
Seoane no Consello da Cultura Galega
Co gallo da exposición "Materiais Seoane. Entre Galicia e Arxentina", organizada polo Consello da Cultura Galega e o Ministerio de Cultura da Ciudad de Buenos Aires, presentamos algúns dos recursos destacados sobre o artista e intelectual dispoñibles no noso web.A exposición

O Consello da Cultura Galega e o Ministerio de Cultura da Ciudad de Buenos Aires organizan a exposición "MATERIAIS SEOANE. ENTRE GALICIA E ARXENTINA", que poderá visitarse no Museo de Arte Español Enrique Larreta (Av. Juramento, 2291, Ciudad Autónoma de Buenos Aires) entre os días 21 de xullo e 27 de novembro de 2022.
As publicacións
As publicacións do Consello da Cultura Galega sobre Luís Seoane abordamos a súa combativa poesía do exilio en Fardel do Eisiliado, exploramos a través de especialistas o seu universo creativo, a súa posición política ou sobre o país nas actas do congreso "Luís Seoane: Galicia-Arxentina: unha dobre cidadanía" e rematamos cunha pequena xoia visual, as Imaxes de Galicia, onde Seoane quere ofrecer un "fresco visual da historia de Galicia" a través de 72 xilografías. Reproducimos os textos en galego da edición príncipe bilingüe de Buenos Aires de 1978.Luís Seoane en Galicia 100
En 2016 incluímos o cadro Emigrante dentro das cen pezas destacadas da cultura galega. O crítico de arte David Barro explícanos a relevancia desta obra do Seoane máis social.O epistolario

O Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Fundación Luís Seoane, facilita a consulta dixital da correspondencia de Luís Seoane, cun conxunto de case 3000 cartas que permiten coñecer a vida do artista e as súas relacións humanas e profesionais.