1991 foi o ano de Álvaro Cunqueiro. A Real Academia Galega decidiu adicar a esta data ó escritor de Mondoñedo. Con motivo desa celebración, o Consello da Cultura Galega decidiu realizar unha edición facsímile de inéditos e autógrafos de Álvaro Cunqueiro de 500 exemplares numerados.
A orixe destes autógrafos está en 1935, cando o Seminario de Estudos Galegos encargou a Filgueira Valverde a preparación dunha antoloxía da poesía galega con motivo do Centenario do nacemento de Rosalía de Castro. Filgueira dirixiu as súas peticións a medio cento de poetas novos e vellos.
Cunqueiro respostou en marzo de 1936 cun feixe de poemas -oito autógrafos e un a máquina. Dous corresponden a unha estadía, como conferenciante, en Barcelona. Hai poemas en castelán, catalán e tamén galego. Algúns deles ían figurar como partes de obras futuras e outros foron publicados en revistas de poesía.

| Título | Autopoética e poesías 1935 Autógrafos e inéditos de Álvaro Cunqueiro |
| Autoría |
Álvaro Cunqueiro |
| Limiar |
Xosé Filgueira Valverde |
| Obxecto de estudo |
Álvaro Cunqueiro |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 1991 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 2 v. (34 p., [25] f.) ; 22 cm. |
| Notas | Editado en estoxo. Contén: 1. (Transcricións) / presentación por Xosé Filgueira Valverde - 2. (Facsímile) Homenaxe do Consello da Cultura Galega. |
| CCG. Signatura | CCG 1991 28 |
| Url externa | pdf en liña |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Materias | |
| Código QR |
|

![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)