1. Jorge Riechmann e a sustentatibilidade

Os xoves (RE)PENSAMOS

1. Jorge Riechmann e a sustentatibilidade

Os xoves (RE)PENSAMOS

Os xoves (RE)PENSAMOS
Santiago de Compostela
Ciclo en liña
A publicación do segundo volume de O(s) sentido(s) da(s) cultura(s), compilados por Ramón Máiz, ofrécenos un novo conxunto de 24 contribucións producidas en distintas actividades organizadas pola Sección de Pensamento do CCG durante os anos 2010-2017 e coas que contribuímos a repensar e a construír a cultura galega do século XXI , en permanente diálogo coas grandes correntes do pensamento actual. Ao fío destas achegas presentamos un ciclo virtual coa escolma dalgúns dos relatorios e os textos aos que deron lugar.
Abrimos o ciclo con JORGE RIECHMANN, un pensador crítico que aborda, en vinte e cinco interesantes sentenzas, a necesidade de camiñarmos cara a unha cultura da sustentabilidade. «Aló onde medra o perigo, medra tamén o que nos salva», advírtenos, e cómpre disipar os numerosos equívocos que penden sobre o concepto de «desenvolvemento sustentable» para non errar nos pasos a seguir. “A crise ecolóxica non é un problema ecolóxico: é un problema humano”; “Non podemos confiar no poder dos consumidores: só no dos cidadáns e cidadás”; “Ecoloxizar a economía e a sociedade non é só apertar o cinto: tamén é vivir mellor”; “É hora dunha economía de equilibrio biofísico e crecemento moral”; “A camarilla nihilista que non acepta a necesidade de transformar a nosa way of life aínda segue ao mando, mentres que os problemas empeoraron dramaticamente” ou “Se aspiramos de veras á sustentabilidade, daquela non estamos a falar de melloras incrementais, senón dun cambio de modelo” son algunhas destas reflexións que nos dan pé a pensarmos sobre a situación que estamos a vivir e os profundos cambios que dela derivarán.


Cara a unha cultura de sustentabilidade (valores, mudanza cultural e ecosocialismo no século da gran proba)


JORGE RIECHMANN
Universidad Autónoma de Madrid

MAÍS INFORMACIÓN
As circunstancias extraordinarias que estamos a vivir obrígannos a repensar e a repensármonos. Por iso, neste tempo de confinamento en que non nos podemos xuntar para Pensarmos presencialmente no Consello da Cultura Galega cada terceiro xoves de mes, imos ir ofrecendo semanalmente a visión de distintos pensadores e pensadoras sobre temas de actualidade diversa para irmos construíndo coñecemento e suscitando o necesario debate. Para isto aproveitaremos os contidos do segundo volume de O(s) sentido(s) da(s) cultura(s) que acaba de ver a luz. Ao texto escrito sumaremos as gravacións das conferencias que inclúen os debates a que deron lugar, en interacción co público, entre o que se conta un selecto grupo de convidados e convidadas que tiñan acceso previo aos textos e opinión meditada.

Ficha técnica 
Ciclo en liña.
Os xoves (RE)PENSAMOS
1. Jorge Riechmann e a sustentatibilidade
Os xoves (RE)PENSAMOS
Cando
Os xoves (RE)PENSAMOS
Onde
Santiago de Compostela
Relator/a
Jorge Riechmann
Organiza
Consello da Cultura Galega

Foto de Richmann: Universidad Internacional de Andalucia (Flickr)