[Data de publicación: abril 2020]
No ano 2012 saíu do prelo o libro colectivo O(s) sentido(s) da(s) cultura(s), convertido agora en primeiro dunha obra en dous volumes, ambos compilados por Ramón Máiz. O primeiro volume recollía 28 textos elaborados para ser presentados e debatidos en sesións periódicas que se desenvolveron no Consello da Cultura Galega ata 2010. Este segundo volume reúne 24 contribucións producidas, no mesmo ciclo e contexto, durante os anos 2010-2017. Recolle un debate coral, co contributo de vinte e cinco intelectuais que poñen o foco sobre o concepto plural de cultura para nos mostraren con olladas diversas as moitas maneiras de entendela, e as súas implicacións. Parten xa de inicio de que o concepto de cultura non é nin estático nin atemporal, pois está en constante mutación diacrónica e diatópica, transformándose ao fío da globalización e das mobilizacións arredor do pluralismo cultural, abalando entre o individualismo e o comunitarismo. A galería de textos ábrese co capítulo de Ramón Máiz, «Cultura, sentido e política», que tamén dá título ao volume, para situar o marco teórico das reflexións sobre as mudanzas actuais do concepto, á luz das tendencias e avances da ciencia social contemporánea.Titulo | Cultura, sentido e política : O(s) sentido(s) da(s) cultura(s) II |
Compilación |
Ramón Máiz Suárez |
Autoría |
Ana Abad Carlés Isabel Burdiel Victoria Camps Bartolomé Clavero Geneviève Fraisse Rafael Grasa Montserrat Guibernau Antonio Izquierdo Joep Leerssen Iván Llamazares Javier de Lucas Ramón Máiz Suárez Luis Moreno Francisco Moscoso Anthony Pagden Francisco Panizza Carmen Pena Jorge Riechmann Rosa María Rodríguez Magda William Shea Carlos de la Torre Patrizia Violi Lisa Wedeen Nira Yuval-Davis |
Presentación |
Rosario Álvarez |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2019 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 553 p.; 24 cm. |
Notas | A Fermín Bouza Álvarez (1946-2016), in memoriam |
ISBN | 978-84-17802-11-0 |
Depósito Legal | C 2428-2019 |
Colección | Ensaio & Investigación |
Materias | |
Código QR |