Foro. 19, 20 e 21 de abril de 2021Tweet Entre os meses de decembro de 2019 e o mes de abril de 2021, o Consello da Cultura Galega levou a cabo a actividade denominada Foro “Patrimonio e Sociedade”. Trátase dunha acción encamiñada á reflexión e desenvolvemento dunhas liñas estratéxicas arredor da xestión integral do patrimonio cultural na comunidade galega. A través do foro preténdese identificar cales son os intereses que Galicia ten no patrimonio cultural, que simboliza para a comunidade ese patrimonio e, sobre todo, como se debe xestionar.
Esta actividade foi promovida pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do CCG. Unha das decisións adoptadas foi apostar pola pluralidade, de maneira que todos aqueles axentes da nosa sociedade que estean implicados na xestión integral do patrimonio ou teñan intereses sociais, culturais e profesionais nel estivesen representados no foro. Deste xeito, as temáticas seleccionadas para a análise estrutúranse en tres mesas de traballo, que contan cunha coordinación asumida por persoas que integran a Sección. Os restantes participantes foron seleccionados entre as seguintes entidades, organismos e axentes: organismos públicos de investigación, universidades e ensino medio, institucións da memoria, academias, administracións públicas, asociacións culturais, industrias culturais e profesionais liberais, sendo un total de 37 profesionais e axentes os que participaron.
As mesas de traballo e os seus coordinadores/as son as seguintes:
- Mesa 1: Patrimonio, políticas públicas e normativa legal
Coordinación: Teresa Nieto Pérez e Cristina Sánchez-Carretero
- Mesa 2: Xestión patrimonial: conservación, protección e promoción-difusión do patrimonio cultural
Coordinación: Carlos Nárdiz Ortiz e Iago Seara Morales
- Mesa 3: Patrimonio, educación, formación e cidadanía
Coordinación: Rebeca Blanco-Rotea e Juan M. Monterroso Montero
Foro PATRIMONIO E SOCIEDADE
Foro. 19, 20 e 21 de abril de 2021
LUNS, 19 DE ABRIL
9:30 horas
Inauguración do Foro
10:00 horas
MESA 2 Experiencias arredor da xestión integral do patrimonio cultural Román Fernández-Baca Casares, exdirector xeral de Belas Artes e do Instituto Andaluz de Patrimonio Histórico e na actualidade é alcaide do Alcázar de Sevilla
11:00 horas
Debate
11.30 horas
Descanso
12.00 horas Xestión patrimonial: conservación, protección e promoción-difusión do patrimonio cultural Conclusións da Mesa 2 do Foro. Carlos Nárdiz e Iago Seara
12.45 horas Que xestión patrimonial facemos?
Mesa redonda e debate Iago Seara, Carlos Nárdiz e Román Fernández-Baca
MARTES, 20 DE ABRIL
10:00 horas
MESA 1 O patrimonio agrario: a construción cultural do territorio a través da actividade agraria José Castillo Ruiz, catedrático de Historia da Arte, Universidad de Granada
11:00 horas
Debate
11.30 horas
Descanso12.00 horas Patrimonio, políticas públicas e normativa legal. Conclusións da Mesa 1 do Foro Teresa Nieto e Cristina Sánchez-Carretero
12.45 horas A transversalidade como principio nas políticas patrimoniais
Mesa redonda e debate Teresa Nieto, Cristina Sánchez-Carretero e José Castillo Ruiz
MÉRCORES, 21 DE ABRIL
10:00 horas
MESA 3 A dimensión educativa como vector estratéxico na xestión do patrimonio cultural Olaia Fontal Merillas, a cargo do Plan Nacional de Educación y Patrimonio (PNEyP) e do Observatorio Nacional de Educación y Patrimonio
11:00 horas
Debate
11.30 horas
Descanso
12.00 horas Patrimonio, educación, formación e cidadanía Conclusións da Mesa 3 do Foro Rebeca Blanco-Rotea, Juan M. Monterroso Montero
12.45 horas Gobernanza participativa e educación patrimonial. Paradigmas de futuro
Mesa redonda e debate Rebeca Blanco-Rotea, Juan M. Monterroso Montero e Olaia Fontal Merillas
MAÍS INFORMACIÓN www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Foro PATRIMONIO E SOCIEDADE
Foro. 19, 20 e 21 de abril de 2021
Solicita a túa inscrición
Foro PATRIMONIO E SOCIEDADE
Foro. 19, 20 e 21 de abril de 2021
Mesa 2
Mesa 2. Experiencias arredor da xestión integral do patrimonio cultural e debate
2021-04-19 09:30:00
Rosario Álvarez e Rebeca Blanco Rotea
Román Fernández-Baca Casares, exdirector xeral de Belas Artes e do Instituto Andaluz de Patrimonio Histórico e na actualidade é alcaide do Alcázar de Sevilla
Carlos Nárdiz e Iago Seara
Mesa 2
Mesa 2. Xestión patrimonial: conservación, protección e promoción-difusión do patrimonio cultural. Conclusións e debate
2021-04-19 12:00:00
Iago Seara,
Carlos Nárdiz
Román Fernández-Baca
Mesa 1
Mesa 1. O patrimonio agrario: a construción cultural do territorio a través da actividade agraria e debate
2021-04-20 10:00:00
José Castillo Ruiz, catedrático de Historia da Arte, Universidad de Granada
Teresa Nieto e Cristina Sánchez-Carretero
Mesa 1
Mesa 1. Patrimonio, políticas públicas e normativa legal. Conclusións e debate
2021-04-20 12:00:00
Teresa Nieto
Cristina Sánchez-Carretero
José Castillo Ruiz
Mesa 3
Mesa 3. A dimensión educativa como vector estratéxico na xestión do patrimonio cultural e debate
2021-04-21 10:00:00
Olaia Fontal Merillas, a cargo do Plan Nacional de Educación y Patrimonio (PNEyP) e do Observatorio Nacional de Educación y Patrimonio
Rebeca Blanco-Rotea, Juan M. Monterroso Montero
Mesa 3
Mesa 3. Patrimonio, educación, formación e cidadanía. Conclusións e debate