Corona González Estévez
Baños de Molgas, Ourense, 1889 - Río de Xaneiro, Brasil, 29/4/1963Autoría: Noa Ríos
Articulista preocupada pola emigración e a educación das mulleres
Pouco se sabe da vida desta muller presente nas páxinas do semanario nacionalista A Nosa Terra (ANT) e nas da revista Céltiga na segunda metade dos anos vinte do século pasado. Nun momento en que as voces de mulleres nos xornais e revistas son moi escasas, por non dicir inexistentes, Corona González escribe varios artigos durante todo un lustro nos que aborda diversas temáticas. Dúas serán predominantes nos artigos publicados en ANT: a emigración/saudade de Galicia e a necesidade da educación das mulleres. O respecto á diversidade, a denuncia ás políticas desenvolvidas polos Estados Unidos de Norteamérica, o antibelicismo, a importancia de que os e as galegas recoñezan o valor do propio, e de novo a saudade das e dos emigrantes son cuestións que aborda en Céltiga.
Un dos datos que sabemos sobre a súa vida é que viaxaba moito. Isto, permitiulle coñecer de primeira man a situación pola que atravesaban o gran número de galegos e galegas que se viron na obriga de emigrar durante o primeiro terzo do século vinte. París, Londres, Weymouth, Río de Xaneiro e, os vapores Arlanza e Itanagé, son algúns dos lugares onde asina os seus artigos.
As precarias condicións laborais, os abusos e vexacións ás que se somete a moitas e moitos compatriotas no lugar de destino son froito, segundo Corona, da falta dunha educación que as e os prepare para se enfrontar á complicada realidade coa que se ían atopar alén mar. Artigos como "Para os da terriña", "Saudades", "A bordo do Arlanza", publicados en ANT entre 1926 e 1929, son tres exemplos claros desta fonda preocupación: O noso mal e a falta de instrución: debíase castigar aos pais obrigal-os a dar instrución a seus fillos conforme a sua posición, eso sería o úneco medio de que respetasen os galegos, é moito triste ver a forma como os tratan lá. Da pena a chegada de un vapor cando comezan a desembarcar todos suxos cuase sen roupa, e a mayor parte sen saber ler. (...) mais d’aquiles que chegan. ¡Cántos morren esmagados xa pol-a fame xa pol-os desgostos e contrariedades! ¡poucos voltan! (ANT, 1-11-1926)
O segundo tema ao que a nosa autora dedica varios artigos é a necesidade de que as mulleres teñan acceso á educación regrada. Considera que moitos dos problemas das mulleres do seu tempo derívanse da falta desta. Un bo número das súas apreciacións son claramente pioneiras nesa altura e mais aínda dentro do nacionalismo galego, movemento moi refractario aos avances feministas que percorren Europa e os EE UU naquel entón. O emprego habitual na súa linguaxe de "homes e mulleres", "fillos e fillas" e "nenos e nenas" reflicte xa unha sensibilidade especial e moi innovadora na época. No artigo intitulado "Pr’os pais que tein fillas" afirma o seguinte: É necesario insinarlle a traballar, pra ser independente, e facerlle comprender que non é necesario o casamento, nen ser monxa, pra ser feliz n’este mundo. Só pode adequerir a sua independencia por medio do traballo, e o día que as nosas mulleres podan gañar a vida independentemente, sin precisar de ninguén terán independencia de carauter, e poderán casarse, ou non, sin ter medo a quedar solteiras, pois non precisan de un que as manteña (ANT, 1-4- 1927).
Foi Corona unha muller con carácter e valentía para chamarlle ás cousas polo seu nome e para sinalar a enorme hipocrisía social existente ao redor de moitos temas: a borrosa fronteira que separa un matrimonio de conveniencia dunha muller que exerce a prostitución; un asasinato legalizado ao abeiro da guerra doutro feito en tempos de suposta paz pero con moitas máis razóns do seu lado; un roubo cometido por unha traballadora explotada do roubo da patroa por esixir moito máis traballo polo mesmo salario; etc.
Sobre a vida de Corona apenas temos datos fiables. Con ocasión desta biobibliografía, en 2008, por un achado casual, vímonos na obriga de revisar as fontes empregadas, ata o punto de ter que pór entre interrogantes algunhas afirmacións que aparecen en traballos anteriores sobre esta muller.
Adoitase situar o nacemento de Corona na Rúa derivando esta interpretación dos datos que aparecen na súa primeira aparición pública en ANT: unha carta dirixida ao administrador de Lar. No entanto, non conseguimos documentación algunha que poida acreditar isto de forma irrefutable. Si podemos confirmar, grazas á información achegada por Xesús González Gómez en 2018, que Corona González Estévez, protagonista desta entrada biobibliográfica, non é a mesma muller que, con igual nome e primeiro apelido, casara con Ramón González, conselleiro delegado do Banco Español de Río da Plata.
Agardemos que investigacións posteriores e máis detalladas nos permitan ofrecer algo máis de luz sobre a vida e a obra desta galega.
OBRA
Ofrecemos a obra de Corona González Estévez publicada en A Nosa Terra e Céltiga no apartado Extras de Corona desta entrada biobibliográfica.
AGRADECEMENTOS
Xesús González Gómez

Como citar: Ríos, Noa : Corona González Estévez. Publicado o 1/1/2018 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=1754. Recuperado o 03/03/2026
DOCUMENTACIÓN DE
Artigos de Corona González Estévez en Céltiga, 1927-1929. Ver Documento
Fonte: Hemeroteca dixital do CCG.
Artigos de Corona González en A Nosa Terra. Idearium das irmandades da fala 1926-1930. Ver Documento
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Mulleres e memoria histórica, por Aurora Marco. Ver Documento
Elaborado con motivo da aprobación da Lei 52/2007, de 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas en favor de quen padeceu persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura.
Nota do pasamento de Corona González Estévez publicada no Correio da manhá (30/04/1963). Ver Documento
Fonte: arquivo persoal de Xesús González Gómez
Ligazóns de interese
Corona González Estévez na wikipedia
[última consulta: 10/12/2021]
Corona González Estévez, la escritora más desconocida de A Rúa
[última consulta: 10/12/2021]
Referencias bibliográficas
- MARCO, A., Dicionario de mulleres galegas, Vigo, A Nosa Terra, 2007
- RÍOS BERGANTINHOS, N., A mulher no nacionalismo galego (1900-1936). Ideología e realidade , Santiago de Compostela, Laiovento, 2001
Artigos Corona González Estévez
Aviso Listado automático de documentación relacionada con Corona González Estévez nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
GONZáLEZ ESTéVEZ, C. (5/1927) «La raison du plus fort est toujours la meilleure» (1) | Céltiga. 1ª (57), 31.