O Consello da Cultura Galega publicou o cómic "Vivir no solo" co obxectivo de concienciar á mocidade sobre a importancia do solo e a necesidade de protexelo.
Para conmemorar o Ano Internacional da Ciencia do Solo (2015), foi adaptado e publicado en castelán "Vivir en el Suelo" e inglés "Living in the Soil" para aumentar a súa difusión internacional.
Este volume חיים בקרקע representa a adaptación e tradución ao hebreo da edición en inglés realizada en colaboración coa Sociedade Española de Ciencias do Solo (SECS, Delegación de Galicia), a Misión Biolóxica de Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas (MBG-CSIC) e o Ministerio de Agricultura e Desenvolvemento Rural de Israel.
Título Vivir no solo [Hebreo]
Asesoramento María Teresa Barral
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Coordinación Montserrat Díaz Raviña
Documentación María Teresa Barral
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Guión Marilar Aleixandre
Ilustración Fran Bueno
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega; Ministerio de Agricultura e Desenvolvemento Rural de Israel; Misión Biolóxica de Galicia-CSIC; SECS, Delegación Territorial de Galicia, 2023
Edición 1ª edición
Descrición física [14] p.: il. cor; 30 cm.
ISBN 978-84-126834-7-9
Materias
Código QR
qr code