Manuel Quiroga Losada (1892-1961), unha das figuras fundamentais do violinismo do primeiro terzo do século XX, verá truncada a súa carreira internacional por mor dun accidente ocorrido o oito de xuño de 1937 en Nova York. Artista polifacético, sobresairá, así mesmo, nos campos da composición e das artes plásticas.
Este estudo ten como obxecto contribuír á recuperación e recoñecemento do grande artista, especialmente a súa faceta de compositor, devolvéndoo ao lugar que, por dereito propio, lle corresponde dentro do panorama da música. Con este prop&oeacute;sito, esta obra compendia e contextualiza a súa biografía, analiza os aspectos musicolóxicos e cataloga a obra do músico e compositor, o que permite acceder con facilidade ás fontes manuscritas e editadas, así como aos seus incipits musicais.

Título Manuel Quiroga Losada
O gran violinista galego do século XX
Autoría Carlos Cambeiro
Epílogo Enrique Jiménez Gómez
Música. Composición Manuel Quiroga Losada
Obxecto de estudo Manuel Quiroga Losada
Presentación Ramón Villares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2011
Edición 1ª edición
Descrición física 328 p.: fot.; 24 cm.
ISBN 978-84-92923-30-4
Depósito Legal PO 692-2011
CCG. Signatura CCG 2011 398
Url externa Catálogo RBG
Colección Autores & textos
Materias
Áreas
Código QR
qr code