Francisco Zagala
Verín, 1842 - Pontevedra, 1908Autoría: Vítor Vaqueiro
Fotógrafo pioneiro, colaborador asiduo da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra
Esta actividade política discorría de mans dadas coa inserción de Zagala na sociedade do seu tempo. Desta maneira, era constante o seu apoio á quermese que, no mes de agosto, adoitaba organizar a Sociedade Económica de Amigos do País e á que o fotógrafo entregaba contributos dos que se ten constancia escrita polo menos nos anos 1888, 1897, 1900 e 1905. As doazóns consistían en álbums de fotografías realizadas por el mesmo, como Recuerdo de Pontevedra, en vales, trocábeis por retratos de balde, ou en caixas con vistas estereoscópicas, unha técnica e unha visión do mundo —a estereoscopía— que procuraba a tridimensionalidade e que fora moi popular a partir dos anos sesenta do século XIX. A estes quefaceres solidarios podíanse engadir outras funcións que mostran a súa integración no tecido social pontevedrés como, en 1905, a vicepresidencia da Xunta do Recreo de Artesanos, a contadoría da xunta directiva da Cámara de Comercio en 1899 ou a pertenza, en 1903, ao Consello de Administración da Sociedade Cooperativa Cívico-Militar e a función como vogal da Xunta Directiva da Sociedade Cooperativa de Consumos, alén da achega económica para axuda a festas populares.
Como a maior parte dos profesionais da fotografía que traballaron no noso país no século XIX, a actividade de Zagala abanou entre a fotografía de gabinete, virada para o retrato e fornecedora de ingresos económicos, e a de exteriores, de feitío basilarmente documental. A primeira disciplina, Zagala realizouna inicialmente na galería localizada no número 26 da rúa pontevedresa da Peregrina e onde, por volta de 1882, desenvolvía a técnica do ferrotipo, un método que permitía a obtención directa de fotografías sobre unha superficie metálica, procedemento que lembraba o daguerreotipo, aínda que cun custo moi inferior. Con posterioridade, o estudio mudou de local, no ano 1884, instalándose na praza da Estrela, ao predio coñecido como Pazo de Barbeito ou Casa das Caras, nome recibido por mor dos bustos que figuran na fachada do mesmo. O traballo xerado no gabinete deitou notábeis exemplos de retratos individuais ou de grupo, entre os que cumpre subliñar o do xornalista e político Indalecio Armesto (ca. 1891), A familia de Manuel Quiroga (ca. 1896), Juan García vestido de hugonote (1888), Nenas da carroza da Virxe Peregrina (1907), Teucro, Urquín, maceiros e paxes (1888) ou Xogadores de cartas (ca. 1884).
A segunda actividade, a reportaxe de exteriores, será a responsábel de rexistrar as múltiplas facetas que a realidade mostra, quer na cidade, recollendo as perspectivas da vida cotiá ou os recantos arquitectónicos de maior interese, quer na contorna rural. No que atinxe a feitos dos chamados costumeiros débese salientar a documentación da chegada a Pontevedra do primeiro camiño de ferro, en 1884, nunha imaxe que mostra o edificio da estación como pano de fondo da fotografía e, nos primeiros planos, grandes grupos humanos. As mobilizacións sociais fican representadas pola importante manifestación mariña, organizada en xullo do ano 1900, en agradecemento á prohibición legal da arte da traíña. Na demostración, de carácter festivo, participaran máis de 600 embarcacións de numerosos portos das rías de Pontevedra e Vigo, acompañadas de banda de música, estandartes, como o do gremio de mareantes pontevedrés, deputados e personalidades, entre as que sobrancean Montero Ríos, Vincenti, Vázquez Limeses ou José Boente. Con motivo da visita da Infanta Isabel á cidade do Lérez o ano 1906, Zagala tirará as fotografías da aristócrata nas ruínas de San Domingos. As fotografías irán finalmente inseridas nun álbum cuxa portada, miniada, fará o debuxante Alfredo Souto.
No ano 1880 celébrase en Pontevedra a —así chamada— Exposición Rexional, mostra na que Zagala participa, xunto con outros coñecidos fotógrafos instalados no país galego como foron o francés Antoine Avrillon ou o italiano Filippo Prosperi. Na exposición, o fotógrafo verinés expón fotografías da capela da Peregrina, da igrexa de Santa María e da ponte do Burgo. A súa participación neste tipo de certames expositivos vese coroada, en moitas ocasións, polo éxito: no Certame de Artes e Oficios organizado con motivo das festas da Peregrina do ano 1885, obtén unha medalla de prata con acceso a ouro; repetirá este triunfo no mesmo certame do ano 1887, onde se acha presente o deputado Eduardo Vincenti e no que el proprio se encargará de fotografar os participantes nese concurso, ben como a Xunta Organizadora do mesmo. En recoñecemento ao seu labor fotográfico, ten a honra de lle ser concedida a Cruz de Isabel a Católica o ano 1887. Despois da concesión desta medalla, continuará participando en certames, mesmo de natureza popular, como ocorre, en 1895, no Certame de Artes y Oficios que se celebra nos claustros do Instituto Provincial e organiza a Sociedad Protectora del Obrero.
A importancia de Francisco Zagala no panorama fotográfico galego fica confirmada por feitos como o do oferecemento que lle fai, en 1895, o almanaque Bailly-Bailliere. O anuario, que se mergullaba en temáticas do comercio e a industria entre outras, agasallaba cada nova persoa subscritora con dezaoito fotografías de diferentes puntos do Estado español, de América do Sur e central. Na relación figuraban unicamente dous galegos, Sellier e o propio Zagala. A notoriedade a que nos referimos fica confirmada polas fotografías, xa sinaladas, da Infanta Isabel, de Pi i Margall, as colaboracións en La Ilustración Española y Americana fotografando a viaxe inaugural da liña de camiño de ferro de Redondela a Pontevedra e o salón do banquete oficial, paisaxes do río Lérez no lugar d’As Aceñas, diversas paisaxes e pormenores da illa de Cortegada, as colaboracións en Galicia Moderna ou a responsabilidade gráfica do proxecto Edificios, calles y recuerdos pontevedreses.
Na primavera do ano 1901, La Correspondencia Gallega anunciaba nas súas páxinas que o fotógrafo se achaba recuperado da grave doenza que padecera, ao tempo que informaba o feito de Zagala agradecer publicamente a preocupación das persoas pendentes da súa saúde. A enfermidade, de natureza estomacal, que se manifestara mesmo na súa infancia, haberíao de acompañar ao longo de toda a súa vida. Posibelmente este anuncio supuña o comezo do fin, aínda que Zagala practicase, con amigos, saídas de
excursión artísticapara tiraren fotografías, continuando unha tradición que se habería de alongar até a segunda metade do século XX, cando os membros das agrupacións fotográficas galegas continuaban a fomentar esta práctica. Sexa como for, e sempre co motivo latexante desa dura doenza que, finalmente, vai ser a causa da súa morte, Francisco Zagala Pérez falece en Pontevedra o día 27 de agosto de 1908, á idade de sesenta e seis anos.
O seu falecemento mostra o confronto entre o progresismo e a reacción pontevedresa. La libertad, bisemanario republicano, ao día seguinte da morte, publicaba a toda páxina, na primeira, a necrolóxica do falecido, ao tempo que subliñaba a negativa de todos os xornais pontevedreses a informaren da morte do fotógrafo, por Zagala ser soterrado na zona civil do cemiterio de San Mauro. Nesa necrolóxica, o xornal facía unha defensa apaixonada do fotógrafo, ao tempo que subliñaba que, para alén do boicoteo da imprensa de direita, a asistencia ao enterro fora multitudinaria. Efectivamente, na manifestación de dor que se celebra acompañando o morto na derradeira viaxe participaran representantes de todos os partidos políticos e todas as camadas sociais, a excepción, estrañamente, dos membros máis significativos da Sociedad Arqueológica, para a cal Zagala traballara como fotógrafo oficial durante catorce anos, practicamente desde a fundación daquela, realizando numerosos traballos arquitectónicos, arqueolóxicos ou gráficos. A crónica de La Libertad vai ser contestada polo semanario pontevedrés El Progreso, mediante a pluma de ZENILRAM (en realidade ZENITRAM, anagrama de MARTÍNEZ) que, cualificando o falecido como
republicano impenitente, define a imprensa contraria como defensora dunha
pseudo-democracia, cualificando de
falsa toleranciaa practicada polos adversarios políticos e desenvolvendo unha afervoada defensa da Igrexa Católica, a quen define como
una sociedad perfecta.
Após a súa morte, Lorenzo Novás que fora o seu alumno —como o foran Joaquín Pintos ou Bernardo Suárez Cobián— faise cargo do estudio. A viúva de Zagala, Gregoria Yague Herrero, sobrevivirá vinte anos, falecendo no mes de outubro de 1928.
Bibliografía
Bará, Milagros (2015): «La mirada de Francisco Zagala», Diario de Pontevedra. (8 de abril). Ao dispor en: https://www.diariodepontevedra.es/blog/milagros-bara/la-mirada-de-francisco-zagala/20150408213655343291.htlm
Echave Durán, C. (1994): «Francisco Zagala: Notas biográficas». En Echave Durán, C. e Suárez Canal, X.L.: F. Zagala. Fotógrafo (1842-1908. Pontevedra: Museo; 9-20
Hannavy, J. (2008): Encyclopedia of nineteenth-century photography. New York: Routledge.
Landín, P. (1944): «Cuando entró en Pontevedra el Ferrocarril», Finisterre: revista de Galicia mensual ilustrada, (decembro), 5-7 .
Lemagny, J.-C. e Rouillé, A. (1988): Historia de la Fotografía. Barcelona: Martínez Roca.
Valle Pérez, J. C.: «Francisco Zagala», biografía na Real Academia da la Historia, ao dispor en https://dbe.rah.es/biografias/47261/francisco-zagala [consulta: 2023-01-10]
Zenilram (1908): «Sobre la secularización de los cementerios. La voz del sentido común», El Progreso: semanario independiente, ( 6 de setembro), 1 .
Xornais
Diversos exemplares de: Crónica de Pontevedra (anos 1887, 1888), El Áncora: diario católico de Pontevedra (1900), El Combate: semanario republicano (1899, 1900), El Correo de Lugo (1899), El Diario de Pontevedra (1891, 1897, 1900, 1902, 1903, 1906, 1916, 1920, 1925, 1928, 1937), El Eco de Galicia: diario de la tarde (1895), El Eco de Galicia: revista ilustrada y de información de la colonia gallega en Cuba (1928), El Eco de Tambo (1883), El Independiente (1882), El Miño (1899), El Progreso (1928), El Regional, diario de Lugo (1889), Gaceta de Galicia: diario de Santiago (1887), La Correspondencia Gallega (1897, 1899, 1901, 1903, 1905), La Ilustración Española y Americana (1884, 1885), La Libertad (1908), La Monarquía (1895), La tierra gallega: periódico bisemanal de intereses regionales (1895), Noticiero de Vigo (1905)
Como citar: Vaqueiro, Vítor : Francisco Zagala. Publicado o 11/4/2023 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=29205. Recuperado o 12/11/2025
DOCUMENTACIÓN DE
As aceñas do río Lérez. La ilustración española y americana, 27 (22 de xullo de 1885), 40. Os gravados están realizados a partir de fotografías de Francisco Zagala . Ver Documento. Fragmento de publicación impresa
Fonte: Hemeroteca Digital. BNE.
Inauguración do ferrocarril de Redondela a Pontevedra. La ilustración española y americana, 29 (8-8-1884) 13. Os gravados están realizados a partir de fotografías de Francisco Zagala . Ver Documento. Fragmento de publicación impresa
Fonte: Hemeroteca Digital. BNE
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Ensaio sobre a importancia de fotógrafos como Francisco Zagala para a memoria da arquitectura desaparecida en Pontevedra. Ver Documento. Artigo
Fernández Martínez, Carla: «La memoria recuperada. Una aportación al estudio de la arquitectura desaparecida
Fonte: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=4744135 [Descarga: 2023-04-11]
de Pontevedra», LIÑO 20: Revista Anual de Historia del Arte., 20 (2014), 79-88.
Francisco Zagala no Diccionario de fotógrafos españoles: del siglo XIX al XXI . Ver Documento. Artigo
«Francisco Zagala». En Rubio, Oliva María (dir.): Diccionario de fotógrafos españoles: del siglo XIX al XXI . Madrid: La Fábrica; Acción Cultural Española, 2013; 621.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Notas biográficas sobre Francisco Zagala, por Cristina Echave Durán. Ver Documento. Artigo
Echave Durán, M.ª Cristina: «Francisco Zagala: notas biográficas». En F. Zagala: fotógrafo: (1842-1908): [exposición]. Pontevedra: Museo, Deputación Provincial, 1994; 9-19.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Nesta crónica de El progreso o autor, ZENILRAM, cualifica ao fotógrafo falecido como
republicano impenitente. Ver Documento. ArtigoZenilram: «Sobre la secularización de los cementerios. La voz del sentido común», El Progreso: semanario independiente, 51 (6 de setembro de 1908), 1 .
Fonte: Galiciana. Biblitoeca Dixital de Galicia
Número do xornal pontevedrás La libertad dedicado ao pasamento de Francisco Zagala. 154 (6 de setembro de 1908). Ver Documento. Artigo
Fonte: Biblioteca Pública Antonio Odriozola / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=2708 [Descarga: 2023-04-04]
Noticia do pasamento do fotógrafo Francisco Zagala en El diario de Pontevedra. Ver Documento. Artigo
«Los que mueren», El diario de Pontevedra: periódico liberal, 7297 (28 de agosto de 1908), 2.
Fonte: Biblioteca Pública Antonio Odriozolo / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Casto Sampedro, Francisco Zalaga e Luis Sobrino forman parte dos inicios dos estudos do románico na provincia de Pontevedra. Parcitiparon na excursión que a Sociedade Arquolóxica fixo ao mosteiro de Carboeiro o 24 de agosto de 1897. Ver Documento. Artigo
Valle Pérez, José Carlos: «Notas sobre la arquitectura románica en la provincia de Pontevedra», https://www.romanicodigital.com/
Fonte: https://www.romanicodigital.com/ [Descarga: 2023-03-30]
Ligazóns de interese
«Milleiros de fotografías e documentos históricos da cidade de Pontevedra, dispoñibles para a súa consulta na rede», artigo sobre a creación do repositorio atoPo da Deputación de Pontevedra, publicado en Praza Pública, (21 de outubro de 2022)
Fonte: Praza Pública.
https://praza.gal/
Artigo sobre a fotografía post morten en Galicia
Díaz, Héctor: «Imágenes para la eternidad», La Región, (31 de outubro de 2021)
Fonte: https://www.laregion.es/articulo/sociedad/imagenes-eternidad/202110310011501077085.html [Consulta: 2023-02-03]
No transcurso dunha investigación sobre o pazo de Lourizán, Ernesto Vázquez-Rey -investigador da Universidade da Coruña- atopou e datou a imaxe máis antiga do inmoble da que se tiña coñecemento. A fotografía é de Francisco Zafala
Penide, L.: «Localizan a fotografía máis antiga do Pazo de Lourizán», La Voz de Galicia, (13 de xuño de 2020)
Fonte: La Voz de Galicia
O blog Caldas de Reis y los hermanos Salgado recupera as figuras de fotógrafos como Francisco Zagala, F. Prieto Losada, Elías Diez Altable, Varela, Joaquín Pintos, Pacheco, Ksado, Solá , etc.
Fonte: Blog Caldas de Reis y Salgado.
https://caldasdereisysalgado.wordpress.com
Artigo sobre a exposición A cidade e as xentes. Pontevedra na colección Roberto Taboada, que inclúe fotografías de Francisco Zagala
«El Archivo Provincial muestra las imágenes antiguas de Pontevedra de la colección de Roberto Taboada», https://pontevedraviva.com/, ( 14 de decembro de 2016)
Fonte: https://pontevedraviva.com/
Artigo de Milagros Bará sobre o fotógrafo pontevedrés Francisco Zagala
Bará, Milagros: «La mirada de Francisco Zagala», Diario de Pontevedra, (8 de abril de 2015)
Fonte: https://www.diariodepontevedra.es/gl/blog/milagros-bara/la-mirada-de-francisco-zagala/20150408213655343291.html [>Consulta: 2023-04-11]
Sobre a exposición Telón de fondo que reúne de Vigo retratos de estudio de fotógrafos galegos desde 1880 a 1960
Santos, Ágatha de: «Una muestra en Vigo revive la fotografía histórica gallega: Reúne retratos de estudio realizados entre 1880 y 1960 por distintos fotógrafos», Faro de Vigo, (25 de marzo de 2010)
Fonte: Faro de Vigo
Acceso á tese de doutoramento de Virginia de la Cruz Lichet sobre os retratos post-morten en Galicia
Cruz Lichet, Virginia de la: Retratos fotográficos post-mortem en Galicia (siglos XIX y XX). Tese de Doutoramento da Universidade Complutense de Madrid, Facultade de Xeografía e Historia, Departamento de Historia da Arte III (Contemporánea), dirixida por Estrella de Diego e lida o 22 de xaneiro de 2010.
Fonte: https://eprints.ucm.es/id/eprint/11072/ [Consulta: 2023-02-06]
Acceso á publicación Recuerdos de Pontevedra de Francisco Zagala. 1883
Fonte: Minerva. Repositorio institucional da USC.
http://hdl.handle.net/10347/28603
O fotógrafo Francisco Zagala no Diccionario Biográfico da Real Academia de la Historia
Valle Pérez, José Carlos: «Francisco Zagala», DB-e de la Real Academia Española, https://dbe.rah.es/biografias/47261/francisco-zagala
Fonte: Real Academia de la Historia.
https://dbe.rah.es/biografias/47261/francisco-zagala [Consulta: 2023-03-28]
Pioneros de la fotografía
Fonte: CSIC.
https://sitios.csic.es/web/iegps-instituto-de-estudios-gallegos-padre-sarmiento/pioneiros-da-fotografia [Consulta: 2023-03-28]
O fotógrafo Francisco Zagala no Museo de Pontevedra
Fonte: Museo de Pontevedra / Deputación Procincial.
https://atopo.depo.gal/Search/Results?lookfor=Zagala%2C+Francisco&type=AllFields&limit=20&sort=relevance [Consulta: 2023-03-30]
Biografía do fotógrafo Francisco Zagala na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Francisco_Zagala [Consulta: 2023-03-30]



















