Manuel Quiroga
Pontevedra, 15/ 4/1892 - Pontevedra, 19/4/1961Autoría: Sergio Sieiro
Unha das grandes figuras mundiais do violín de principios do século XX
Falar de Manuel Quiroga significa facelo dunha das grandes figuras mundiais do violín de principios de século XX. Non só estamos ante o dedicatario, entro outras pezas, da famosa Sonata op. 27 nº 6 de Ysaÿe, senón ante un dos únicos tres violinistas españois que gañaron o Premio Fin de Carreira no Conservatorio Nacional Superior de Música de París. Cunha carreira brillante por todo o mundo e en especial en América, Quiroga faise co respecto e a admiración dos diferentes públicos ata que na plenitude da súa carreira sofre un atropelo que lle fará perder a mobilidade no brazo dereito. Refuxiarase na pintura mentres a súa saúde e a súa economía se van vendo deterioradas ata que morre no ano 1961.
A gravación que presentamos aquí pertence ao seu período de madurez. Nas gravacións desta época destaca a súa axilidade, a súa perfecta entoación e a claridade tanto en harmónicos coma en dobres cordas.
Le Ronde des Lutins op. 25 de Bazzini foi unha das pezas máis interpretadas polo xenial pontevedrés, e estamos anta a única peza que gravou dúas veces (ámbalas dúas coa súa muller Marta Leman ao piano). Nela destacamos a claridade na execución do ricochet (exemplo: dende 0:30 ata 0:41) así como nos pizzicatos de man esquerda (0:48, 0:51 ou 2:50 ata 3:00) e a dicción nos harmónicos (escoitar do 1:03 ao 1:05).
A “broma fantástica para violín con acompañamento de piano” de Bazzini esixe o máximo do intérprete e é famosa por térense que tocar a mesma nota (Fa e Mi) nas catro cordas do instrumento tendo que dar o intérprete saltos “sen rede” (escoitas coma exemplo dende 0:40 ata 0:56).
Sirva como acicate esta breve e fermosa peza para achegarse a un dos galegos máis universais de todos os tempos.
Máis información: Ouvirmos

Como citar: Sieiro, Sergio : Manuel Quiroga. Publicado o 4/5/2011 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=3247. Recuperado o 21/04/2025
Audios
Le ronde des Lutins, op. 25
Publicacións periódicas
Aviso Listado automático de documentación relacionada con Manuel Quiroga nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
Irmandade, A (1993-) .
Revista socio-cultural de la Hermandad Gallega de Venezuela
Artigos Manuel Quiroga
Aviso Listado automático de documentación relacionada con Manuel Quiroga nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
QUIROGA, M. (6/1926) Manolo Quiroga | Céltiga. 1ª (36), 17.
QUIROGA, M. (7/1926) TERRA!! A NOSA!! | Céltiga. 1ª (37-38), 74-76.
QUIROGA, M. (8/1926) Emigrantes celtas | Céltiga. 1ª (39), 12-13.
QUIROGA, M. (8/1926) «Señora Marta Lemán de Quiroga» | Céltiga. 1ª (40), 11.
Libros do ccg sobre Manuel Quiroga
Aviso Listado automático de documentación relacionada con Manuel Quiroga nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
Manuel Quiroga Losada.
2011 | Carlos Cambeiro, Autoría.
O gran violinista galego do século XX