Elena Quiroga
Santander (Cantabria), 26/ 10/1921 - A Coruña, 3/10/1995Autoría: Xosé Ramón Fandiño
Escritora innovadora e independente. Premio Nadal e numeraria da Real Academia Española
A escritora Elena Quiroga, autora dunha extensa obra narrativa coa que xogou un papel clave no auxe da novela española das décadas de 1950 e 1960, xunto a Carmen Martín Gaite, Rafael Sánchez Ferlosio, Ignacio Aldecoa, Ana María Matute e Juan García Hortelano, naceu en Santander, de onde era a súa nai, o 26 de outubro de 1921. Ao quedar orfa de nai alternou temporadas de estancia entre Santander e Viloria (Barco de Valdeorras), de onde era o seu pai, conde de San Martín de Quiroga. Foi a décimo sexta de dezasete irmás e irmáns.
Abandonou a Casa Grande de Viloria aos once anos para realizar os seus estudos entre Bilbao, Barcelona e Roma, onde rematou o ensino secundario. Regresou a Valdeorras en 1938 e tras dúas visitas prolongadas a Barcelona, en 1942 instalouse co seu pai na Coruña, cidade na que con formación autodidacta iniciou a súa carreira literaria e onde coñeceu ao historiador e xenealoxista Dalmiro de la Válgoma, futuro secretario perpetuo da Real Academia da Historia, co que contraeu matrimonio en 1950 e se trasladou a vivir a Madrid.
Elena Quiroga gañou o Premio Nadal en 1950 coa novela Viento del Norte, levada ao cine por Antonio Momplet en 1954. Tras Carmen Conde foi a segunda muller en ingresar na Real Academia Española.
Sempre que lles era posible, o matrimonio pasaba tempadas no pazo de Cea, en Nigrán (Pontevedra). Faleceu na Coruña o 3 de outubro de 1995, cinco anos despois de morrer o seu esposo. Tras o pasamento de Elena Quiroga, a valiosa e erudita biblioteca familiar integrouse no Parlamento de Galicia.
Traxectoria literaria
Aínda que novelista de expresión castelá, a acción de sete novelas de Elena Quiroga sitúase total ou parcialmente en Galicia. E para destacar esta galeguidade, Rafael Lapesa afirmaba que «toda Galicia, de Norte a Sur y de Este a Oeste, paisaje, gentes, alma y vida, se adensa en la obra de Elena Quiroga».
Como novelista estreouse en 1949 coa novela La soledad sonora, preludio do éxito conseguido con Viento del Norte, premio Nadal de 1950, que situou á autora na primeira fila da narrativa do momento. Outros dous escritores galegos gañaron o Premio Nadal: Álvaro Cunqueiro en 1968 coa novela Un hombre que se parecía a Orestes, e Alfredo Conde en 1991 con Los otros días.
Nas novelas Viento del Norte e La sangre, a autora afronta o tema da disolución da baixa nobreza rural e inscríbense nun metaxénero de novela de pazo, iniciado por Benito Vicetto e desenvolvido por Emilia Pardo Bazán, Valle Inclán, Otero Pedrayo e a mesma Elena Quiroga. En palabras de Rafael Lapesa: «Hay naturalismo en Viento del Norte; pero no es el de Zola ni el de La cuestión palpitante, sino íntima comunicación con la tierra, su paisaje, su fauna, su flora, sus gentes, con el viento que la azota y el mar que se le abre; sentimiento de mutua pertenencia a todo ello, y también de raigambre y continuidad; asunción del pasado y voluntad de futuro solidario».
A acción de Viento del Norte desenvólvese nas proximidades de Ortigueira e céntrase no conflito orixinado pola transgresión das barreiras de clase, ao casar o señor, don Álvaro de Castro, cunha das criadas. Marcela atrae sen pretendelo o amor do amo, o señor da Sagreira, 34 anos maior ca ela e de carácter condescendente e paternalista cos seus serventes. Marcela, filla dunha asistenta solteira que a abandona ao pouco de nacer, foi acollida no pazo de don Álvaro co que casa sabendo que vai ser difícil a vida conxugal. Nin Marcela foi capaz de abandonar o seu primitivismo nin don Álvaro soubo asociala aos seus proxectos nin facela partícipe dos seus gustos.
Como contrapunto das figuras de don Juan Manuel de Montenegro de Valle Inclán, ou do marqués de Ulloa de dona Emilia, o señor da Sagreira, que protagoniza Viento del Norte é un intelectual que estuda as medievais peregrinacións a Compostela e mantén a secular continuidade da súa liñaxe que, non obstante, continúa fiel ao sistema social e familiar do pazo no século XX.
De Viento del Norte, considerada por moitos críticos como unha obra mestra, hai unha versión anterior co título Tumbaloureiro, o salvaxe vento do norte, que acada un gran simbolismo na narración. Tumbaloureiro foi presentada ao primeiro premio Bibliófilos Gallegos en 1949, que gañou Carballo Calero coa novela A xente da Barreira e, na prensa da época houbo unha certa controversia sobre se Viento del norte –gañadora do premio Nadal- e Tumbaloureiro –finalista do premio Bibliófilos Gallegos- eran a mesma novela.
Despois de Soledad sonora (1949) e de Viento del Norte (1951), en 1952 sae publicada La sangre, terceira novela de Elena Quiroga, que relata a historia de catro xeracións a través dun carballo plantado nas proximidades da torre principal do Castelo, que é o que narra os acontecementos de catro matrimonios que simbolizan a decadencia dramática da nobreza rural galega e que suceden nun marco temporal moi amplo, desde finais do século XIX ata 1933.
O recurso empregado por Elena Quiroga de utilizar un ser inanimado como protagonista desta novela pona en relación con «La fraga de Cecebre», o primeiro capítulo da novela El bosque animado (1943), de Wenceslao Fernández Flórez.
Viento del Norte e La sangre son, pois, segundo Darío Villanueva: «dúas novelas da Galicia rural e profunda, áspera e tráxica, enfocadas a través do microcosmos articulado en torno a cadanseu pazo, A Sagreira e O Castelo, respectivamente...».
Entre as décadas de 1950 e 1960, a autora de Viento del Norte publicou gran parte das súas novelas, que na maioría dos casos xa non teñen como escenario a Galicia dos pazos señoriais: Trayecto uno (1953), o vivir diario de xente anónima; La otra ciudad (1953), o contraste entre a relixiosidade convencional e a íntima e persoal de Mateo, o protagonista; Algo pasa en la calle (1954), un amor clandestino do protagonista nunha sociedade timorata e excesivamente escrupulosa.
En 1954, co fin de documentarse para escribir unha novela sobre a vida mariñeira, Elena Quiroga alugou un cuarto na casa rianxeira da familia Dieste. Nese domicilio a novelista coñeceu a existencia de Olegaria Dieste, que levaba corenta anos prostrada na cama ao coidado de Elisa Lorenzo, a caseira. Ao parecer o motivo da perda da saúde mental de Olegaria foi a historia dun amor imposible xa que estaba namorada en silencio de Castelao e, ao casar este con Virxinia Pereira, Olegaria recluíuse. Esta historia suscitoulle a Elena Quiroga o argumento para escribir unha novela titulada La enferma, publicada en 1955.
Tamén de 1955 é a publicación de La careta, novela de falsidades vivenciais, á que lle seguen Plácida la joven (1956), relato que trata da morte dunha aldeá de vinte anos ao dar a luz, mentres o marido está en Bos Aires; La última corrida (1958), unha historia taurina.
As novelas dos anos 60, Tristura (1960) e Escribo tu nombre (1965), forman parte dun proxecto unitario e teñen moito de autobiográfico, pois contan a vida desde os 8 aos 16 anos da nena Tadea, posiblemente trasunto da autora, que abandona o ambiente galego no que pasou a primeira infancia co seu pai, e que foi levada a Santander para ser educada na casa da súa bondadosa avoa e cunha intransixente tía. Rafael Lapesa reflexiona sobre a habelencia da autora para perfilar a personalidade de Tadea: «por su creciente ansia de libertad, reprimida en la casa por la vigilancia de la tía y criados, y en el colegio por la rigurosa disciplina, casi gregaria».
Con estas dúas novelas a nena Tadea, a protagonista, percorre os anos da infancia e da adolescencia e remata en xuño de 1936, en vésperas da guerra civil. Se se tivese publicado Grandes soledades, como ideara Elena Quiroga, completaríase a tríloxía da traxectoria de Tadea.
A última novela publicada por Elena Quiroga foi Pasado Profundo(1973), a historia de dúas mulleres suicidas, Daría, panadeira de Gondomar, e Blanca, unha millonaria insatisfeita morta por sobredose.
Coda
Aínda que Elena Quiroga centrou o seu traballo literario na produción novelística, na década de 1960 tamén deu a lume dúas plaquettes poéticas. En 1961 publicou Carta a Cadaqués, un poemario autoeditado dedicado a uns amigos que a acolleron na súa casa para escribir Tristura. E en 1963 Envío al Faramello, con reiteradas referencias a Galicia e a Santiago de Compostela.
Polo valor da súa obra literaria, pola súa orixinalidade e polo dominio da arte de novelar, Elena Quiroga foi merecente de ser designada numeraria da Real Academia Española. Tras Carmen Conde, a escritora foi a segunda muller que entrou na RAE a proposta de Rafael Lapesa, Carmen Conde e Gonzalo Torrente Ballester. Ocupou a cadeira que previamente fora de Pío Baroja e Juan Antonio Zunzunegui. Incorporouse á institución o 8 de abril de 1984 pronunciando un magnífico discurso titulado Presencia y ausencia de Álvaro Cunqueiro, que concluíu expresando que «Y no oculto la serena emoción de haber prestado mi voz a Álvaro Cunqueiro, y que, a través de ella, resonaran en esta casa, de algún modo sus palabras». E tamén recolle Elena Quiroga parte dun escrito de Joaquín Calvo Sotelo publicado no Boletín da Real Academia Española (tomo LXIII, caderno CCXXVIII) referido a Cunqueiro: «Al hablar de escritores bilingües confieso humildemente la parte alícuota de remordimiento que sobre todos pesa por haber dejado extramuros de la Academia aquel fabuloso hombre de letras que se llamó Álvaro Cunqueiro».
Bibliografía
Quiroga, Elena (1984): Presencia y ausencia de Álvaro Cunqueiro: Discurso leído el día 8 de abril de 1984, en su recepción pública por la Excma. Sra. Doña Elena Quiroga y de Abarca. Y contestación del Excmo. Sr. D. Rafael Lapesa Melgar. Madrid: Real Academia Española.
Rei Núñez, Luís (1987): A travesía dun século. Biografía de Rafael Dieste. Ediciós do Castro. Sada.
Villanueva, Darío (2003): «Elena Quiroga». En González Herrán, José Manuel (coord.): Escritores galegos na literatura española. A Coruña: Hércules.
Fernández, Tomás e Tamaro, Elena (2004): «Biografía de Elena Quiroga». En Biografías y vidas, La enciclopedia biográficas en línea https://www.biografiasyvidas.com/biografia/q/quiroga_elena.htm
Alonso Montero, Xesús (2012): «Castelao e Olegaria Dieste», La Voz de Galicia, (28 de xeneiro de 2012).
Villanueva, Darío (2022): «Elena Quiroga: Memoria de una académica novelista», Boletín de Información Lingüística de la Real Academia Española, Madrid.
March,, Katleen (s/d): «Quiroga Abarca, Elena». En Gran Enciclopedia Gallega. Santiago de Compostela, Xixón: Silverio Cañada, [s. d.]; tomo XXV.
Galdona Pérez, Rosa Isabel (s/d): «Elena Quiroga de Abarca». Madrid: Real Academia de la Historia: https://dbe.rah.es/biografias/10566/elena-quiroga-de-abarca
Como citar: Fandiño, Xosé Ramón : Elena Quiroga. Publicado o 29/11/2023 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=3242. Recuperado o 21/01/2026
DOCUMENTACIÓN DE
Entrevista a Elena Quiroga, por María Pilar Comín. Ver Documento. Entrevista
Comín, María Pilar: «Elena Quiroga, próxima aparición de su novela Plácida la joven, elegía a una mujer de campo: la acción y la obra, en Galicia: [entrevista]», El Correo gallego: diario político de la mañana, 25844 (novembro de 1956), 8.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Elena Quiroga desmente nesta entrevista con Manuel Fraga de Lis que presentara a novela Viento del norte ao premio Bibliófilos Gallegos co título de Tumba loureiros. Ver Documento. Entrevista
Fraga de Lis, Manuel: «Carta de Madrid: Para nosotros hable Elena Quiroga: el ambiente gallego, primer protagonista de Viento del Norte», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 4092 (17 de xaneiro de 1951), 5.
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola / Galiciana. BIblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Entrevista de Victoria Armesto a Elena Quiroga en La Noche. Ver Documento. Entrevista
Fernández-España, M.ª Victoria: «Al habla con una escritora gallega: Elena Quiroga está satisfecha del éxito obtenido por su novela», La Noche: único diario de la tarde en Galicia, 8840 (22 de setembro de 1949), 6.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Patricia Arias Chachero publica na revista Grial unha revisión da obra de Elena Quiroga. Ver Documento. Artigo
Arias Chachero, Patricia: «Elena Quiroga Abarca», Grial, 210 (abril-xuño de 2016), 104-109.
Fonte: Editorial Galaxia. Hemeroteca Grial
Estudo sobre La careta, obra de Elena Quiroga. Ver Documento. Artigo
Corujo Martín, Inés: «La voz femenina en los márgenes de la posguerra española: matricidio y transexualidad narrativa en La careta de Elena Quiroga», Cuadernos de Aleph, 8 (2016), 13-33.
Fonte: Asociación El Aleph.
www.asociacionaleph.com
Estudo sobre a educación feminina e masculina a través da obra de Elena Quiroga, por Maja Zovko. Ver Documento. Artigo
Zovko, Maja: «Educación femenina y masculina a través de la narrativa de Elena Quiroga», Itinerarios: revista de estudios lingüisticos, literarios, históricos y antropológicos, 412 (2011), 223-238.
Fonte: Instituto de Estudios Ibéricos e Iberoamericanos / Dialnet.
http://iberystyka.uw.edu.pl/
Artigo de Juan Luis Alborg sobre a obra literaria de Elena Quiroga. Ver Documento. Artigo
Alborg, Juan Luis: «Autores para adultos: Elena Quiroga», Boletín de la Dirección General de Archivos y Bibliotecas, 51 (7 de setembro de 1959), 60.
Fonte: Dirección General de Archivos y Bibliotecas / Biblioteca Nacional. Hemeroteca Digital.
https://hemerotecadigital.bne.es/
Artigo de Borobó sobre o encontro en Rianxo de Xesús Carro e Elena Quiroga. Ver Documento. Artigo
Borobó: «Anacos: encuentro de Rianxo», La Noche: único diario de la tarde en Galicia, 9719 (22 de abril de 1952), 6.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Entrevista a Otero Pedrayo sobre a novela de Elena Quiroga Tumba loureiro, presentada ao premio Bibliófilos Gallegos. Cunha versión desta novela, titulada Viento del norte, gañaría o Premio Nadal en 1951. Ver Documento. Entrevista
Jareal: «Una opinión de peso sobre el tema literario de actualida: la novela del Premio Nadal y la de Bibliófilos Gallegos [Entrevista a Ramón Otero Pedrayo]», El Correo gallego: diario político de la mañana, 24562 (10 de xaneiro de 1951), 5.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Estudo de J.P. Martín Villarreal sobre Presente profundo de Elena Quiroga. Ver Documento. Artigo
Martín Villarreal, Juan Pedro: «Tensiones suicidas en la obra de Elena Quiroga. Un acercamiento a Presente profundo (1973)», Centro Virtual Cervantes. DOI: http://dx.doi.org/10.12795/CAUCE.2020.i43.08
Fonte: Centro Virtual Cervantes
https://cvc.cervantes.es3
Ligazóns de interese
Noticia sobre a reedición da novela Viento del Norte de Elena Quiroga en infobae.com
Fonte: infobae.com
«Elena Quiroga, la escritora hija de un conde que no quiso ser famosa», artigo de Charo Lagares na edición dixital de Vanity Fair. (22 de xullo de 2023)
Fonte: Vanity Fair
Viento del norte en Tertuliabms: Tertulia literaria de la biblioteca municipal de Santander. 1 de xaneiro de 1922
Fonte: Tertulia iteraria de la biblioteca municipal de Santander.
https://tertuliabmls.wordpress.com
«La literatura de posguerra en el cine español (5). Viento del norte (Antonio Momplet, 1954)», artigo de Rafael Nieto Jiménez no Centro Virtual Cervantes. 18 de outubro de 2017
Fonte: BIblioteca Virtual Cervantes.
https://cvc.cervantes.es
Acceso en liña ao artigo «Actualidad de Elena Quiroga», de Gregorio Torres Nebrera, publicado en Monteagudo: revista de literatura española, hispanoamericana y teoría de la literatura. 18 (2013), 267-270
Fonte: Universidad de Murcia.
http://hdl.handle.net/10201/44756
«Presencia y ausencia de Álvaro Cunqueiro», discurso de ingreso de Elena Quiroga na Real Academia Española. 8 de abril de 1984
Fonte: Real Academia Española
Entrada biobibliográfica da escritora Elena Quiroga na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Elena_Quiroga
Biobibliografía de Elena Quiroga no DB-e da Real Academia de la Historia, por Rosa Isabel Galdona Pérez
Galdona Pérez, Rosa Isabel: «Elena Quiroga de Abarca», dbe.rah.es/biografias
Fonte: Real Academia de la Historia
Elena Quiroga, académica de número da RAE
Fonte: Real Academia Española
A escritora Elena Quiroga na Biblioteca Nacional
Fonte: BNE
Espazo web de Elena Quiroga no Centro de Información Documental de Archivos (CIDA)
Fonte: Ministerio de Cultura y Deportes.
Centro Centro de Información Documental de Archivos (CIDA)
Elena Quiroga no portal escritoras.com
Fonte: escritoras.com
Videos
100 anos do nacemento de Elena Quiroga
Fonte: Bibliotecas Municipais da Coruña / Youturbe
Conferencia lectura sobre Elena Quiroga
Fonte: Biblioteca Central de Cantabria / Youtube
«Elena Quiroga de nuevo en la RAE», homenaxe no centenariodo nacemento da novelista, a segunda muller en ocupar unha cadeira na Real Academia Española
Fonte: Real Academia Española / Youtube
Fragmento da película Viento del norte, de Antonio Momplet. 1954
Fonte: Gaspar de Jáuregui / youtube.com










![Cuberta de <cite>Trayecto uno</cite>, de Elena Quiroga. 1953 [[Madrid: s.n., 1953] (Imp. Prensa Española)](../../mediateca/extras/CCG_adg_Elena_Quiroga_012.jpg)





