Voces centenarias

Voces centenarias

Antón Tovar

Voces centenarias

A poesía como experiencia "intensamente vivida"

Antón Tovar no Álbum de GaliciaO poeta ourensán Antón Tovar é unha figura senlleira dentro da literatura galega. O seu ideario político, próximo á esquerda comunista, a súa relixiosidade e a súa actitude existencial configuran o seu particular universo poético, onde existen dous bloques temáticos: por un lado, a denuncia social; por outro, a anguria, a desolación, o pesimismo. Nestas tres gravacións, o poeta trasládanos estes aspectos. Tovar resume, en palabras de Anxo Tarrío, a dor de Galicia.




Poetas de Galicia




Antón Tovar reflexiona sobre a poesía e a súa obra no programa de RNE Poetas de Galicia, de 1968. Lita Iglesias e Andrés Rey, condutores deste espazo radiofónico, resaltan as calidades da poesía de Tovar, entretecidas co recitado dalgúns dos seus poemas. A entrevista remata co poema “Non”, publicado en 1967 no libro homónimo, na propia voz do poeta.

Duración: 13' 15''
Sinatura: ACRN00091_01.
Fondo: Fondo RNE. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG







Outro, Alegría, Deume a risa




Os poemas “Outro”, “Alegría” e “Deume a risa” son recitados por Antón Tovar no programa Nós de RNE. A súa tristura ontolóxica, o seu pesimismo, a súa visión do mundo como espazo hostil e a súa ollada melancólica aparecen nestes versos pero cun aquel de retranca metafísica.

Duración: 04'32''
Sinatura: ACRN00199_07
Fondo: Fondo RNE. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG






Recorrendo Galicia




O Día das Letras de 1985, adicado a Antón Losada Diéguez, Antón Tovar participa no programa Recorrendo Galicia de RNE. En Ourense é entrevistado por Horacio Caneiro e ambos os dous falan da importancia desta conmemoración. Tovar fai unha defensa apaixonada do uso da lingua e da literatura galegas.

Duración: 06'25''
Sinatura: OU00083_02
Fondo: Fondo RNE. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG