Galicia e a Segunda Guerra Mundial
13 e 14 de abril de 2021
Santiago de Compostela
A Segunda Guerra Mundial é un dos momentos centrais da historia da humanidade. Mesmo non faltan autores que lle confiren a condición de elemento de cesura. Viría a ser coma un parteluz da contemporaneidade polo que agroma unha nova era que se dá en chamar a historia do presente. Sobre as cinzas de ducias de millóns de mortes, sobre a dor contida de centos de millóns de vítimas, ergueuse un tempo novo. Na Europa occidental, ese tempo quixo ser levantado sobre sólidos piares que melloraran a vida das xentes. Queríase lexitimar os Estados arrimándolles adxectivos agarimosos. Estado do benestar para coidar da cidadanía desde o berce ata o nicho, en palabras de Lord Beveridge. Estado esteado polos dereitos humanos, agora recompilados en solemnes declaracións e mestas convencións.
Neste anaco europeo que habitamos os galegos, as cousas non correron dese xeito. Por mellor dicir, demoraron demáis. A Guerra Civil deixounos oficialmente fóra do conflito e das súas consecuencias inmediatas para a nosa veciñanza. Aquí andabamos por rutas imperiais camiñando cara a Deus. Nós coñecemos a vixencia deses estados do benestar e dos dereitos humanos ao emigrar a eles. Porén, Galicia non foi allea ao enfrontamento. Non lonxe das súas costas vivíronse combates da batalla do Atlántico cos U-boot xermanos como protagonistas cunha sorte minguante ao mesmo ritmo que devecían as súas visitas ás rías de Vigo ou Ferrol. Ducias de galegos alistáronse, por fas ou nefas, para combater nas filas da División Azul. Outros tantos, voluntarios ou forzados, acabaron traballando nas fábricas de armamento e de intendencia varia, para alimentar a máquina de guerra do Reich. Mesmo non faltaron galegos que foran parar aos campos de concentración, de tan triste recordación.
Vai ser unha pedra negra, agochada nos montes do Deza, do Barbanza, de Bergantiños, do Xallas, de Valdeorras, de Lobios ou do Ribeiro, a que se converta na estrela invitada sen discusión. O volframio desatou unha febre. As xentes comúns, tanto homes como mulleres, encontraron nas minas un traballo moi ben pago e un xeito de tapar buracos e mesmo facer algúns cartos. Os axiotistas de toda caste e condición viron unha oportunidade inmellorable para enriquecerse con toda clase de comercio. Lícito ou non, tanto tiña. Os presos pola defensa dos valores republicanos, encadrados nos destacamentos penais, tiveron unha senda de redención ou de fuxida para seguir a loita. Foi un soño. Un tempo desmedido como as enchentes que se escoan polos regueiros e só deixan lama onde houbo fartura.
Galicia púxose nos mapas. Os seus portos podían dar refuxio. Os seus montes e os seus eidos soster antenas de comunicación estratéxicas e vitais. Requiriu o interese das chancelarías. Os Estados Maiores mandaron espías a pescudar noticias, a guichar movementos, a vixiar pistas, a tecer redes de informantes, a sabotar equipamentos. Calquera cousa podía ter valor. Galicia tamén achegou correspondentes de guerra que trataron de informar sucando as procelosas augas da férrea censura do franquismo máis falanxista. Galicia tamén tivo o seu home en Londres, a través da egrexia figura de don Salvador de Madariaga, un exiliado antifranquista, reputado intelectual a quen escoitaban os chamados a tomar decisións importantes.
A Xornada Galicia e a Segunda Guerra Mundial quere converter o espazo público do Consello da Cultura Galega nun foro de encontro e de debate no que oradoras e oradores eminentes, de aquí e de acolá, reflexionen sobre as pegadas sociais, políticas, económicas, literarias, cinematográficas, xeopolíticas e vivenciais que o conflito deixou nesta terra.
Xornada
Galicia e a Segunda Guerra Mundial
13 e 14 de abril de 2021
Santiago de Compostela
13 DE ABRIL
10:00 horas
Emisión gravada dos relatorios en www.consellodacultura.gal
PANEL 1: A GALICIA DO EIXE
Os traballadores forzados e voluntarios galegos na Alemaña nazi
Antonio Muñoz Sánchez, Universidade de Lisboa
A colonia alemá en Vigo nos anos da guerra
Antonio Giráldez Lomba, Instituto de Estudos Vigueses
Galicia e a División Azul
Xosé M. Núñez Seixas, Universidade de Santiago de Compostela / Consello da Cultura Galega
PANEL II: ECONOMÍA E PROPAGANDA
A Igrexa católica e as redes norteamericanas en Galicia
José R. Rodríguez Lago, Universidade de Vigo
O volframio: de cando Galicia foi un nearWest
Joan-Maria Thomàs, Universitat Rovira i Virgili
Diálogo arredor do documental A batalla descoñecida
Xesús Fraga charla con
Paula Cons, guionista e directora
Pódese ver o documental en:
A Batalla descoñecida
18.00 horas
Emisión do debate en directo en www.consellodacultura.gal
- Antonio Muñoz Sánchez
- Antonio Giráldez Lomba
- Xosé M. Núñez Seixas
- José R. Rodríguez Lago
- Joan-Maria Thomàs
14 DE ABRIL
10:00 horas
Emisión gravada dos relatorios en www.consellodacultura.gal
PANEL III: GALICIA E OS ALIADOS
Salvador de Madariaga e a Unión Cultural dos países da Europa Occidental
Luis Domínguez, Universidade de Vigo
Augusto Assía, correspondente de guerra
Ramón Villares, Universidade de Santiago de Compostela
Os espías británicos e o seu traballo en Galicia
Emilio Grandío Seoane, Universidade de Santiago de Compostela
A pegada da Segunda Guerra Mundial na literatura galega
Dolores Vilavedra, Universidade de Santiago de Compostela / Consello da Cultura Galega
18.30 horas
Emisión do debate en directo en www.consellodacultura.gal
- Luis Domínguez
- Ramón Villares
- Emilio Grandío Seoane
- Dolores Vilavedra
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A actividade non será presencial. Será retransmitida a través do noso web e da nosa canle en Youtube nas horas indicadas e logo permanecerá na Mediateca para consultas futuras.
- O 13 e 14 de abril, ás 10:00 horas, subiranse a emisión gravada dos relatorios.
- O 13 e 14 de abril, ás 18:30 horas, terán lugar os debates en directo.
Non é necesaria inscrición previa.
Se queres participar podes enviar previamente as túas preguntas ou facelo en directo durante os debates no correo participa@consellodacultura.gal
Xornada
Galicia e a Segunda Guerra Mundial
13 e 14 de abril de 2021
Santiago de Compostela
Solicita a túa inscrición
Galicia e a Segunda Guerra Mundial
Xornada. 13 e 14 de abril de 2021
Presentación da xornada
Xosé M. Núñez Seixas, Universidade de Santiago de Compostela / Consello da Cultura Galega
Luis Domínguez, Universidade de Vigo
PANEL 1: A GALICIA DO EIXE
Os traballadores forzados e voluntarios galegos na Alemaña nazi
Antonio Muñoz Sánchez, Universidade de Lisboa
PANEL 1: A GALICIA DO EIXE
A colonia alemá en Vigo nos anos da guerra
Antonio Giráldez Lomba, Instituto de Estudos Vigueses
PANEL 1: A GALICIA DO EIXE
Galicia e a División Azul
Xosé M. Núñez Seixas, Universidade de Santiago de Compostela / Consello da Cultura Galega
PANEL II: ECONOMÍA E PROPAGANDA
A Igrexa católica e as redes norteamericanas en Galicia
José R. Rodríguez Lago, Universidade de Vigo
PANEL II: ECONOMÍA E PROPAGANDA
O volframio: de cando Galicia foi un nearWest
Joan-Maria Thomàs, Universitat Rovira i Virgili
PANEL II: ECONOMÍA E PROPAGANDA
Diálogo arredor do documental A batalla descoñecida
Xesús Fraga charla con Paula Cons, guionista e directora
Pódese ver o documental en:
A Batalla descoñecida
Debate en directo
Modera: Luis Domínguez, Universidade de Vigo
Antonio Muñoz Sánchez
Antonio Giráldez Lomba
Xosé M. Núñez Seixas
José R. Rodríguez Lago
Joan-Maria Thomàs
PANEL III: GALICIA E OS ALIADOS
Salvador de Madariaga e a Unión Cultural dos países da Europa Occidental
Luis Domínguez, Universidade de Vigo
PANEL III: GALICIA E OS ALIADOS
Augusto Assía, correspondente de guerra
Ramón Villares, Universidade de Santiago de Compostela
PANEL III: GALICIA E OS ALIADOS
Os espías británicos e o seu traballo en Galicia
Emilio Grandío Seoane, Universidade de Santiago de Compostela
PANEL III: GALICIA E OS ALIADOS
A pegada da Segunda Guerra Mundial na literatura galega
Dolores Vilavedra, Universidade de Santiago de Compostela / Consello da Cultura Galega
PANEL III: GALICIA E OS ALIADOS
Debate en directo
Luis Domínguez
Ramón Villares
Emilio Grandío Seoane
Dolores Vilavedra