Pura Lorenzana
Vilasante, 5/ 2/1907 - Santiago de Compostela, 1997Autoría: Alfonso Mato
Inspectora e profesora de Historia de ensino medio e universitario. Historiadora
Logo de exercer durante o curso 1930-1 como axudante de clases prácticas na Facultade de Filosofía e Letras, comeza os cursos de doutoramento na Universidade de Madrid, ao tempo que traballa como profesora de Lingua e Literatura Española no Instituto Calderón de la Barca da capital madrileña (1931-6), na que tamén dirixe o colexio relixioso Nuestra Señora de Loreto. Debeu de ser por estes anos cando pertenceu á Sociedad Anónima de Enseñanza Libre (SADEL) (1934), institución creada pola Confederación Católica de Padres de Familia para dar cobertura legal ao ensino das Ordes Relixiosas, que o tiñan prohibido, e que agrupaba aos colexios relixiosos con profesorado segrar.
Tras a sublevación contra a República, Pura Lorenzana pasa a exercer como profesora de Lingua e Literatura Española no Instituto de Tui durante o curso 1936-7. Os dous cursos seguintes, ocupando a praza de Ramón Otero Pedrayo expedientado no 37, será profesora de Xeografía e Historia no Instituto de Ourense, cidade onde tamén exercerá diversos cargos políticos para o Goberno de Burgos: Depuradora das Bibliotecas Públicas, Delegada Provincial de Frontes e Hospitais e Organizadora dos servizos culturais do Fogar e do Ferido. En 1940 o Ministerio de Guerra do Goberno de Franco concédelle a Medalla de Campaña de Retaguardia por méritos e servizos.
No curso 1939-40 imparte clases de Xeografía e Historia no Instituto Rosalía de Castro de Santiago e de Historia de España contemporánea na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade compostelá. O curso seguinte é trasladada a un instituto madrileño, para volver no 1941-2 a Santiago como catedrática de Xeografía e Historia, primeiro no Instituto Xelmírez e a partir de 1942-3 no Instituto feminino Rosalía de Castro, do que será fundadora e primeira directora, cargo que desempeñará ata 1955. Durante os seus anos de estancia como profesora de ensino medio na Compostela da posguerra, exercerá tamén como docente universitaria na Facultade de Filosofía e Letras, nas materias de Historia Universal Moderna e Contemporánea (1942-1956) e Historia da Cultura Moderna e Contemporánea (1943-1952), e participará no curso de verán de 1950 da Universidade compostelá, ditando, xunto co profesor Ángel Rodríguez González, dez leccións de Historia de España. Segundo consta no seu expediente académico de profesora, Pura Lorenzana desenvolveu nos anos 40 e 50 unha intensa actividade no campo da reforma do ensino medio e do bacharelato feminino na España da época, asistindo como relatora a reunións e congresos nos que se debatía sobre estes temas. Foi membro do Primeiro Consello Nacional do Servizo Especial do Profesorado de Ensino Medio da Delegación Nacional de Educación e estivo cunha bolsa do Ministerio de Educación estudando en París o réxime de Centros Docentes Femininos de Ensino Medio. En canto ao seu labor como historiadora, consta no seu expediente que participou en escavacións prehistóricas galegas e na recollida de folclore, sen especificar nin data nin lugar, que presentou a súa tese doutoral, El viaje de Sebastián Vizcaíno a las costas de California, cualificada con sobresaínte, en Madrid, en 1949, e que pertenceu ao Instituto González Fernández de Oviedo, do CSIC. Tamén foi membro da Primeira Xunta de Goberno do Padroado Rosalía de Castro, fundado no Hotel Compostela de Santiago en novembro de 1947. Contra 1956 obtivo praza de inspectora de ensino medio e trasladouse a Madrid, onde exerceu como inspectora xeral de Distrito ata a súa xubilación. En 1963 concedéuselle a encomenda da Orde de Afonso X o Sabio. Faleceu en Santiago en 1997.
AGRADECEMENTOS
instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela
El Correo Gallego.
OBRA DE PURA LORENZANA
LORENZANA PRADA, Mª P.; El viaje de Sebastián Vizcaíno a las costas de California, Madrid, Universidad, [tese de doutoramento inédita]. 1949
LORENZANA PRADA, Mª P.; Conferencia pronunciada en Santiago pol-a Señorita María Pura Lorenzana,Nós. Boletín mensual da cultura galega, A Coruña, suplemento, n. 30 e 31, (maio, xuño). 1931.
LORENZANA PRADA, Mª P.; “La población de Nueva España en el siglo XVI”, Boletín de la Biblioteca Menéndez y Pelayo), Santander, n.º 1 (xaneiro-marzo), p. 58-73. En col. con Sebastián González García-Paz e Ciriaco Pérez Bustamante. 1928.
LORENZANA PRADA, Mª P.; “Mámoas do Saviñao. A anta de Abuime e a necrópole do Monte da Morá”, Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, Santiago de Compostela, V, p. 63-91. En col. con Florentino López Cuevillas e Antón Fraguas. 1930.
Como citar: Mato, Alfonso : Pura Lorenzana. Publicado o 1/1/2009 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=2299. Recuperado o 21/03/2025

DOCUMENTACIÓN DE
LORENZANA PRADA, Mª P.; Conferencia pronunciada en Santiago pol-a Señorita María Pura Lorenzana.,. Ver Documento. Artigo
Fonte: Nós. Boletín mensual da cultura galega, A Coruña, supl. 30 e 31, (maio, xuño). 1931. [Exemplar da Biblioteca do CCG]
Artigo sobre a poboación de Nueva España no século XVI, de Ciriaco Pérez Bustamente, Pura Lorenzana e Sebastián González García-Paz. Ver Documento. Artigo
Pérez Bustamente, Ciriaco;Lorenzana, Pura; González García-Paz, Sebastián: «La población de Nueva España en el siglo XVI», Boletín de la Biblioteca de Menéndez Pelayo, ano 10 (1928), 58-73.
Fonte: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
https://www.cervantesvirtual.com/obra/boletin-de-la-biblioteca-de-menendez-pelayo--66/
“Mamoas do Saviñao. A anta de abuime e a necrópole do Monte da Morá”.. Ver Documento
Traballo no que Pura Lorenzana participou como investigadora. Fonte: Arquivos do seminario de estudos galegos, Vol V, p. 62-91. Biblioteca do CCG. 1930
Ligazóns de interese
Catálogo en liña da exposición Galicia, de Nós a nós, coordinada por Afonso Vázquez-Monxardín e Ana Acuña. Cidade da Cultura, 2 de outubro de 2020 - 17 de xaneiro de 2021
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/galicia-de-nos-nos
Mulleres no Seminario de Estudios Galegos, especial realizado polo Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF)
Fonte: CDIF http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=211
A revista Nós en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: https://revistanos.galiciana.gal
Pura Lorenzana en "Arqueólogas" no web do Castro San Lourenzo
Acceso en liña a Mulleres de Compostela, unidade didáctica para ESO e Bacharelato editada por El Patito Editorial.
Fonte: El Patito Editorial.
https://www.elpatitoeditorial.com/
Videos
As pioneiras do Seminario
No ano no que se conmemora o centenario do Seminario de Estudos Galegos (1923-2023), o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) quere darlle visibilidade nesta peza divulgativa (2´ 24´´) ao importante labor das "pioneiras", un numeroso grupo de usuarias e mecenas da súa biblioteca que, xunto ás doce socias activas, contribuíron de xeito decisivo ao coñecemento cultural e científico.
Pioneiras de Santiago. Pura Lorenzana
Xiana Aparicio Garabal, alumna de 1º de Bacharelato do IES Rosalía de Castro (Santiago de Compostela), preséntanos neste vídeo didáctico (2´ 32´´) a traxectoria vital e profesional de Pura Lorenzana (1907-1997). Investigadora e profesora de Historia no ensino medio e universitario, incorporouse ao Seminario de Estudos Galegos cun traballo sobre as mámoas do Saviñao. Xiana Aparicio lémbranos tamén que foi a fundadora e primeira directora do Instituto femenino Rosalía de Castro.
As mulleres do Seminario
Malia que os membros do Seminario de Estudos Galegos eran maioritariamente homes, temos constancia documental de que algunhas mulleres (Carmen Sierra, Luisa Cuesta, Pura Lorenzana, María Corredoira, Dolores Lorenzo, Elvira Santiso, Sara Leirós...) tiveron tamén un papel destacado nas actividades científicas e culturais do SEG. Este vídeo divulgativo (3´ 17´´) é unha homenaxe a todas elas. A peza foi elaborada polo Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) en 2023, con motivo da celebración do centenario do SEG.
Referencias bibliográficas
- BERAMENDI, J., De provincia a nación: historia do galeguismo político, Vigo, Edicións Xerais, 2007.
- MATO DOMÍNGUEZ, A., O Seminario de Estudos Galegos, Sada, Ediciós do Castro, 2001.
- MATO DOMÍNGUEZ, A., “Limiar”, en PÉREZ BUSTAMANTE, C. e GONZÁLEZ GARCÍA-PAZ, S., La Universidad de Santiago (el pasado y el presente) , Sada, Ediciós do Castro, 1995.
- VV.AA.: Arquivo do Instituto Rosalía de Castro, Instituto Nacional de Ensino Medio de Santiago, Folla de Servizos de M.ª Pura Lorenzana Prado.
- VVAA.: Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela, Expedientes persoais, atado 476, exp. 16.