Vítor Vaqueiro

----

Vítor Vaqueiro


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Vítor Vaqueiro


Licenciado em Química e doutor em Ciências da Comunicação pola Universidade de Santiago de Compostela. Atualmente em situação de aposentado.
Depois duns começos na atividade fotográfica por volta do ano 1975, iniciou o ensino da foto¬grafia, bem como o seu trabalho profissional neste meio, no ano 1985. Co-funda¬dor do Centro de Estudos Fotográficos (1983) e comissário das primeiras edições da Fotobienal de Vigo, publicou os livros de fotografia Galicia (Vigo, 1990) e Rituais (Compostela, 2000), e também o de pesquisa histórica Pacheco. A memoria dun tempo e dun país (Barcelona, 2002). Expus a sua obra em galerias de Galiza, Portugal, Espanha e França. Dedicado ao estudo de temas relacionados co meio, tem publicado ensaios críticos e históricos em revistas de âmbito galego como Interesarte, Grial ou A Trabe de Ouro, ou internacional, nomeadamente na área da lusofonia, como o Anuário de Comunicação Lusófona. Foi sucessivamente professor de Matemáticas de Ensino Médio, fotógrafo independente e professor de matérias de Fotografia e Cinema na Faculdade de Ciências da Comunicação da Universidade de Santiago de Compostela. A sua obra fotográfica figura no fundo do Museu de Arte Contemporânea de Vigo. Durante o período 2007-2011 foi diretor do Arquivo Pacheco, a maior coleção fotográfica dos séculos XIX-XX de Galiza. Na esfera do jornalismo, colaborou com diferentes meios escritos, exercendo durante mais de uma década como colunista habitual no semanário A Nosa Terra e durante dous anos como coordenador da secção de comunicação da revista mensal Tempos Novos. Na atualidade colabora no jornal digital Sermos Galiza.
Para além da sua atividade fotográfica docente e ensaísta, tem publicados sete livros de poesia, dous de relato curto e duas novelas, bem como obras de temática etnográfica, como Guia da Galiza máxica, mítica e lendaria, ou de divulgação. Co seu poemário Camiño de Antioquía (Ferrol, 1982) ganhou o Premio Esquío de Poesía e com A fraga prateada (Vigo, 1983) o Premio de la Crítica espanhola. A sua tese de doutoramento “A obra fotográfica dos Pacheco no período 1909-1936 a través de duas publicacións viguesas, El Pueblo Gallego e Vida Gallega mereceu o Prêmio Extraordinário de Doutoramento e a sua Mitoloxia de Galiza o Irmandade do Livro.

Publicacións nas que participou Vítor Vaqueiro

Portada de  Carlos Casares
LIBRO-AUDIO

Carlos Casares

A semente aquecida da palabra
Portada de  Rituais
LIBRO

Rituais

Materiais de Vítor Vaqueiro

Documento. Artigo

Artigo de Vítor Vaqueiro sobre Ricard Terré, publicado na revista Grial

Vaqueiro, Vítor: «O acto fotográfico (e poético)». En Grial: revista galega de cultura, 221 (xeneiro-marzo 2019), 135-143.
Documento. Artigo

Ensaio de Vítor Vaqueiro sobre Pacheco na revista Grial

Vaqueiro, V.: «Delincuencia, obxectividade, fotografía, pé de foto, Pacheco», Grial, 159 (xullo, agosto, setembro de 2003), 140-145.
Documento

Biografía de Jaime Pacheco na Enciclopedia Galega

Vaqueiro, V. : «Pacheco, Jaime». En Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Lugo: El Progreso, D.L. 2003; 34 : 134-135.

Biobibliografías para o Álbum de Galicia

Fotografía Llanos

Vigo, 1885 - Vigo, 2012
Saga familiar formada por Francisco Llanos Mas, Francisco Llanos Trápaga e Ángel Llanos González

María Cardarelly

Zaragoza, 1845 - , 1915
Primeira fotógrafa con estudio propio en Galicia

José Gil Gil

Barxa (As Neves, Pontevedra), / 4/1870 - Vigo (Pontevedra), /1937
Fotógrafo e pioneiro do cinema galego

José Veiga Roel

Betanzos, A Coruña, / 11/1894 - Betanzos, A Coruña, 1976
A fotografía como reveladora dunha realidade oculta e o fotógrafo como demiurgo

Ruth Matilda Anderson

Cottonwood State Farm, Nebraska (Estados Unidos), / 9/1893 - Nova York (Estados Unidos), /1983
A fotógrafa estadounidense que amosou Galicia ao mundo

Inocencio Schmidt de las Heras

A Coruña, / 9/1897 - A Coruña, /1975
Un dos grandes representantes da fotografía pictorialista

Francisco Zagala

Verín, 1842 - Pontevedra, 1908
Fotógrafo pioneiro, colaborador asiduo da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra

Pedro Brey Guerra

Rendo, Oca, A Estrada (Pontevedra), / 9/1889 - Rendo, Oca, A Estrada (Pontevedra), /1967
Mestre de escola e retratista da veciñanza estradense

Luis Ksado

Ávila, / 8/1887 - Santiago de Compostela, /1972
As súas imaxes marcan a historia da fotografía galega e definen o país

Ricard Terré

Sant Boi de Llobregat (Barcelona), / 7/1928 - Vigo (Pontevedra), /2009
Fotógrafo da festa e da morte, da alma humana

Jaime Pacheco

Freixo de Espada à Cinta, Tras os Montes (Bragança), 1878 - Vigo (Pontevedra), /1954
Cabeza visible do equipo fotográfico do Estudio Pacheco

Filippo Prosperi

Todi, Perugia (Italia), 1816 - Vigo (Pontevedra), /1899
Da Umbría ás Rías Baixas, do teatro á fotografía

Cándida Otero

Pontevedra, / 10/1846 - Vigo, /1915
Pioneira da fotografía profesional en Galicia