O Consello da Cultura Galega publicou, en lingua galega, a banda deseñada "Vivir no solo" co obxectivo de concienciar á mocidade sobre a importancia do solo e a necesidade de protexelo.

Para celebrar o Ano Internacional do Solo (2015), adaptouse e publicouse a banda deseñada en castelán "Vivir en el Suelo" e en inglés "Living in the Soil" para aumentar a súa difusión internacional.

A presente publicación celebra a Década Internacional do Solo (2015-2024) da Unión Internacional de Ciencia do Solo (IUSS) e supón a adaptación e tradución ao francés da edición inglesa realizada en colaboración coa Sociedade Española de Ciencias do Solo (SECS, Delegación de Galicia), a Delegación en Galicia do CSIC e a Sociedade Francesa para o Estudo do Solo (AFES).
Título Vivre dans le sol [Francés]
Asesoramento María Teresa Barral
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Coordinación Montserrat Díaz Raviña
Documentación María Teresa Barral
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Guión Marilar Aleixandre
Ilustración Fran Bueno
Tradución M. Brossard
C. Le Joliff
J. Thomas
I. Virto
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega; Association Française pour l’Étude du Sol (AFES); CSIC Delegación en Galicia; SECS Delegación Galicia, 2024
Edición 1ª edición
ISBN 978-84-129758-7-1
Depósito Legal C 146-2025
Materias
Código QR
qr code