A tradutora
Foto: AELG Kathleen Nora March naceu en Rochester (NY) e formouse como especialista en estudos hispánicos, latinoamericanos e portugueses; na actualidade é catedrática emérita de Español na University of Maine. En 1975 veu a Galicia para investigar sobre a poesía de Manuel Antonio e aquí quedou prendida, galega por elección. Estudou a obra de, entre outros, Carvalho Calero, Castelao, Luz Pozo, Xohana Torres, Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro e Otero Pedrayo. As súas traducións constitúen outra faceta dun traballo académico imprescindíbel, que axudou á proxección da literatura galega no ámbito anglosaxón.