A Ponencia de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega e o programa Arquivo Sonoro de Galicia comprácense en lles presentar unha síntese do acto literario-musical Os seis poemas galegos de Federico García Lorca que tivo lugar o 12 de abril de 1996 no propio Consello.
O acto, presidido polo daquela presidente do Consello, D. Xosé F. Filgueira Valverde, contou ademais coas palabras do coordinador da devandita Ponencia de Música, D. Ramón Castromil, e de D. Luis Pérez, autor do libro O Pórtico poético dos Seis poemas galegos: García Lorca e Blanco Amor.
A continuación, o Mestre Isidro B. Maiztegui Pereiro, no que habería de se-lo derradeiro dos seus concertos, e acompañando á soprano Marta de Castro, interpretou ó piano a música por el creada no ano 1994 para os seus poemas galegos de Lorca.

| Título | Acto literario-musical Os seis poemas galegos de Federico García Lorca Mestre: Isidro B. Maiztegui Pereiro. Soprano: Marta de Castro |
| Música. Interpretación |
Isidro B. Maiztegui Marta de Castro |
| Presentación |
Xosé Filgueira Valverde Ramón Castromil Luis Pérez Rodríguez |
| Locución |
Afonso Cid González |
| Son |
Bea Pérez |
| Fotografía |
Pepe Ferrín |
| Obxecto de estudo |
Federico García Lorca |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 1998 |
| Descrición física | 1 casete |
| Notas | Cara A: "Introducción: Madrigal â cibdá de Santiago - Romaxe de nosa Señora da Barca - Cántiga do neno da tenda".-- Cara B: "Noiturnio de adoescente morto - Canzón de cuna pra Rosalía de Castro, morta - Danza de lúa en Santiago" . Estes documentos sonoros están dispoñibles no CD 2 da obra O pórtico poético dos «Seis poemas galegos» de F. García Lorca. |
| Depósito Legal | OUR 38-1998 |
| CCG. Signatura | ASG-CA-1080 |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Materias |