente do Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles (SERE), e logo de recalar na República Dominicana asentouse en México, en 1941. Alí continuou a súa carreira no ámbito da bioloxía mariña e a xenética vexetal: profesor da Universidade Autónoma, director do Laboratorio de Hidrobiología da Escuela Nacional de Ciencias Biológicas do Instituto Politécnico Nacional, onde coincidiu cos exiliados españois Odón de Buén, Rafael de Buén e Enrique Rioja Lo-Bianco e impartiu Bioloxía humana, Biometría e Xenética. Exerceu tamén como director de Estudios Económicos y Sociales del Tercer Mundo, secretario da Sociedad Mexicana de Historia Natural, entre 1942-43, e asesor da Dirección de Pesca da Secretaría de Marina. Colaborou intensamente con Ciencia, revista dos científicos españois exiliados, na que, ademais de publicar diversos traballos, colaborou activamente como membro da secretaría de redacción e do padroado.
Rematada a II Guerra Mundial e xa nacionalizado mexicano, en 1948 retomou a súa actividade política como funcionario das Nacións Unidas, na FAO (Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación) e nos programas de desenvolvemento: director da Oficina Rexional da FAO para América Latina en Santiago de Chile (1949), Indonesia (1959), director en África do Programa de Asistencia Técnica para países en desenvolvemento, de Programas do Fondo Especial en Exipto (1961); representante da ONU para a pacificación no conflito do Congo (1964-1967). No seu último destino foi representante especial do secretario xeral da ONU en Chipre (1967-1974) e xubilouse como subsecretario xeral da organización.
As investigacións no campo da agronomía
Desenvolveu as súas pescudas científicas en fitopatoloxía e bioloxía mariña, e xa en México, en hidrobioloxía. Iniciouse na investigación en xenética con A. Zulueta, no Laboratorio de Biología do Museo Nacional de Ciencias Naturales de Madrid. En agronomía, a súa actividade investigadora estivo vinculada, entre 1930 e 1936, á Misión Biolóxica de Pontevedra, na que, en colaboración con Gallástegui Unamuno, desenvolveu prometedores traballos sobre a dexeneración das patacas, nunha liña de investigación confluente coa que daquela executaba Juan Rodríguez Sardiña. Centrábanse estes estudos nas diferentes viroses que afectaban as patacas en Galicia, con vista a identificar os virus, analizar os danos, os vectores de transmisión e a difusión de certas patoloxías. A mellora e selección de patacas da semente, cara á súa produción e posterior comercialización, chocaba con coñecidos problemas de dexeneración que constituían un obstáculo difícil de superar. Con tal fin, Gallástegui animouno a estudar a cuestión e buscar fórmulas para a súa solución. A pesar do carácter intermitente do seu traballo, por mor das responsabilidades políticas, acadou tan notables progresos na dirección correcta que fixeron pensar ao director da Misión nunha rápida solución deste problema que permitise obter tipos de sementes resistentes.
En 1932 Gallástegui acadou, por medio de Juan López Suárez, mecenas da ciencia galega da época, unha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios, para que Osorio estudase en Alemaña as máis renovadoras técnicas de selección e hibridación de sementes que se estaban a desenvolver no Kartoffen Institute de Berlín. Cando foi represaliado polo Goberno do Bienio Negro, a consecuencia da revolución de outubro de 1934, a Misión Biolóxica nomeouno secretario do centro, cargo que desempeñou ata pouco antes das eleccións de febreiro de 1936. Precisamente foi neses meses cando o seu traballo acadou maior continuidade. O primeiro traballo publicado en España sobre enfermidades de virus da pataca foi o que el presentou no XIV Congreso da Asociación Española para el Progreso de las Ciencias, que tivo lugar en Santiago en 1934.
Labor en bioloxía mariña
A actividade en bioloxía mariña levouna a cabo arredor da Estación de Bioloxía Mariña de Marín. Este centro dependía científica e administrativamente do Museo Nacional de Ciencias Naturales de Madrid, dirixido polo biólogo Ignacio Bolívar. Esta situación ten algo de paradoxal e de certa reparación histórica. Había uns sesenta anos, en 1875, que Augusto González de Linares, sendo catedrático de Historia Natural en Santiago, pensara nese lugar como localización idónea para un centro de investigación mariña que as condicións naturais e económicas de Galicia demandaban. Diversos acontecementos que tiveron lugar despois fixeron que Linares decidise instalar o primeiro centro do Estado español en Santander, excluíndo as ofertas galegas. O apoio político do influente grupo institucionista-krausista á iniciativa de Linares foi decisivo. Montero Ríos e Ignacio Bolívar participaron activamente na decisión.
O promotor da Estación de Marín foi o profesor do instituto de Pontevedra Ramón Sobrino Buhigas, mestre de Osorio-Tafall, quen conseguiu dispoñer dun local da Junta de Obras del Puerto de Pontevedra. O Museo enviaba a Marín un grupo de alumnos, que se especializaban en bioloxía mariña baixo a supervisión do profesor Faustino Miranda González, experto ficólogo. Osorio levou a cabo diversas pescudas, especialmente sobre fitoplancto, colaborou nas actividades da Estación e dirixiu algunha das excursións polas costas portuguesas.
Recoñecemento e últimos anos
Morto Franco en 1975, Osorio Tafall non quixo volver do exilio polos arraigamentos que tiña en México. O primeiro Goberno de Adolfo Suárez sondou a posibilidade de nomealo Presidente “provisional” de Galicia, ao igual que se fixera con Josep Tarradellas, pero Taffal rexeitou o ofrecemento. Ata a súa morte visitou Galicia e a súa familia galega en varias ocasións, co gallo dos diversos homenaxes que institucións e amigos lle tributaron. En 1987, a Academia Galega das Ciencias concedeulle a Medalla de Ouro, un ano despois a Xunta de Galicia a Medalla Castelao, e en 1989 foi designado doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela.
Bibliografía:
A documentación correspondente á súa etapa como representante da ONU en Chipre e dos últimos anos en México está depositada no Arquivo do Museo de Pontevedra, coa denominación de Colección Documental Bibiano Osorio Tafall.
Fontes impresas:
FERNÁNDEZ OSSORIO-TAFALL, B. (1935): La auxosporulación en Bacteriastrurnhyalinum, Lauder(Bacillariophyta Hemicyclae). Boletín de la Sociedad Española de Historia Natural, XXXV: 111-124.
FERNÁNDEZ OSSORIO-TAFALL, B. (1935a): El Pláncton como fuente de alimento, Revista de industrias conserveras, 17: 1-8
FERNÁNDEZ OSSORIO-TAFALL, B. (1935b): Sobre una enfermedad de la coliflor poco conocida en nuestros días, Boletín Sindicatos de Productores de Semillas, 25 de outubro de 1935.
FERNÁNDEZ OSSORIO-TAFALL, B. (1936): Observaciones sobre diatorneas planctónicas del Mar de Galicia. Boletín de la Sociedad Española de Historia Natural, XXXVI: 61-90.
FERNÁNDEZ OSSORIO-TAFALL, B. (1940): Materiales para el estudio del microplankton del lago de Pátzcuaro (México).: Generalidades y fitoplancton, México: Esc. Nal. Cienc. Biol.
FERNÁNDEZ OSSORIO-TAFALL, B. (1942): El mar de Cortés , México: Esc. Nal. Cienc. Biol.
FERNÁNDEZ OSSORIO-TAFALL, B. (1943a): El mar de Cortés y la productividad fitoplactónica de sus aguas, México: Esc. Nal. Cienc. Biol.
FERNÁNDEZ OSSORIO-TAFALL, B. (1943b): Algunos datos sobre zoología económica del mar de Cortés, Revista de la Sociedad Mexicana de Historia Natural, 3-4: 59-78.
FERNÁNDEZ OSSORIO-TAFALL, B. (1944): Biodinámica del lago de Pátzcuaro. I. Ensayo de interpretación de sus relaciones tróficas, Revista de la Sociedad Mexicana de Historia Natural, 5(3-4): 197-227.
FERNÁNDEZ OSSORIO-TAFALL, B. (1946): La plataforma continental y la incorporación de sus riquezas naturales al Patrimonio Nacional, México: Esc. Nal. Cienc. Biol..
FERNÁNDEZ OSSORIO-TAFALL, B. (1947a), Un capítulo de la geografía económica de México: La pesca , México: Esc. Nal. Cienc. Biol.
FERNÁNDEZ OSSORIO-TAFALL, B. (1947b): El destino marítimo de México, México: Esc. Nal. Cienc. Biol..
FERNÁNDEZ OSSORIO-TAFALL, B. (1948): Mares e islas mexicanas del pacífico, México: Esc. Nal. Cienc. Biol.
FERNÁNDEZ OSSORIO-TAFALL, B. (1950): La planeación del aprovechamiento de los recursos naturales renovables para la industrialización de México, México: Esc. Nal. Cienc. Biol.
FERNÁNDEZ OSSORIO-TAFALL, B. (1981). Human Rights, Development and Indigenous Communities in México. División de Derechos Humanos de las Naciones Unidas. Esc. Nal. Cienc. Biol.
FERNÁNDEZ OSSORIO-TAFALL, B. (1988): Bibiano F. Osorio-Tafall: He perdido Galicia y España, pero he ganado el mundo, Faro de Vigo, 12/06/1988, p. 17.
Bibliografía secundaria:
A memoria de doutoramento de Xosé Francisco Pardo Teijeiro (Pardo Teijeiro, 2010) constitúe unha consulta necesaria para o acceso á biografía e á obra de Osorio-Tafall.
ÁLVAREZ, S. (1992): Osorio-Tafall. Su personalidad, su aportación histórica, Sada/A Coruña: Ediciós do Castro.
AMO, J. e CHARMION, S. (1950): La obra impresa de los intelectuales españoles en América. 1939-1945, Stanford : Stanford University Press.
BARAHONA, A., PINAR, S., AYALA, F. J. (2003): La genética en México. Institucionalización de una disciplina, México: Universidad Nacional Autónoma.
DENIA, A. (1954): Osorio Tafall en Buenos Aires, Galicia Emigrante, nº 4.
DOSIL, X. & FRAGA, X.A. (2001): Constitución de la estación de Biología marina de Marín (Pontevedra), In, Estudios de Historia das Ciencias e das Técnicas , Pontevedra: Servicio de publicacións Deputación Provincial de Pontevedra, Tomo I, 185-192.
DOSIL MANCILLA, F. J. (2007): Los albores de la botánica marina española (1814-1939), Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia.
DURÁN, J. A. (dir.) (2001): As claves do enigma: Tafall entre tres mundos , Axencia do Audiovisual Galego. Curtametraxe.
FERNANDEZ PRIETO, L. (1988): Infraestructura e organización da investigación agropecuaria en Galicia durante o primeiro tercio do século XX, Ingenium , 1: 11-25.
GÓMEZ, F. (2006): Historia de las investigaciones sobre dinoflagelados marinos en España, Llull, v. 29 (n. 64) : 307-329.
GURRIARÁN, R. (2006): Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940), Santiago de Compostela: Universidade.
HERNÁNDEZ DE LEÓN-PORTILLA, A (2003): España desde México. Vida y testimonio de transterrados, Madrid: Algaba Ediciones.
(2001): HOMENAXE ao Exilio Galego, 1936-1975. (Na lembranza de Bibiano Osorio Tafall), Pontevedra: Universidade de Vigo.
OTERO GULDRIS, F. (1974): Ossorio Tafall, Bibiano Fernández, Gran Enciclopedia Gallega, t. 23.
PARDO TEIJEIRO, X. F. & ÁLVAREZ LIRES, Ma. (2010): La presencia de Bibiano F. Ossorio-Tafall en la revista Ciencia, Llull, 33 (nº 72), pp 315-332.
PARDO TEIJEIRO, X. F. (2010): Bibiano Fernández Osorio-Tafall, un científico e político galego no exilio, Vigo: A Nosa Terra
PORTO UCHA, A. S. (1986): La Institución Libre de Enseñanza en Galicia, Sada/A Coruña: Ediciós do Castro.
VILLARES PAZ, R. (dir.) (2004): Vota o estatuto, Galicia siglo XX, A Coruña: La Voz de Galicia; pp. 133-144.
Como citar: Fernández Prieto, Lourenzo : Fraga, Xosé Antón : Bibiano Fernández Osorio-Tafall. Publicado o 8/10/2007 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=1403. Recuperado o 28/03/2023

Ligazóns de interese
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=35606 [Consulta: 2022-12-28]
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
Historia do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, de 1944 a 2004
Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo (dir.): O Instituto de Estudos Galegas «Padre Sarmiento»: Sesenta anos ó servicio de Galicia (1944- 2004). Santiago de Compostela: CSIC, Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (IEGPS), 2005. http://hdl.handle.net/10261/225007
Fonte: CSIC.
https://digital.csic.es/handle/10261/225007
La auxosporulación en Bacteriastrurnhyalinum
FERNÁNDEZ OSSORIO-TAFALL, B. (1935: La auxosporulación en Bacteriastrurnhyalinum, Lauder(Bacillariophyta Hemicyclae). Boletín de la Sociedad Española de Historia Natural, XXXV: 111-124.
Observaciones sobre diatorneas planctónicas del Mar de Galicia
FERNÁNDEZ OSSORIO-TAFALL, B. (1936): Observaciones sobre diatorneas planctónicas del Mar de Galicia. Boletín de la Sociedad Española de Historia Natural, XXXVI: 61-90.
Algunos datos sobre zoología económica del mar de Cortés
FERNÁNDEZ OSSORIO-TAFALL, B. (1943b: Algunos datos sobre zoología económica del mar de Cortés, Revista de la Sociedad Mexicana de Historia Natural, 3-4: 59-78.
Osorio-Tafall, un científico forjado en la Enseñanza Media
HERREROS, Isabelo: Osorio-Tafall, un científico forjado en la Enseñanza Media, Asociación Manuel Azaña.
Izquierda republicana
Izquierda republicana
Actas do Congreso internacional “O exilio galego”
CONSELLO DA CULTURA GALEGA (2001): Actas do Congreso internacional “O exilio galego” (Do 24 ao 29 de setembro de 2001).
España desde México
HERNÁNDEZ DE LEÓN-PORTILLA, A. (2003): España desde México. Vida y testimonio de transterrados), Madrid: Algaba Ediciones.
Los albores de la botánica marina española
DOSIL MANCILLA, F. J. (2007): Los albores de la botánica marina española (1814-1939), Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia.
investigaciones sobre dinoflagelados marinos en España
GÓMEZ, F. (2006): Historia de las investigaciones sobre dinoflagelados marinos en España, Llull, v. 29 (n. 64) : 307-329.
A pegada perenne de Osorio-Tafall en México
JABOIS, Manuel: A pegada perenne de Osorio-Tafall en México, El Progreso, 1 de agosto de 2008.
Referencias bibliográficas
- A. Denia, “Osorio Tafall en Buenoz Aires”, en Galicia Emigrante, nº 4, Bos Aires, 1954.
- Ascensión H. de López Portilla, España desde México. Vida y testimonio de transterrados, México. UNAM, 1978.
- Baldomero Cores Trasmonte, Bibiano Osorio-Tafall. Tempo de exilio, Concello de Pontevedra, 2003.
- Francisco Otero Guldrís, “Ossorio –Tafall”, en Gran Enciclopedia Gallega, T. 23, Santiago/Xixón, s.d.
- J.A Durán, As claves do enigma. Tafall entre tres mundos, documental audiovisual, Servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra e Consello da Cultura Galega, s.d.
- Lourenzo Fernández Prieto e Xosé A. Fraga Vázquez “Fernández Ossorio-Tafall, Bibiano”, en Fraga Vázquez, X.A.&Domínguez, A. Coords., Diccionario Histórico das Ciencias e das técnicas de Galicia. Autores, 1868-1936.Publicacións do Seminario de Estudos Galegos, Ediciós do Castro, Sada, 1993.
- Santiago Álvarez, Osorio-Tafall. Su personalidad, su aportación a la historia, Ediciós do Castro, Sada 1992.