Dis-ma-ma-má

Dis-ma-ma-má

Remata un intenso ano no que o Día das Letras Galegas foi dedicado a Xela Arias, e nada mellor que facelo con música. O Consello da Cultura Galega e o compositor Juanjo Cura teñen o pracer de ofrecerlles a descarga as partituras e os audios coas voces de referencia da versión realizada por este músico do poema "Dis ma-ma-má" do libro Darío a diario de Xela Arias (Xerais, 1996).



Interpretación da obra


O compositor



Juanjo Cura é un músico arxentino radicado en Vigo desde 2020. É profesor en Filosofía, Psicoloxía e Ciencias da Educación, director coral e orquestral, compositor e arranxador (obras orquestrais e corais), docente, pedagogo vocal, produtor musical, artístico e discográfico (independente, catro rexistros), editor (representante de Edicións GCC) e actor de dobraxe. Articulista e conferencista. Foi coordinador xeral do Programa de Orquestras e Coros do Ministerio de Educación da Provincia de Santa Fe (Arxentina).


Descarga as partituras e o audio de referencia

Versión SA
Versión SAB
Versión SATB




Descarga a publicación das partituras

Ficha técnica


OBRA:
"Dis ma-ma-má". Darío a Diario de Xela Arias (Xerais, 1996)

AUTORES:
Letra: Xela Arias
Música en versións corais orixinais con piano para SATB, SAB e coro de nenos: Juanjo Cura

ARTISTAS PARTICIPANTES:
Coro Gestus Vocalis, do Morrazo.
Sopranos: Carmen Pereira Vázquez e Rosa García García
Contraltos: Gloria Martínez Marín e Isabel Calles Villamandos
Tenores: Manuel Fernández Juncal e Francisco Martínez Prieto
Baixos: Manuel Torreira e Juanjo Cura
Solista: Beatriz Riobó
Piano: Alejandro Casquero
Dirección musical: Juanjo Cura (www.juanjocura.com)

Gravado en Edisco. Mesturas e Masterización: Fernando Campos.
Edición do coro: Juanjo Cura
Gravación e edición de vídeo: Xosé Bocixa (Tingalaranga)

Consello da Cultura Galega, 2021

Agradecementos:
Dario Gil Arias e familia de Xela Arias
Mtro. Alberto Abal e Coro de Voces Graves de Vigo
Ao Instituto de Ensino Secundario IES Plurilingüe A Paralaia de Moaña