Carta de Filgueira Valverde a Paz Andrade. 1982 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Filgueira Valverde a Paz Andrade. 1982

Valentín Paz-Andrade (Destinatario/a) · Castelao (Mencionado/a) · Xosé Filgueira Valverde (Remitente)
00/00/1982
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
[Santiago, 1982]


Benquerido Valentín:

Recibín a túa carta e pasei con todo interés o asunto de Dona María Antonia Ruiz Álvarez á Dirección do Patrimonio.
O teu Castelao é o libro do ano e debera ter recibido canto premio hai e moitos máis, e sobre todo debera ter moitas recensións.
Anotei a de Pardo. Sigo compartindo contigo a idea de que en Galicia non temos crítica literaria. Ben é certo que en España non se atopa moito.
¿Cómo sigue Pilar? María Teresa saúdavos con moito agarimo.

Apertas moi fortes de


Filgueira Valverde
Tipo de material
epístola
Data
00/00/1982
Medidas
2 páxinas
Localizacións
orixe: Santiago de Compostela
Ficha descritiva
[Carta manuscrita co membrete:]
Localización física
Arquivo familiar Paz Andrade