Concepción Arenal Ponte
Ferrol, 31/ 1/1820 - Vigo, 4/2/1893Autoría: Celia Pereira Porto
Excepcional intelectual con acceso á cultura escrita desde a nenez
É bastante probable que asistise á Universidade disfrazada de home, ás aulas da carreira de Dereito, xa que nese momento non se permitía legalmente o acceso das mulleres aos estudos superiores en España. En 1848 casou con Fernando García Carrasco; a parella compartiu inquedanzas e traballo intelectual e tivo unha filla, Concepción, que morreu antes de cumprir os dous anos, e dous fillos, Ramón e Fernando. Despois do derradeiro parto a saúde de Concepción Arenal quedou delicada para o resto da súa vida. Quedou viúva aos trinta e sete anos e o seu fillo Ramón tamén morreu prematuramente.
Foi nomeada "visitadora de prisións de mulleres" en 1863, posto que foi suprimido definitivamente dez anos despois. Na Coruña trabou unha grande amizade con Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina. Concepción Arenal asistía ao faladoiro que organizaba a condesa na súa casa da rúa Real e as dúas promoveron unha asociación para visitar as mulleres presas chamada das "Magdalenas". Concepción Arenal escribía cartas dirixidas ás reclusas nas que explicaba o contido do Código penal daquela vixente (o de 1850) e comentaba algúns artigos, especialmente os que facían referencia a delitos cometidos por mulleres. Juana de Vega era a que se encargaba de lerlles esas cartas ás presas mentres Concepción Arenal se dedicaba a observar as actitudes destas durante a lectura.
As dúas últimas décadas da súa vida pasounas co seu fillo Fernando, primeiro en Xixón e, tras un breve paso por Pontevedra, en Vigo. Foron anos de moi intensa actividade social e intelectual malia o seu precario estado de saúde. Salvo pequenos períodos e por motivos de empeoramento da súa saúde, Concepción Arenal non deixou de escribir, estudar e revisar as súas propias obras e ideas, até o fin da súa vida. Boa proba diso constitúea a súa ampla bibliografía, que se agrupa, fundamentalmente, ao redor de tres grandes temas: as denominadas "cuestión social", "penitenciaria" e "feminina". A súa obra tivo repercusión internacional malia que Concepción Arenal non saíu nunca de España. Porén, enviou informes a congresos internacionais que foron obxecto de unánime aplauso por parte dos expertos alí presentes; colaborou en publicacións e libros editados en francés e inglés; ilustres personaxes do ámbito penal, como Roeder e E. C. Wines, eloxiaron a súa obra e persoa; libros seus, como El visitador del pobre e El visitador del preso, foron traducidos a outras linguas.
Un elemento esencial para comprender tanto a súa vida como a súa obra constitúeo a súa proximidade ao ideario liberal e krausista; malia a orixinalidade do seu pensamento destacan esas influencias, que tamén tiveron un papel importante no plano afectivo a través do seu contacto con destacadas personalidades liberais da época, coas que compartiu a un tempo relacións de amizade e proxectos de carácter social e intelectual, como o seu amigo e cuñado Manuel de la Cuesta, Salustiano Olózaga, Juana de Vega, Fernando de Castro, Francisco Giner de los Ríos, Gumersindo de Azcárate, etc.
Como citar: Pereira Porto, Celia : Concepción Arenal Ponte. Publicado o 1/1/2007 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=193. Recuperado o 30/04/2025
DOCUMENTACIÓN DE
Homenaje a Concepción Arenal. Ver Documento
Folla voandeira da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos. Publicada durante a presidencia de Manuel Casás 1913-1918
Fonte: Fondos do CDIF
«Mi vida. A… que me pedía con insistencia apuntes para escribir mi biografía». Ver Documento
Poema de Concepción Arenal publicado en La Ilustración Gallega y Asturiana, nº31, 8 novembro de 1880, p. 385
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Bravas. Científicas e artistas galegas da nosa historia, 7H Cooperativa Cultural, 2020. Ver Documento. Publicación impresa
Fonte: 7H Cooperativa Cultural
Obra de Concepción Arenal Ponte. Ver Documento
"Concepción Arenal e o educacionismo filantrópico". Ver Documento. Artigo
Fonte: A muller na historia de Galicia. IX Xornadas de historia de Galicia, Deputación de Ourense, 1995
«Concepción Arenal y sus ideas acerca de la mujer». Ver Documento
Artigo de Emilia Pardo Bazán publicado en Nuevo Teatro Crítico, nº 26, febreiro 1893, p. 269-304.
Fonte: Biblioteca Universitaria da USC
«La cuestión académica». Ver Documento
Artigo de Emilia Pardo Bazán publicado en Nuevo Teatro
Crítico, nº 3, marzo 1891, p. 61-73.
Fonte: Biblioteca Universitaria da USC
«Concepción Arenal, una avanzada de su época». Ver Documento
Artigo de Paloma Castañeda publicado na revista Vindicación feminista, nº 9, 1 de marzo 1977. p. 62-63
«Concepción Arenal». Ver Documento
Artigo de Elena e Sesé publicado na revista Andaina. Revista do movimento feminista galego, nº14, marzo de 1988, p. 24-25
Ligazóns de interese
Concepción Arenal no proxecto Aquí faltan páxinas
[última consulta: 16/01/2024]
Aquí podes consultar as actividades do CDIF en torno a Concepción Arenal Ponte no centenario do seu nacemento
[última consulta: 17/12/2021]
Juana de Vega no Álbum de Galicia
[Última consulta: 25/10/2021]
Frases célebres de Concepción Arenal
[Última consulta: 25/10/2021]
Concepción Arenal en Provervia
[última consulta: 25/10/2021]
Biografía de Concepción Arenal en Cervantes virtual
[última consulta: 25/10/2021]
La madre del feminismo español. Concepción Arenal
[Última consulta: 25/10/2021]
Biografía de Concepción Arenal en filosofía.org
[Última consulta: 25/10/2021]
Concepción Arenal na páxina da DUPO
[Última consulta: 25/10/2021]
Concepción Arenal na Real Academia de la Historia
[última consulta. 25/10/2021]
Artigo de Luís Miguel Hidalgo Jiménez sobre Concepción Arenal
[Última consulta: 25/10/2021]
Artigo de María del Carmen Simón Palmer sobre Concepción Arenal
[Última consulta: 25/10/2021]
Concepción Arenal en Dialnet
[Última consulta: 25/10/2021]
Concepción Arenal, la fuerza de un ideal
[Última consulta: 25/10/2021]
Acceso en liña a Mulleres de Compostela, unidade didáctica para ESO e Bacharelato editada por El Patito Editorial.
Fonte: El Patito Editorial.
https://www.elpatitoeditorial.com/
Videos
Lectura dramatizada de As mulleres do porvir, de Dorotea Bárcena
Derradeiro texto dramático publicado por Dorotea Bárcena. Ten como protagonistas a Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal
[última consulta: 08/07/2024]
Concepción Arenal la madre del feminismo español
[Última consulta: 25/10/2021]
Concepción Arenal y su política del espíritu | Anna Caballé
Conferencia do Ciclo da Fundación Juan March en Madrid
[Última consulta: 25/10/2021]
Concepción Arenal y Emilia Pardo Bazán
[Última consulta: 25/10/2021]
Concepción Arenal, "La visitadora de cárceles".
Canal Ellas Más
[Última consulta: 25/10/2021]
Referencias bibliográficas
- CAMPO ALANGE, M., Concepción Arenal (1820-1893). Estudio biográfico documental, Madrid, Ediciones de la Revista de Occidente, 1973.
- LACALZADA DE MATEO, M.ªJ., Mentalidad y proyección social de Concepción Arenal, Ferrol, Concello, 1994.
- LÓPEZ SOUTO, Á., Concepción Arenal, A Coruña, Baía, 2004.
- PEREIRA PORTO, C., A aportación de Concepción Arenal no marco do Estado liberal español, A Coruña, Deputación Provincial, 1997.
- SANTALLA LÓPEZ, M., Concepción Arenal y el feminismo católico español, Sada (A Coruña), Ediciós do Castro, 1995.
Publicacións periódicas
Aires da Miña Terra (1892-) .
Boletín oficial de la sociedad de este nombre
Eco de Teo, El (1916-1920) .
Revista Mensual. Defiende los intereses de los residentes del Distrito electoral de Padrón en Buenos Aires
Boletín Oficial de la Sociedad Fomento de Porriño y su distrito (1922-) .
Artigos Concepción Arenal Ponte
ARENAL PONTE, C. (10/1922) La educación de la mujer | Alma Gallega. 1ª (extraordinario), 13.
ARENAL PONTE, C. LEóN, L. MARAñóN, G. NóVOA SANTOS, R. PéREZ GALDóS, B. REYES, A. UNAMUNO, M. VIGIL, C. (11/1935) Los que piensan la hora actual | Alma Gallega. 2ª (01), 23-24.
ARENAL PONTE, C. (4/1944) El dolor | Acción Gallega. 2ª (2), 3.
Libros do ccg sobre Concepción Arenal Ponte
A muller do porvir.
2020 | Concepción Arenal Ponte, Autoría.
Escolma de escritos.
1994 | Concepción Arenal Ponte, Autoría. Anxos Sumai, Tradución. María José Lacalzada de Mateo, Compilación.
Concepción Arenal