- Álbum Nós
- Álbum da JAE
- Documentación
- Ligazóns
- Videos
- Audios
- Bibliografía
- Epístolas
- Artigos
- Periódicas
- Publicacións CCG
Xosé Filgueira Valverde
Pontevedra, 28/ 10/1906 - Pontevedra, 13/9/1996Autoría: Xosé Ramón Fandiño
O último gran polígrafo de Galicia
Filgueira Valverde naceu na praza do Peirao de Pontevedra en 1906, fillo do prestixioso médico Xosé María Filgueira Martínez e da granadina de Ugíjar, María Araceli Valverde Yaquero, outrora freira da orde das Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl. Cursou con brillantez os estudos de bacharelato en Pontevedra e tivo coma profesores a figuras tan destacadas coma Losada Diéguez e Castelao. Simultaneou os estudos das carreiras de Filosofía e Letras e Dereito e en ámbalas dúas se doutorou. Sendo aínda estudante participou no Castro de Ortoño na creación do Seminario de Estudos Galegos no que exerceu un singular papel e dirixiu a sección de Historia da Literatura. Desde os inicios da súa andaina como escritor cultivou o vieiro da creación literaria e o exercicio investigador, que practicou con rigor e brillantez literaria.
Se en 1923 participou na fundación do SEG, en 1929 foi nomeado secretario do Padroado fundacional do Museo do Pontevedra, que foi, sen dúbida, a iniciativa de máis empeño da súa longa vida. A el, en postos e cometidos diferentes, sobre todo coma director desde 1954 e director emérito e patrón honorario desde 1986, estivo vinculado durante o resto da súa vida. Tamén por estes anos participou nas campañas de estudo de diversos monumentos galegos, dirixidas por Manuel Gómez Moreno e promovidas pola Comisión de Estudos en Galicia da Junta de Ampliación de Estudios, institución esta coa que o SEG mantivo unha moi estreira relación de colaboración e á que Filgueira lle solicitou unha bolsa, que non consta que lla concederan, para estudar a arte románica portuguesa. Anos máis tarde, en 1934, volveulle solicitar á JAE unha pensión para analizar en Bélxica e Holanda a organización dos seus pequenos museos. Nesta ocasión foille concedida a axuda, pero non chegou a realizar a viaxe.
Desde 1931 comezou a desenvolver unha intensa actividade política e na Asemblea Constituínte do Partido Galeguista foi elixido secretario técnico. Participou na redacción do anteproxecto do Estatuto de Galicia, na Asemblea de Municipios celebrada en Santiago en decembro de 1932, pero en 1935 rompe co Partido Galeguista e incorpórase á conservadora Dereita Galeguista, liderada por Vicente Risco. Durante estes anos proseguiu o seu labor como investigador, conferenciante e no ámbito profesional defendeu en Madrid a súa tese de doutoramento, dirixida por Armando Cotarelo Valledor, que versou sobre La Cantiga CIII: noción del tiempo y gozo eterno en la narrativa medieval, publicada nos talleres de El Eco Franciscano en 1936, e gañou a oposición a catedrático de Lingua e Literatura Española, que desempeñou en Barcelona, Melilla, Lugo e desde 1939, de forma ininterrompida ata a súa xubilación en 1976, no Instituto de Pontevedra, do que tamén foi director desde 1944.
Ao finalizar a guerra civil Filgueira aceptou o novo ordenamento político da ditadura franquista coa que colaborou como alcalde de Pontevedra (1959-1968), asistente en Burgos aos actos conmemorativos do XXV aniversario da exaltación de Franco á xefatura do Estado, membro do Consello Económico Sindical Provincial de Pontevedra, procurador en Cortes polo terzo de representación familiar, presidente do Tribunal Provincial Tutelar de Menores, etc. Como alcalde estimulou a acción cultural, as construcións escolares e deportivas, introduciu novas normas para a actividade dos funcionarios, consolidou a implantación en Lourizán da factoría da Empresa Nacional de Celulosas, recibiu a visita de numerosas personalidades, destacando a do xeneral Franco, urbanizou o campo do Boi e da Xunqueira e protexeu a conservación do casco histórico da cidade. Ao contrario do que puidera parecer, a intensa actividade política e docente non lle impediu proseguir coa súa xa acreditada laboría de investigador e home de letras, que o converteu nun dos máis sólidos e prestixiosos eruditos, que non abdicou nunca dos valores da cultura e do vivir galego. Nesta etapa publicou ducias de rigorosos libros e folletos e milleiros de artigos de divulgación. De todos os seus estudos destacan os dedicados a Pontevedra, ao estudo da nosa literatura medieval, á cidade de Santiago e foron moitas as figuras, galegas e foráneas, por el estudadas: o mestre Mateo, o xeógrafo Fontán, o conde de Gondomar, o P. Sarmiento, o P. Feijoo, Gómez Chariño, Sarmiento de Gamboa, Álvaro de Mendaña, Méndez Núñez, Rosalía, Camoens, Góngora, frei Luís de Granada... Tamén nesta época participou na creación do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento do que foi nomeado director en 1972, do Instituto da Lingua Galega no seo da Universidade de Santiago, do Museo do Pobo Galego do que chegou a ser vicepresidente do seu Padroado, da Confederación Española de Centros de Estudos Locais (CECEL), promoveu diversas escavacións arqueolóxicas como comisario provincial e foi nomeado conselleiro da Misión Biolóxica de Galicia, correspondente da Real Academia Española, da de Belas Artes de San Fernando e numerario da Galega e da de Historia.
Aínda que a súa extraordinaria talla de erudito e de historiador da cultura, da literatura e da arte galega, e que a súa inxente obra como polígrafo e a longura enciclopédica dos seus saberes eclipsen as súas aportacións ao eido creativo, non resultaría aventurado pensar que a de escritor imaxinativo fose unha clara vocación da mocidade de Filicaria -que é a forma latina do substantivo que rodando de boca en peteiro rematou no galego Filgueira, que era como lle chamaba Otero Pedrayo-, pois se como publicista se estrea en 1923 con diversos artigos no xornal compostelán Renovación e no vigués Galicia, en 1925, con dezanove anos non cumpridos, co título de Os nenos publica os seus primeiros contos. Ademais da narrativa á que volveu en 1927 con O Vigairo e en 1971 con Quíntana Viva, tamén cultivou o teatro ao publicar en 1936 a peza Agromar, e a lírica, pois é autor das neotrobadorescas 6 cancións de mar “in modo antico”, publicadas en 1941. Recoñecendo que é escasa e que mereceu pouca atención dos críticos literarios, a obra de creación de Filgueira é sumamente interesante polo ideal galeguista que sustenta, pola calidade formal dos textos e pola preciosista e requintada linguaxe de caste erudita que por veces zuga o arume da fala popular do rural pontevedrés.
Restablecida a democracia en España, en 1982 Filgueira Valverde aínda asumiu o cargo de conselleiro adxunto á Presidencia para a Cultura no primeiro Goberno autonómico galego, presidido por Xerardo Fernández Albor. As iniciativas máis salientables da súa etapa de conselleiro foron a fixación das normas básicas de aplicación para a unidade ortográfica e morfolóxica da lingua galega e a elaboración da Lei do Consello da Cultura Galega, do que formou parte desde a súa creación e que presidiu desde 1990 ata o seu falecemento, ocorrido en 1996.
Autor da bibliografía: Xosé Ramón Fandiño
Como citar: Fandiño, Xosé Ramón : Xosé Filgueira Valverde. Publicado o 5/6/2018 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=1464. Recuperado o 18/06/2025
Xosé Filgueira Valverde
Pontevedra, 28/ 10/1906 - Pontevedra, 13/9/1996Autoría: Adrián Estévez Iglesias
Investigador e escritor, colaborador de Nós, é considerado o último polígrafo das letras galegas
No SEG dirixiu a sección de Historia da Literatura, até o desmantelamento da mesma en 1936. En 1935 comezou a preparar unha escolma da poesía galega, co propósito de que estivese feita para 1937, centenario do nacemento de Rosalía. A escolma, acompañada dunha enquisa para múltiples autores, foi editada en 2008 co título Os poetas galegos (1936). Antoloxía consultada. En 1925 foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega na que ingresa como académico de número en 1941, ocupando a cadeira de Casto Sampedro.
Foi membro do Partido Galeguista, organización que deixou en 1934 xunto con outros militantes de Pontevedra, para ao ano seguinte formar Dereita Galeguista, partido que apoiou o Estatuto de Autonomía de 1936. Logo da guerra civil formou parte de comisións de depuración do profesorado, e animou a Otero Pedrayo para que solicitase a reposición da súa cátedra, da que fora deposto. En 1959 Filgueira Valverde foi nomeado alcalde de Pontevedra, cargo que ocupou durante nove anos. Durante a súa etapa na alcaldía procurou a conservación da zona vella da vila.
Dirixiu o Instituto Padre Sarimiento entre 1971 e 1981, formou parte do primeiro padroado do Instituto da Lingua Galega e presidiu a Casa Museo de Rosalía de Castro. Foi o primeiro Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, no primeiro goberno de Xerardo Fernández Albor. Presidiu o Consello da Cultura Galega entre 1991 e 1996, substituíndo no cargo a Ramón Piñeiro.
Recibiu numerosos recoñecementos, como a Medalla Castelao, o Premio Trasalba ou o doutoramento honoris causa polas Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.
O seu primeiro artigo na revista Nós apareceu no número 21, do 15 de setembro de 1925, con continuación no número seguinte. O texto fala de Ero de Armenteira, o fundador do mosteiro de Santa María, e vén sendo un extracto do traballo lido por Filgueira Valverde no Seminario de Estudos Galegos o 24 de novembro do ano anterior: a cantiga CIII das Cantigas de Santa María, tema sobre o cal faría tamén a súa tese de doutoramento, dirixida por Armando Cotarelo Valledor e defendida en 1935. Sobre a lenda de Armenteira escribiu outro artigo, aparecido nos números 25 e 26 da revista.
Xa no número 37, de xaneiro de 1927, incluíuse o artigo «A paisaxe no Cancioneiro da Vaticana», de novo un extracto do traballo presentado no Seminario de Estudos Galegos. No número 92 (agosto de 1931) publica «Sobre as cantigas de Martín Codax», falando dun estudo do profesor José Joaquim Nunes.
No número 31, de xullo de 1926, aparece o relato «O paspallás», que aparecería publicado en 1971 no volume Quintana viva. Nos números 44 (agosto 1927), 54 (xuño de 1928) e 82 (outubro de 1930) publica varios contos baixo o título «Artistas aldeáns», recuperados tamén en Quintana viva. No número 48 (decembro de 1927), na sección «Os homes, os feitos, as verbas», escribiu o breve texto «Encol dos primeiros moimentos galego-portugueses».
No número 62 (febreiro de 1929) aparece «A eirexa pre-románica de Francelos», onde narra a visita feita o 12 de agosto de 1927 ao templo situado no concello de Ribadavia, xunto a Manuel Gómez Moreno e Florentino López Cuevillas, ao abeiro da Junta de Ampliación de Estudos. O número 71 da revista Nós foi unha homenaxe a Losada Diéguez, falecido en 1929, e Filgueira Valverde, que fora alumno del no Instituto de Pontevedra, colaborou co texto «Unha lección de Lousada Diéguez».
No número 75 da revista publica «Dúas notas». Dunha banda, un texto sobre a biblioteca do bispo tudense Manuel Lago González (1865-1925), a quen en 1973 lle habían adicar o Día das Letras Galegas, e doutra, escribe sobre o arqueólogo estadounidense Arthur Kingsley Porter (1883-1933).
No número 79, baixo o epígrafe «Estampas composteláns», escribe o artigo «A duquesa de Chevreuse en Santiago», falando do paso de Marie de Rohan pola vila en 1638.
A última colaboración de Filgueira Valverde en Nós é o artigo «Cancioneiriño de Compostela», unha escolma de cantigas e poemas onde se fala da cidade do apóstolo, desde a lírica medieval até a actualidade. Apareceu como separata exenta no nº 103 de Nós, en xullo de 1932, con continuación no número seguinte, e recuperou o tema co libro Cancioneiriño novo de Compostela (1969).
Obra
A obra de Filgueira Valverde é moi extensa, especialmente a nivel científico e divulgativo. Abrangue campos diversos como a biografía, a historia da arte, a arquivística, bibliografía, a edición ou a etnografía, ademais de varias obras sobre a súa cidade natal. Entre 1979 e 1996 publicou a serie Adral, nove volumes que inclúen 616 artigos de temática relacionada con Galicia escritos para a prensa. Se ben a obra de Filgueira Valverde se centrou na investigación, sendo novo cultivou tamén a creación literaria:
Os nenos (narrativa, 1925. Edicións Lar)
O vigairo (narrativa, 1927. Lar)
Quintana viva (narrativa, 1971. Galaxia)
Agromar (teatro, 1936)
6 canciones de mar “in modo antico” (poesía, 1941)
Bibliografía
Alonso Montero, Xesús (2015): Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual. Vigo: Xerais.
Real Academia Galega (2015): Boletín da Real Academia Galega. Número 376.
Valle Pérez, Carlos (ed.) (2007): Xosé Filgueira Valverde. 1906-1996. Un século de Galicia. Museo de Pontevedra.
Como citar: Estévez Iglesias, Adrián : Xosé Filgueira Valverde. Publicado o 13/9/2021 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=1464. Recuperado o 18/06/2025

DOCUMENTACIÓN DE
Biografía de Casto Sampedro na Gran Enciclopedia Galega. Ver Documento. Artigo
Fonte: Filgueira Valverde, X.: «Casto Sampedro y Folgar». En Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Lugo: El Progreso, D.L. 2003; v. 39, p. 183
Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Entrega final do «Cancioneiriño de Compostela». Ver Documento. Artigo
«Cancioneiriño de Compostela», Nós: boletín mensual da cultura galega, n.º 104 (15 de agosto de 1932), p. 151-155
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Separata da revista Nós que recolle o «Cancioneiriño de Compostela». Ver Documento. Artigo
«Cancioneiriño de Compostela», Nós: boletín mensual da cultura galega, n.º 103 (25 de xullo de 1932), p. 135-137
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Artigo sobre a visita da duquesa de Marie de Rohan a Santiago. Ver Documento. Artigo
«Estampas composteláns: a duquesa de Chevreuse en Santiago», Nós: boletín mensual da cultura galega, n.º 79 (25 de xullo de 1930), p. 135-137
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Filgueira Valverde escribe en Nós sobre a biblioteca do arcebispo Lago e mais sobre Kingsley Porter. Ver Documento. Artigo
«Dúas notas: a biblioteca Lago; Kingsley Porter», Nós: boletín mensual da cultura galega, n.º 75 (15 de marzo de 1930), p. 64-65
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Artigo de Filgueira Valverde escribe en lembranza do seu mestre Antón Losada Diéguez . Ver Documento. Artigo
«Unha lección de Lousada Diéguez», Nós: boletín mensual da cultura galega, n.º 71 (15 de novembro de 1929), p. 204-205
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
«A eirexa pre-románica de Francelos», Nós: boletín mensual da cultura galega, n.º 62 (15 de febreiro de 1929), p. 27-31. Ver Documento. Artigo
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
«Os homes, os feitos, as verbas: Encol dos primeiros moimentos galego-portugueses», Nós: boletín mensual da cultura galega, n.º 48 (15 de decembro de 1927), p. 9-10. Ver Documento. Artigo
«Os homes, os feitos, as verbas: Encol dos primeiros moimentos galego-portugueses», Nós: boletín mensual da cultura galega, n.º 48 (15 de decembro de 1927), p. 9-10
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Artigos de Filgueira Valverde sobre os cancioneiros e as cantigas publicados en Nós. Ver Documento. Artigo
«A paisaxe no Cancioneiro da Vaticana», Nós>/cite>, n.º 37 (15 xaneiro 1927), p. 4-8; «Sobre as cantigas de Martín Códax)»,Nós>/cite>, n.º 92 (15 agosto 1931), p. 134-135
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Artigo de Filgueira sobre a filóloga Margot Sponer. Ver Documento. Artigo
Filgueira Valverde, Xosé: «Vieiro XXV: O galego fóra de Galicia», El pueblo gallego, 348 (22 de outubro de 1926), p. 1
Fonte: Galiciana
http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1248399&posicion=1&presentacion=pagina
Relatos literarios de Filgueira Valverde na revista Nós publicados entre 1926 e 1930. Ver Documento. Relato
«O paspallás», Nós, n.º 31 (25 xullo 1926), p. 11; «Artistas aldeáns», Nós, n.º 44 (15 agosto 1927), p. 11-12; «Artistas aldeáns», Nós, n.º 54 (15 xuño 1928), p. 102-103; «Artistas aldeáns: Parábola de catro mestres canteiros», Nós, n.º 82 (15
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
outubro 1930), p. 200-203
A lenda de santo Ero de Armenteira publicada en cinco entregas na revista Nós por Filgueira Valverde. Ver Documento. Artigo
«Cantigas d’El-Rey Sabio localizadas en Galicia: San Ero de Armenteira», Nós, n.º
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
21 (15 setembro 1925), p. 4-5; «San Ero d’Armenteira: (proseguimento)», < cite>Nós, n.º 22 (15 outubro 1925), p. 2-3; «A lenda d’Armenteira: (notas de folk-lore)», Nós, n.º 25 (15 xaneiro 1926), p. 10-12; «A lenda d’Armenteira: (proseguimento)», Nós, n.º 26 (15 febreiro 1926), p. 9-11; «A lenda d’Armenteira: (proseguimento)», Nós, n.º 26 (15 febreiro 1926), p. 9-11
Biobibliografía de Sánchez Cantón na Gran Enciclopedia Galega. Ver Documento. Artigo
Filgeira Valverde, Xosé: «Sánchez Cantón, Francisco Javier». En Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Lugo: El Progreso, 2003; 40, 5-7.
Fobte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Estudo sobre a obra narrativa de Filgueira Valverde. Ver Documento. Artigo
Acuña, Ana: «Cidades literarias (e polixenealóxicas» na narrativa de Xosé Filgueira Valverde», Boletín da Real Academia Galega, n.º 376 (2015), p. 45-58
Fonte: Real Academia Galega
http://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/461/475
A semana cultural de Porto, celebrada en abril de 1935, contou cunha ampla representación de membros do Seminario de Estudos Galegos. Ver Documento. Artigo
«Seminario de Estudos Galegos: La semana cultural de Oporto», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 3441 (17 de abril de 1935), 9.
Fonte: Biblioteca Pública Antonio Odriozola / Galiciana. Bibliotea Dixital de Galicia
http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/registro.do?id=3952
Carné do Seminario de Estudos Galegos. 1931. Ver Documento
Fonte: Fundación Filgueira Valverde
http://filgueiravalverde.gal/estudos/item/124-filgueira-valverde-e-a-lingua-galega
Ligazóns de interese
Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura, exposición conmemorativa do centenario do SEG. Cidade da Cultura, 4 de xullo de 2023 a 7 de xaneiro de 2024
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/luz-na-terra-o-seminario-de-estudos-galegos-unha-institucion-de-alta-cultura [Consulta: 2023-08-31]
Sitio web conmemorativo do centenario do Seminario de Estudos Galegos, elaborado polo Consello da Cultura Galega
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/area2.php?arq=4372 [2023-03-08]
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=35606 [Consulta: 2022-12-28]
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
Biografía de Filgueira Valverde da DBe da Real Academia de la Historia
Fonte: Real Academia de la Historia
https://dbe.rah.es/biografias/27266/xose-fernando-filgueira-valverde
Entrada de Filgueira Valverde no Centro Virtual Cervantes
Fonte: Centro Virtual Cervantes. Instituto Cervantes
https://cvc.cervantes.es/artes/ciudades_patrimonio/santiago/personalidades/filgueira.htm
Web da Fundación Figueira Valverde
Fonte: http://filgueiravalverde.gal
Catálogo en liña da exposición Galicia, de Nós a nós, coordinada por Afonso Vázquez-Monxardín e Ana Acuña. Cidade da Cultura, 2 de outubro de 2020 - 17 de xaneiro de 2021
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/galicia-de-nos-nos
A revista Nós en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: https://revistanos.galiciana.gal
Páxina da Real Academia de Bellas Artes dedicada á presentación de Cartolatría, epistolario de Sánchez Cantón e Filgueira Valverde. 19 de maio de 2018
Fonte: Real Academia de Bellas Artes San Fernando
https://www.realacademiabellasartessanfernando.com/es/actividades/cursos-y-conferencias/cartolatriaepistolario-sanchez-canton-filgueira-valverde [Consulta: 2022-08-17]
Filgueira Valverde na Biblioteca Xeral da USC
Biblioteca Xeral da USC: Cronoloxía e bibliografía das obras existentes na BUSC. 2015
Fonte: Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela
Cronoloxía e bibliografía das obras existentes na BUSC
Vídeo divulgativo da exposición Filgueira Valverde. Un faro na construción de Galicia
Filgueira Valverde. Un faro na construción de Galicia. Deputación de Pontevedra. Exposición itinerante, 2015
Exposición Xosé Filgueira Valverde. Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia, 15 de maio-30 de xuño 2015
Fonte: Cidade da Cultura. Biblioteca de Galicia
https://bibliotecadegalicia.xunta.gal/es/actualidade/exposicions/xose-filgueira-valverde
Materiais didácticos sobre Filgueira Valverde en Espazo Abalar
Abalar: Letras Galegas 2015: Materiais didácticos sobre Xosé Filgueira Valverde. Consellería de Cultura Educación e Universidades, Xunta de Galicia, 2015
Fonte: Espazo Abalar
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/node/8826 [consulta: 2021-09-13]
Historia do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, de 1944 a 2004
Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo (dir.): O Instituto de Estudos Galegas «Padre Sarmiento»: Sesenta anos ó servicio de Galicia (1944- 2004). Santiago de Compostela: CSIC, Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (IEGPS), 2005. http://hdl.handle.net/10261/225007
Fonte: CSIC.
https://digital.csic.es/handle/10261/225007
Artigo de Xosé Filgueira Valverde sobre Antonio Iglesias Vilarelle no Boletín da Real Academia Galega
Fonte: https://2012.academia.gal/boletins-web/paxinas.do?id=2370. [Consulta: 2023-06-02]
III Congreso Internacional de Poesía. 1954
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/1092/ [Consulta: 2022-06-07]
Iglesias Vilarelle, Antonio; Filgueira Valverde, Xosé (1952): Los músicos del Pórtico de la Gloria. Pontevedra: Real Academia Galega
Fonte: https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/book/29. [Consulta: 2023-06-02]
Epístolas de
Carta de Filgueira Valverde a Paz Andrade. Sen data
Carta de Filgueira Valverde a Paz Andrade. Sen data
Carta de Xosé Filgueira Valverde e Xesús Carro a Francisco Sánchez Cantón
Carta de Xosé Filgueira Valverde a Manuel Gómez Román. Pontevedra, 23 de abril de 1935
Carta de Xosé Filgueira Valverde a Francisco Sánchez Cantón
Telegrama de Filgueira Valverde a Camilo José Cela. 1957
Carta de Filgueira Valverde a Paz Andrade. 1977
Carta de Filgueira Valverde a Paz Andrade. 1977
Carta de Filgueira Valverde a Paz Andrade. 1982
Telegrama de Filgueira Valverde a Camilo José Cela. 1983
Telegrama de felicitación de Filgueira Valverde a Camilo José Cela. 1984
Telegrama de Filgueira Valverde a Camilo José Cela. 1986
Carta de Filgueira Valverde a Pilar Rodríguez De Prada. 1987
Videos
Antonio Fraguas conversa sobre o Seminario de Estudos Galegos
O 12 de outubro de 1923 un grupo de mozos universitarios trasládanse a Ortoño, parroquia natal de Rosalía, para constituír o Seminario de Estudos Galegos (SEG). Antonio Fraguas incorporaríase ao SEG uns anos máis tarde, en 1928, presentando unha investigación sobre o castro de Soutolongo. Neste vídeo vídeo divulgativo (6´ 32´´) conversa sobre o nacemento do Seminario de Estudos Galegos e os obxectivos cos que se fundou. A peza foi realizada por Acuarela Comunicación en 2019, ano no que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas a Antonio Fraguas.
Fonte: LInguaGalegaTV
https://www.youtube.com/watch?v=R6VmoRrlAys [Consulta: 2023-01-02]
As publicacións do Seminario
O Seminario de Estudos Galegos desenvolveu unha importante produción escrita, nomeadamente no que respecta a achegas científicas, aínda que no seu seo tamén se editaron contribucións literarias. Neste breve vídeo divulgativo (2´ 35´´) o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) ofrécenos unha panorámica das publicacións do Seminario, que testemuñan o firme compromiso deste grupo de intelectuais co uso do galego no ámbito académico e científico.
O reloxo do Seminario
Vídeo divulgativo (2´ 05´´) sobre o reloxo do século XVIII doado ao Seminario de Estudos Galegos (SEG) polo intelectual, político e mecenas galego Juan Arias Sanjurjo. A peza forma parte da serie de vídeos sobre a historia e o patrimonio documental e artístico do SEG, que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir este ano 2023.
Audios
Homenaxe a Nós no seu 75 aniversario
Os mestres de Filgueira Valverde
O Museo de Pontevedra
Xan da Coba, inventor do trampitán
O Seminario de Estudos Galegos e Fermín Bouza Brey
Rosalía de Castro e a música
A fantasía lírica de Álvaro Cunqueiro
A Lei do Consello da Cultura Galega
Sobre a escrita de Ramón Otero Pedrayo [01 de 02]
Sobre a escrita de Ramón Otero Pedrayo [02 de 02]
Conferencia de Filgueira Valverde sobre Lamas Carvajal e Rosalía de Castro
Acibecharía compostelá
Referencias bibliográficas
- FANDIÑO VEIGA, Xosé Ramón “Contribución de Filgueira Valverde ao ámbito da creación literaria” , en VVAA., Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Un século de Galicia, Museo de Pontevedra/Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales.
- FERNÁNDEZ DEL RIEGO, Francisco “Filgueira Valverde na nosa memoria” , en Homenaxe a Xosé Filgueira Valverde, El Museo de Pontevedra, LI, Pontevedra.
- FORTES ALÉN, Mª Jesús Ó Dr. Filgueira Valverde nos seus noventa anos (1906-1996). Bibliografía. Traballos. Eloxios , edición preparada por, Caixa de Aforros de Pontevedra.
- FUENTES ALENDE, José Filgueira Valverde. Publicaciones. Conferencias. Curriculum. Homenaje de sus discípulos José Fuentes Alende, edición preparada por. Pontevedra.
- GARCÍA ALÉN, Alfredo “Filgueira Valverde, José” , en Gran Enciclopedia Gallega, T. 13, Santiago, Xixón, s/d.
- VALLE PÉREZ, Xosé Carlos “Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Notas biográficas” , en VVAA., Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Un século de Galicia, Museo de Pontevedra/Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales.
Publicacións periódicas
Eco de Galicia (1917-1936) .
Revista ilustrada y de información de la colonia gallega en Cuba
A partir do n.º 23: Revista gráfica y de información de la colonia gallega en Cuba
A partir do n.º 111 (1920): Revista gráfica y de información regional
Céltiga (1924-1932) .
Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por la "Editorial Céltiga"
Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por los talleres gráficos Virs
Almanaque Gallego (1927-) .
de la Editorial Céltiga
Orensano, El (1944-1945) .
Periódico galego
Aturuxo (1953-1956) .
Portavoz de la Casa de Galicia de Las Palmas
Ilustración Gallega (1954-) .
Revista de Galicia para España y América
Libredón (1956-) .
Órgano oficial del Centro Gallego de Santander
Alalá (1958-) .
Editada por la Casa de Galicia
Centro Galego de Barcelona (1978-) .
Boletín interno da sociedade
Galicia en Madrid (1982-) .
2ª Época:
Boletín interno de la sociedad: GRUGALMA
Revista de Letras y Artes Galaico-Hispánicas
Galicia ó lonxe (1994-) .
Xuventude de Galicia: Centro Galego de Lisboa
Artigos Xosé Filgueira Valverde
BEIRAS GARCíA, A. CASTRO, P. CUNQUEIRO, Á. FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. FILGUEIRA VALVERDE, X. FOLE, Á. FRAGUAS, A. GONZáLEZ GARCíA-PAZ, S. MANTEIGA, L. MARTíNEZ LóPEZ, R. MASIDE, C. GUERRA DA CAL, E. PIñEIRO, R. VALENZUELA, R. VILLAR PONTE, A. GOLáN, N. BLANCO TORRES, R. BRAñAS CANCELO, P. VáZQUEZ MARTíNEZ, A. MORANDEIRA, D. EDREIRA PEDREIRA, M. LóPEZ DURá, X. REY, E. CARNERO VALENZUELA, J. REBOREDO FERNáNDEZ, I. ESCARIZ BUGALLO, M. MONTERO CORBEIRA, M. NOYA RODRíGUEZ, C. FREIRE VAAMONDE, M. ARIAS PARGA, E. (2/1934) A xuventude galega ao lado de «Galicia». Nun manifesto que nos remiten dendes Compostela, corenta representantes da nova Galicia - profesores, mestres, obreiros, periodistas - eisprésannos a súa simpatía e solidaridade entusiastas | Galicia [Bs As 1930]. 2ª (349), 1.
Libros do ccg sobre Xosé Filgueira Valverde
Os nenos.
2015 | Xosé Filgueira Valverde, Autoría.
O Padre Sarmiento e o seu tempo.
2002 | Andratx Badia, Asesoramento.
Actas do Congreso Internacional do Tricentenario de Fr. Martín Sarmiento (1695-1995)
Acto literario-musical Os seis poemas galegos de Federico García Lorca.
1998 | Ramón Castromil, Presentación. Afonso Cid González, Locución. Xosé Filgueira Valverde, Presentación. Isidro B. Maiztegui, Música. Interpretación. Luis Pérez Rodríguez, Presentación. Bea Pérez, Son. Marta de Castro, Música. Interpretación. Pepe Ferrín, Fotografía.
Mestre: Isidro B. Maiztegui Pereiro. Soprano: Marta de Castro
Homenaxe a don Xosé Filgueira Valverde.
1997 | Afonso Cid González, Locución. Cristina Pujales, Entrevista. Cristina Pujales, Escolma. Afonso Vázquez-Monxardín, Coordinación. Bea Pérez, Son.
Tecnoloxía tradicional.
1996 | Antonio Fraguas, Coordinación. Xosé Antón Fidalgo Santamariña, Coordinación.
Dimensión patrimonial. Valoración antropolóxica
Charamuscas, 1923.
1995 | Xosé Luís Axeitos, Autoría. Rafael Dieste, Autoría. Xosé María Brea Segade, Autoría. Xesús Romero Suárez, Autoría. Rosa Brea Suárez, Autoría.
Unha revista galega na Guerra de África: estudios e transcrición
Fr. Martín Sarmiento.
1995 | Xosé Filgueira Valverde, Edición. Frei Martín Sarmiento, Autoría. María Jesús Fortes Alén, Edición.
Epistolario
Fray Martín Sarmiento y la Galicia de su tiempo.
1995 | Xosé Filgueira Valverde, Textos. Xurxo Lobato, Fotografía.
Exposiciones didácticas
Frei Martín Sarmiento e a Galicia do seu tempo.
1995 | Xosé Filgueira Valverde, Textos. Xurxo Lobato, Fotografía.
Exposicións didácticas
Romarías e peregrinacións .
1995 | Antonio Fraguas, Coordinación. Xosé Manuel González Reboredo, Coordinación. Xosé Antón Fidalgo Santamariña, Coordinación.
Simposio de Antropoloxía, Santiago de Compostela, outubro de 1993
Tempos que hai neste tempo.
1995 | Xosé Filgueira Valverde, Presentación. Manuel Rivas, Textos. Christian Caujoulle, Textos. Manuel Sendón, Fotografía.
[Exposición]
Actas do simposio de antropoloxía: in memoriam Fermín Bouza Brey.
1994 | Antonio Fraguas, Coordinación. Xosé Manuel González Reboredo, Coordinación. Xosé Antón Fidalgo Santamariña, Coordinación.
Santiago de Compostela, 10, 11 e 12 de setembro de 1992
Sobre a arte galega.
1994 | Luís Seoane, Autoría.
Homenaxe do Consello da Cultura Galega
Torres e castelos de Galicia.
1994 | Vari Caramés, Fotografía.
Lindeiros da Galeguidade II.
1993 | José Antonio Fernández de Rota, Coordinación. Xosé Manuel González Reboredo, Coordinación. Xosé Antón Fidalgo Santamariña, Coordinación.
: Actas do Simposio de Antropoloxía
Pr´o catálogo da léngoa galega.
1993 |
Homenaxe ó 70 aniversario do Seminario de Estudos Galegos
Autopoética, 1935.
1992 | Fermín Bouza Brey, Autoría.
Bouza Brey
A vida do beato Aparicio nas estampas de Pietro Bombelli. 1789.
1992 | Xosé Filgueira Valverde, Autoría. Francisco Rodríguez Lestegás, Compilación.
Arquitectura Institucional en Galicia.
1991 | Xan Casabella, Equipo técnico.
Exposición
O arquivo do Museo de Pontevedra.
1991 | Xosé Filgueira Valverde, Autoría.
E unha guía sucinta
Autopoética e poesías 1935.
1991 | Álvaro Cunqueiro, Autoría.
Autógrafos e inéditos de Álvaro Cunqueiro
Identidade e territorio: centenario de Otero Pedrayo .
1990 | José Antonio Fernández de Rota, Coordinación. Xosé Manuel González Reboredo, Coordinación.
Actas Simposio Internacional de Antropoloxía (Santiago de Compostela, 10-11-12 de novembro de 1988)
Homenagem a Joseph M. Piel por ocasião do seu 85 aniversário.
1988 | Dieter Kremer, Edición.
Actas do Congreso Internacional de Estudos sobre Rosalía de Castro e o seu tempo (v.1).
1986 | Darío Villanueva, Coordinación.
Santiago, 15-20 de xullo de 1985