Urania Mella Serrano
Vigo, 15/ 11/1889 - Lugo, 26/5/1945Autoría: Eva Vieites
Presidenta da Unión de Mulleres Antifascistas de Vigo
No Vigo dos anos trinta Urania Mella Serrano erixíase como a presidenta da Unión de Mulleres Antifascistas de Vigo, sección española de "Mulleres contra a guerra e o fascismo" creada pola Internacional Comunista tralo triunfo hitleriano en Alemaña. Urania viñera á vida nos albores do século XX, no seo dunha familia de profunda raigame anarquista, filla de Ricardo Mella Cea (periodista, teórico do anarquismo e fundador do Sindicato tranviario en Vigo) e de Esperanza Serrano (filla de Juan Serrano Oteiza, notario anarquista e director da Revista Social).
De familia numerosa, tería doce irmáns, Urania foi educada en valores progresistas, modernos e non relixiosos. Adquiriu unha formación elevada que lle serviu para ser mestra de piano e estudar na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Culta e comprometida socialmente empezou dende moi cedo ensinando a ler e escribir ás mulleres analfabetas na Casa do Pobo. Xa entrados nos anos trinta dirixiu como presidenta a organización feminina española máis importante do momento: a UMA (Unión de Mulleres Antifascistas), que contaba en xullo do 1936 con 50 000 afiliadas en España.
Casada con Humberto Solleiro Rivera e tendo catro pequenos: Humberto, Raúl, Alicia e Conchita, mantivo intactos os seus principios de participación pública ao longo dos anos 20 e 30, inculcándolles ao mesmo tempo as súas máximas de educación laica e toma de contacto cos movementos sociais máis representativos, como era a asistencia ás manifestacións dos primeiros de maio engalanados con garavatas vermellas.
A activa labor de Urania á fronte da UMA veríase truncada coa chegada do golpe militar en xullo do 1936. Ela principalmente era o obxectivo das autoridades rebeldes pola traxectoria progresista dos seus apelidos unida á súa incansable tarefa socio-política dende o barrio de Lavadores.
Despois de fuxir a parella a Redondela nun intento desesperado de salvar as súas vidas, serían detidos e condenados cada un dos dous á pena de morte, sentencia que se cumpriu con Humberto Solleiro Rivera (Presidente da Sociedade Cultural e Deportiva de Lavadores), pero que se conmutou para Urania en doce anos de prisión.
Xa como viúva e deixando catro cativos en Vigo, foi enviada ao cárcere de Saturrarán (en Guipúzcoa) onde estivo presa nove anos. Alí estableceu unha profunda amizade coa primeira alcaldesa da República en Galicia, Mª Purificación Gómez González, coa que compartiu a ardua experiencia do encerro.
Fisicamente esgotada e cun tumor cerebral que levaba anos xestando no presidio, voltou a Vigo para recuperar o afecto da súa familia pero, atopándose un ambiente hostil e pouco afectivo, trasladouse a Lugo co seu fillo Raúl e coa familia de María Gómez. Alí faleceu aos 45 anos, despois de librar duras loitas na súa vida contra o fascismo, o franquismo e finalmente contra a enfermidade. Había un mes que recuperara a liberdade total.

Como citar: Vieites, Eva : Urania Mella Serrano. Publicado o 1/1/2007 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=2546. Recuperado o 21/04/2025
DOCUMENTACIÓN SOBRE
«A mi madre». Poema de Alicia Solleiro Mella. Ver Documento
«A mi madre». Poema escrito no mes de decembro de 2006, por Alicia Solleiro Mella unha das fillas de Urania.
Fragmentos da causa Militar contra Urania Mella e Humberto Solleiro. Ver Documento
Transcripción de fragmentos da causa militar pola que se condena a morte a Urania Mella Serrano e Humberto Solleiro Mella.
Fonte: Proxecto de Investigación Interurniversitario «As vítimas, os nomes, as voces e os lugares». Fondo Solleiro Mella
Ligazóns de interese
Urania Mella en Mulleres e memoria histórica, de Aurora Marco (2007)
[última consulta: 30/06/2021]
Urania mella na wikipedia.
[última consulta: 30/06/2021]