exposición: OS ADEUSES. FOTOGRAFíAS DE ALBERTO MARTí.

OS ADEUSES

Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí.

Ellis Island Museum (Nova York), do 9 de febreiro de 2019 ao 5 de maio de 2019 ás 12:00 (hora local)
Información

O Consello da Cultura Galega e a Xunta de Galicia, a través do CGAI, reúnen nesta mostra, comisariada por José Caruncho, unha selección de 50 fotografías de Alberto Martí sobre o éxodo migratorio galego cara a América entre os anos 1957 e 1963 desde os portos da Coruña e Vigo, en Galicia.


A exposición abrangue tres áreas diferenciadas: A Ida, A Volta e O Buque Santa María (que cubría a ruta Caracas-Lisboa-Vigo e foi secuestrado polo Directorio Ibérico de Liberación [DRIL] en xaneiro de 1961).


Inauguración (fotos da inauguración: Xan Padrón)


O sábado 9 de febreiro ás 12:00 h, no Ellis Island National Museum of Immigration de Nova York, terá lugar a inauguración da exposición a cargo da presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, e do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.


O acto de inauguración contará coas actuacións da gaiteira galega Cristina Pato, o Cuarteto Irmandade da Gaita e bailadores/as das asociacións galegas de Nova York e Nova Jersey



Actividades relacionadas: mesas redondas


Galician Immigration in New York. History and Memory
FEB. 11 | 7:00 PM | INSTITUTO CERVANTES OF NEW YORK

Spanish Galician Immigration in the Context of European
Immigration in the Americas
FEB. 12 | 6:00 PM | BARNARD COLLEGE, COLUMBIA UNIVERSITY

Historical Memory in present-day Galicia
MAR. 12 | 7:00 PM | INSTITUTO CERVANTES OF NEW YORK

Galician Culture: Past, Present, Future
MAR. 13 | 6:00 PM | GRADUATE CENTER, CITY UNIVERSITY OF NEW YORK

Ficha técnica
Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí. Os adeuses. Fotografía de Alberto Martí
Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí.
Exposición. Ellis Island Museum (Nova York), do 9 de febreiro de 2019 ao 5 de maio de 2019 ás 12:00 (hora local)

Ellis Island Museum, Nova York
New York, NY 10004-3507 (212) 561-4588