Andrés Martínez Salazar
Astorga (León), 8/ 2/1846 - A Coruña, 6/10/1923Autoría: Alfonso Mato
Representante do rexionalismo cultural e impulsor do rexurdimento literario galego
Martínez Salazar pertenceu a numerosas corporacións culturais coruñesas, galegas, españolas e do estranxeiro, foi membro do faladoiro rexionalista liberal da Cova Céltica e un dos fundadores da
Sociedad del Folklore Gallego. Sociedad del Popular Saber de Galicia(1883), da Real Academia Galega (1905), na que exerceu como tesoureiro (1905-1923) e presidente (1923), e da Irmandade dos Amigos da Fala (1916), na que foi nomeado socio de honra. Politicamente, militou no republicanismo federal e no rexionalismo liberal galego: foi dirixente do Partido Republicano Federal, participou nas mobilizacións da Xunta de Defensa de Galicia contra o desprazamento da capitanía Xeral da Coruña a León (1893), que lle custou un traslado temporal do Arquivo Xeral de Galicia ao de Xirona, e formou parte da rexionalista Liga Gallega da Coruña (1897). Foi tamén editor e director de Galicia. Revista Regional (A Coruña, 1887-1889; 1892-1893), publicación de carácter cultural (aínda que non falta de textos de afirmación rexionalista), na que se trataban preferentemente temas de historia e folclore de Galicia, agricultura, emigración, construción naval, comunicación, crítica literaria, etc., e na que participaron escritores como Murguía, Curros, Pardo Bazán, Benito Losada, Saralegui y Medina, Villaamil y Castro, os irmáns De la Iglesia, Pondal, Aureliano Pereira ou Leite de Vasconcelos. Ademais, colaborou noutras publicacións periódicas, como Galicia Diplomática (Santiago, 1882-1884), El País Gallego (Santiago, 1888-1891), La Patria Gallega. Boletín-Revista. Órgano oficial de la Asociación Regionalista (Santiago, 1891-1892), El Derecho. Periódico democrático (Ourense, 1890-1898), Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense (Ourense, 1898-1922), Galicia Histórica (Santiago, 1901-1903) ou Boletín de la Real Academia Gallega (A Coruña, 1906-).
En 1884, Martínez Salazar adquiriu a libraría de Enrique Gil, situada no número 16 da rúa Rego de Auga, na Coruña. Nela habilitou unha sala de lectura á que acudían numerosos escritores locais e forasteiros formando un animado faladoiro, antecedente inmediato do da Cova Céltica, que se montou na mesma librería logo de mercarlla Carré Aldao, en 1891, e bautizala como Librería Rexional. Do labor de Martínez Salazar como libreiro temos noticias a través das cartas que lle escribiu ao seu amigo Manuel Murguía. Grande admirador e propagandista da obra deste e da de Rosalía de Castro, implicouse arreo na promoción dos seus libros, que enviaba aos principais xornais co obxectivo de que os comentasen e desen a coñecer, aínda sabendo que estes eran uns preguiceiros que só se ocupaban de chismes da veciñanza e que o negocio dos libros en Galicia era unha verdadeira calamidade porque os galegos que, segundo as estatísticas, sabían ler e escribir, non practicaban a lectura. Non deixa de ser curioso que logo de facerlle estes comentarios a Murguía en 1884, un ano despois iniciara a súa andaina como editor.
Martínez Salazar editor e historiador
En 1885 iniciou o seu labor como editor coa fundación, xunto a Juan Fernández Latorre, propietario e director de La Voz de Galicia, da Biblioteca Gallega, un ambicioso proxecto editorial que tiña como obxectivo dar a coñecer ao público as mellores obras, tanto novas como xa editadas, do Rexurdimento literario galego. A partir de febreiro de 1887, estando no prelo o oitavo dos libros publicados, fíxose cargo en solitario do proxecto, que mantivo ata 1903 e acadou os 52 volumes. O primeiro título publicado na Biblioteca Gallega foi Los precursores, de Manuel Murguía, un ensaio biográfico que inaugurou a historia do galeguismo. Outras obras importantes, novas ou reeditadas, que apareceron na colección foron os libros de poemas de Eduardo Pondal (Queixumes d'os pinos), Manuel Curros Enríquez (Aires d'a miña terra), Francisco Añón (Poesías gallegas y castellanas) ou Aurelio Aguirre (Poesías selectas); antoloxías da literatura galega como a de Antonio de la Iglesia (El idioma gallego); novelas e narracións de Benito Vicetto (Los hidalgos de Monforte), López Ferreiro (A tecedeira de Bonaval) ou Álvarez de Nóvoa (Pé das burgas); libros de historia como Galicia en el último tercio del XV, de López Ferreiro; ou os ensaios de Eduardo Vicenti (La propiedad foral en Galicia) e José Ojea (El mundo rural). A gran maioría dos autores da Biblioteca Gallega participaron no movemento rexionalista, desde posturas liberais ou tradicionalistas, e algúns tamén militaron no republicanismo federal. A maior parte das obras publicadas estaban en castelán. En galego só apareceron oito libros de poemas e tres de narrativa, máis dous poemarios bilingües. Haberá que agardar aos anos vinte do século XX para que da man dos homes de Nós e do Seminario de Estudos Galegos, o galego se estendese ao ensaio, ás ciencias sociais e, timidamente, ás chamadas ciencias naturais.
Á parte da Biblioteca Gallega e da revista Galicia, «hija y compañera, parte y complemento de la Biblioteca Gallega», en palabras de Aurelio Ribalta na propia revista, Martínez Salazar editou trece publicacións máis: oito libros, dous fascículos, un folleto e dous volumes do Portafolio de Galicia. Entre os libros destacan as obras de Manuel Curros Enríquez (O divino sainete), Benito Losada (Contiños), Pérez Ballesteros (Foguetes), Fernández Neira (Proezas de Galicia), Aurelio Ribalta (Contiños), Alberto Camino (Poesías gallegas) ou a Crónica Troiana, con apuntamentos gramaticais e vocabulario de Manuel Rodríguez y Rodríguez e transcrición e estudo comparativo do propio Martínez Salazar, que constitúe un monumento da lingua galega recoñecido pola filoloxía internacional.
Como historiador, Martínez Salazar formou parte, xunto con Murguía, López Ferreiro, Villaamil y Castro, Barreiro de Vázquez Varela ou Oviedo y Arce, do grupo hexemónico na historiografía galega do último terzo do século XIX e comezos do XX, os eruditos profesionais -un estadio anterior ao da profesionalización historiográfica-, representado polo Corpo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Anticuarios, vinculado directamente desde a súa creación á Escola Superior de Diplomática. As prácticas desenvolvidas por estes eruditos profesionais centráronse na catalogación, descrición e documentación do patrimonio histórico-artístico, na catalogación e publicación de fontes e na elaboración de estudos monográficos encadrados, sobre todo, nas idades media e moderna, ou en disciplinas como a Xenealoxía, a Heráldica, a Numismática, a Epigrafía ou a Diplomática. De feito, Martínez Salazar levou a cabo un importante labor de catalogación e investigación en Historia, Lingüística, Arqueoloxía, Paleografía, Bibliografía, Heráldica, Numismática ou Epigrafía. O resultado do seu traballo como historiador está presente en libros como De la Guerra de Independencia en Galicia ou El Cerco de La Coruña en 1589 y Mayor Fernández Pita, e mais nos abondosos artigos que publicou na súa propia revista ou nos Boletíns da Academia Galega e da Comisión de Monumentos de Ourense, en Galicia Histórica ou Galicia Diplomática. Unha antoloxía dos seus textos foi publicada, postumamente, pola Academia Galega en dous volumes, baixo o título de Algunos temas gallegos (A Coruña, 1948, 1981).
Bibliografía
Martínez-Morás y Soria, Andrés: «La Biblioteca Gallega de Martínez Salazar», Grial, 13 (xullo-setembro de 1996), 363-368.
Martínez Salazar, Andrés: Algunos temas gallegos. A Coruña: Academia Galega, 1948, 1981; 2 v.
Mato, Alfonso: «Martínez Salazar, Andrés». En Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. 28: marin-meir. Lugo: El Progreso, DL 2003; 86-88.
Real Academia Galega: «Andrés Martínez Salazar». Accesible en: https://academia.gal/institucion/academicos/de-numero?p_p_id=com_ideit_ragportal_liferay_academic_web_AcademicNumeraricPortlet&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&_com_ideit_ragportal_liferay_academic_web_AcademicNumeraricPortlet_mvcRenderCommandName=%2Facademic-web%2Flist_numeraric&_com_ideit_ragportal_liferay_academic_web_AcademicNumeraricPortlet_letter=M
Como citar: Mato, Alfonso : Andrés Martínez Salazar. Publicado o 3/10/2023 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=2477. Recuperado o 18/07/2025
DOCUMENTACIÓN DE
Poema de Andrés Martínez Salazar en memoria de Curros Enríquez. Ver Documento. Poema
Martínez Salazar, Andrés: «Aa doce memorida de Curros Enríquez», Almanaque gallego para 1916, p. 30
Fonte: Consello da Cultura Galega.
http://consellodacultura.gal/mediateca
Andrés Martínez Salazar lembra a Salvador Golpe tras o seu pasamento neste artigo publicado no BRAG, . Ver Documento. Artigo
Martínez Salazar, Andrés: «Salvador Golpe», Boletín de la Real Academia Gallega, 27 (30 de xuño de 1909), 49-52.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Artigo de Andrés Martínez Salazar sobre o periodista e escritor liberal Antonio Benito Fandiño. Ver Documento. Artigo
Martínez Salazar, Andrés: «D. Antonio Benito Fandiño», El Eco de Galicia: órgano de los gallegos residentes en las Repúblicas Sud-Americanas, 245 (10 de agosto de 1898), 2-4.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal
Carta de Andrés Martínez Salazar a Galo Salinas con motivo da inauguración en Pontedeume da Asociación Regionalista de Galicia. Ver Documento. Artigo
Martínez Salazar, Andrés: «Velada inaugaural de la Asociación Regionalista de Galicia en Puentedeume», Diario de avisos de La Coruña, 10195 (6 de setembro de 1891), 3.
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Entrada biobibliográfica de Andrés Martínez Salazar na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Ver Documento. Artigo
Mato, Alfonso: «Martínez Salazar, Andrés». En Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. 28: marin-meir. Lugo: El Progreso, DL 2003; 86-88.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
«La Biblioteca Gallega de Martínez Salazar», por Andrés Martínez Morás en Grial, . Ver Documento. Artigo
Martínez-Morás y Soria, Andrés: «La Biblioteca Gallega de Martínez Salazar», Grial, 13 (xullo-setembro de 1996), 363-368.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Entrada de Andrés Martínez Salazar no Diccionario da literatura galega. Ver Documento. Artigo
«Martínez Salazar, Andrés». En Vilavedra, Dolores (coord.): Diccionario da literatura galega. I: Autores. Vigo: Galaxia, 1995; 376-377.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Artigo de A. C. Blanco sobre Martínez Salazar e a Biblioteca Gallega na revista Grial. Ver Documento. Artigo
Blanco, A.C.: «Don Andrés Martínez Salazar creador da
Fonte: Editorial Galaxia. Hemeroteca da revista GrialBiblioteca Gallega», Grial, 57 (xullo-setembro de 1977), 355-358.
https://editorialgalaxia.gal
Artigo necrolóxico escrito por Eladio Rodríguez González no pasamento de Andrés Martínez Salazar. Ver Documento. Artigo
Rodríguez González, Eladio: «Letras de duelo: Don Andrés Martínez Salazar», Boletín de la Real Academia Gallega, 157 (1 de novembro de 1923), 1-4.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Condolencias recibidas na Real Academia Galega polo pasamento de Andrés Martínez Salazar. Ver Documento
Boletín de la Real Academia Gallega, 157 (1 de novembro de 1923), 5-15.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
A morte de Andrés Martínez Salazar na revista Vida gallega. Ver Documento. Artigo
«Andrés Martínez Salazar», Vida gallega: ilustración regional, 236 (25 de outubro de 1923), 23.
Fonte: Galiciana. BIblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal
Información n'A nosa terra sobre a elección de Andrés Martínez Salazar como presidente da Real Academia Galega. Ver Documento. Artigo
«Real Academia Gallega: o novo presidente», A nosa terra: boletín quincenal: idearium das Irmandades da Fala, 185 (15 de maio de 1923), 2.
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Biblitoeca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal
Publicación de homenaxe a Andrés Martínez Salazar da Colonia Astorgana-Maragata. Ver Documento. Libro
Colonia Astorgana-Maragata: Homenaje a D. Andrés Martínez Salazar. La Coruña: Litografía e imprenta Roel, 1920.
Fonte: Biblioteca Digital de Castilla y León.
https://bibliotecadigital.jcyl.es/
Ligazóns de interese
«Contribución al epistolario de Marcial Valladares: dieciséis cartas cruzadas con Andrés Martínez Salazar», artigo de Carlos Santos Fernández en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural. 24 (2021), 189-252
Fonte: A Estrada. Miscelánea histórica e cultural.
http://miscelanea.aestrada.gal
«Martínez Salazar na Coruña. Paseos en agosto XX», na páxina web da Asociación Cultural Alexandre Bóveda
Fonte: Asociación Cultural Alexandre Bóveda.
www.acalexandreboveda.gal
«Andrés Martínez Salazar: el primer cronista fue astorgano», artigo de José Manuel Guitérrez na sección Callejero de La Opinión (A Coruña, 29 de abril de 2009)
Fonte: La Opinión
www.laopinioncoruna.es
«En busca de la ocasión perdida: algunas cartas de Emilia Pardo Bazán a Andrés Martínez Salazar», artigo de Eva Acosta publicado en La tribuna: cadernos de estudos da Casa Museo Emilia Pardo Bazán. 2 (2004), 321- 358
Fonte: Casa Museo Emilia Pardo Bazán.
https://revistalatribuna.gal
Acceso á Documentos gallegos de los siglos XIII al XVI, de Andrés Martínez Salazar. A Coruña: Imprenta de la Casa de la Misericordia, 1911
Fonte: Biblioteca Digital Hispánica. BNE
http://bdh-rd.bne.es
Acceso en liña á obra de Andrés Martínez Salazar Homenaje a La Coruña: memoria sobre erigir un monumento en esta capital a la heroína Mayor Fernández da Cámara Pita. A Coruña: Andrés Martínez, editor, 1891
Fonte: Biblioteca Municipal de Estudos Locais ( A Coruña) / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal
El cerco de La Coruña en 1589 y Mayor Fernández Pita: (apuntes y documentos), de Andrés Martínez Salazar. Acceso en liña á edición de 1889
Fonte: Biblioteca Digital Hispánica. BNE.
http://bdh-rd.bne.es
«Á uno, á otro y á todos», artigo de Martínez Salazar -asinado como A. Marsal- publicado en Galicia. Revista regional. 6 (xuño de 1888), 241-250
Fonte: Universidade da Coruña.
www.udc.gal
Andrés Martínez Salazar na Real Academia Galega
Fonte: Real Academia Galega. https://academia.gal/
Biobibliografía de Andrés Martínez Salazar no DB-e da Real Academia de la Historia, escrita por Luis MIguel de la Cruz Herranz
Fonte: Real Academia de la Historia.
https://dbe.rah.es
Entrada de Andrés Martínez Salazar na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org
Andrés Martínez Salazar en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://datos-abertos.galiciana.gal
Publicacións periódicas
Estudios Gallegos (1915-1916) .
Revista Quincenal de Lenguaje, Fianza y Turismo