----

Mulleres na sombra.

Feitos e retos no sistema penitenciario

Unha achega documental á relación mulleres e sistema penitenciario no pasado, no presente e na reflexión sobre o futuro.
Imaxe: Fragmento do cartel da convocatoria unitaria do movemento feminista galego de 8 de marzo de 1994. Fonte: Fondo especial MFOG. CDIF-CCG

Novas achegas

Recolle artigos elaborados por Celia Pereira Porto, Yolanda Ferreiro Novo e Libertad Francés Lecumberri. Desde perspectivas feministas abordan diferentes aspectos da realidade das mulleres en prisión.

Artigos

Un outro apartado recompila artigos, estudos, guías e informes publicados en monografías, actas de xornadas ou encontros e en publicacións periódicas máis e menos especializadas. Preséntanse por orde cronolóxico, dende a década de setenta do século vinte ata chegar á máis recente datada en 2020. Foron elaborados por xuristas, avogadas, sociólogas, traballadoras sociais, educadoras ou presas e achegan á realidade das mulleres no dereito penal ou nas prisións.

Videos

No apartado vídeos recóllense reportaxes que achegan á memoria a figura de Concepción Arenal, á realidade das mulleres presas nas cárceres franquistas e un programa de televisión emitido en 2020 protagonizado por reclusas.

Ligazóns

No apartado ligazóns amplíanse as achegas a publicacións para coñecer e facer memoria de mulleres procesadas e/ou encerradas en cárceles, campos de concentración, mazmorras ou galeras, no cumprimento de penas que teñen que ver con delitos como bruxería, roubos, tráfico de drogas, máis tamén con ideoloxías relixiosas ou políticas que non encaixan coas morais dominantes nas diferentes épocas da historia. Recolle tamén a visitadoras entre as que destacan Concepción Arenal.