Francisco Javier Río Barja
Lugo, 17/ 11/1919 - Santa Cruz de Tenerife (Canarias), 5/1/2011Autoría: Xosé Ramón Fandiño
Unha vida dedicada ao estudo e á didáctica da xeografía de Galicia
Superado o bacharelato matriculouse na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela. Cinco anos de intenso estudo sen máis estímulo que poder acadar o obxectivo da licenciatura, que logrou en 1942. Necesario é recordar que a Universidade de 1939, que foi o ano en que Río Barja ingresou nela, era unha Universidade superficial, preocupada case exclusivamente por poñer en marcha o proceso depurador do profesorado comprometido co ideario educativo da República. Unha Universidade envilecida e desmouchada, en definición de Laín Entralgo no seu Descargo de conciencia, na que, ademais, a Xeografía non era considerada unha ciencia, senón unha disciplina auxiliar da Historia e cunha presenza lectiva mínima na carreira de Filosofía e Letras.
Aínda así, a vocación de Río Barja pola Xeografía seguiu intacta e, xa graduado, aceptou a proposta de dar clase nun colexio de Viveiro coa decidida intención de adquirir práctica docente e, de xeito autodidacta, dedicarlle moitas horas ao seu estudo. Xa debidamente formado regresou a Santiago e integrouse, como profesor adxunto de Xeografía, na Facultade da que fora alumno. Coa súa incorporación ao claustro universitario, por primeira vez nas aulas compostelás as clases de Xeografía superaron a tradicional enumeración de lagos e ríos, de cabos e golfos, de países e cidades pechadas en si mesmas e contémplanse os fenómenos xeográficos como froito da interacción de factores moi diversos ao longo da historia e como resultado da dialéctica natureza/home a través do tempo, unha obra sempre inacabada, froito do pasado e porta do futuro, a expresión de forzas que van crecendo e decrecendo sen parar.
Así as cousas, en 1950 produciuse un efecto óptico polo que semellaba que a luz do sol florecía novamente. Ese ano retorna ás aulas como catedrático de Xeografía da Universidade galega Ramón Otero Pedrayo, un proscrito do réxime que fora separado da súa cátedra de Ensino Medio en Ourense. A tríade ourensá da xeración Nós formada por Pedrayo, Risco e Cuevillas, para darlle apoio científico ao nacionalismo historicista que practicaban, decidiu racionalizar o traballo de definir a especificidade de Galicia. Con esa división, Risco dedicouse a estudar o home, Cuevillas as orixes máis remotas e Pedrayo a terra como condicionante e moldeadora da cultura e da historia.
Impulsado por Otero Pedrayo, Río Barja doutorouse en Madrid en 1953 e entrou en contacto coa escola rexionalista francesa de Vidal de la Blanche que preconizaba o estudo das individualidades xeográficas,
comarcasdiriamos hoxe. Participa das inquedanzas do grupo Galaxia e publica na Revista de Economía de Galicia os resultados das súas investigacións sobre as comarcas naturais, sobre todo do val da Maía e da Terra Cha, sobre a que versou a súa tese de doutoramento e coa que tan enraizado se sentía. As mesmas preocupacións advírtense nunha serie de traballos, na súa maioría memorias de licenciatura, elaboradas baixo a súa dirección, e que tamén viron a luz na Revista de Economía de Galicia. O maior interese dos mesmos reside na visión que nos dan do estado no que se atopaba o campo galego a finais da década dos cincuenta e primeiros anos sesenta, cando apenas se esbozaban as profundas transformacións que o afectan na actualidade. Por estas mesmas datas estaba a elaborar as fichas da tan útil Bibliografía de xeografía económica de Galicia, obra publicada por Galaxia en 1960, aínda hoxe non superada. Dirixiu e organizou desde a Universidade de Santiago de Compostela diversos traballos de investigación así como memorias de licenciatura sobre temas fundamentais de economía galega.
Eclipsouse o espellismo e as cousas volveron estar como estaban: falta de medios e de bibliografía para poder adaptarse aos avances e ás novas teorías, sobre todo no campo da xeografía física, e para Río Barja sen perspectivas de que lle convocasen oposicións que lle permitisen consolidar a súa carreira profesional. Para remediar esta situación opositou e converteuse en catedrático de Xeografía e Historia da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de E.X.B. desde 1954 e director da mesma de 1975 a 1984, actividade que lle resultou tremendamente gratificante porque, segundo as súas propias palabras, atopou o que buscaba: formar futuros formadores e poder aplicar a didáctica da xeografía activa que a el tanto lle gorentaba. Fala e non para o seu alumnado, tanto da Facultade de Letras coma de Maxisterio, das calidades didácticas do profesor Río Barja, do efecto hipnótico das súas explicacións, da súa palabra fácil, pletórica de emoción e de propiedade, cun estilo lanzal e airoso, axudado polo seu porte atlético que conseguiu coa práctica do ciclismo na mocidade lucense, o ascenso diario ao monte Pedroso en Santiago e, sobre todo, polo submarinismo que practicou ata que os oftalmólogos llo desaconsellaron.
Río Barja tamén exerceu como profesor da antiga Escola de Mestría Industrial e para clarexar as preguntas claves que ten a xeografía, baixo o patrocinio do Instituto de Ciencias da Educación (USC), organizou e dirixiu moitos traballos de perfeccionamento e nas fins de semana percorreu os lugares e vilas de Galicia impartindo cursiños aos mestres de EXB, intentando que a xeografía pasase de ser un esforzo memorístico a convertese nun estudo de dedución e de descuberta do entorno. Unha experiencia concretada no libro Didáctica da Xeografía (Galaxia, 1981) moi en consonancia cos movementos de renovación pedagóxica, como o de Escola Aberta en Galicia ou Rosa Sensat en Cataluña e a realización de diversos mapas en relevo, pero como a xeografía non só se fai coa cabeza, senón tamén cos pés de viaxeiro, o profesor Río Barja, despois de dividir Galicia en 15 rexións morfolóxicas, colleu a mochila e cun equipo de Televisión de Galicia en colaboración co Consello da Cultura Galega realizou unha serie de documentais sobre as rexións naturais galegas, que é a base tamén do libro Galicia, esa descoñecida (Hércules Eciones, 1999): a Rasa Cantábrica, o Magnus Sinus Artabrorum, o Arco Fisterrán, as terras do Tambre, as Rías Baixas, o canal tectónico da Ulloa, as antigas superficies de erosión da Terra Cha, a vea de auga do Sil, do Miño e as concas do Limia e do Támega, as terras de Viana, o sistema montañoso das serras dos Ancares e o Courel.
A súa ampla produción bibliográfica abarca diversas especialidades: Xeografía física: «El perfil longitudinal del río Xallas» (Boletín de la Universidad Compostelana, n.º 64, 1956); Los estudios climatológicos de Galicia desde el punto de vista de la Geografía (Santiago de Compostela, 1964); Estudios sobre las zonas de aridez de Galicia (USC, 2017); Xeografía humana: «Estudio Sociolóxico del nivel de la población en Galicia; la población de A Coruña. Estudio demográfico»; Xeografía Descriptiva: «Estudio económico del Valle de la Mahía» (Revista de Economía de Galicia, n.º 3); «La comarca natural de Tierra Llana de Castro de Rei» (Revista de la Universidad de Madrid, 1954); «Cuestionario para el estudio de las comarcas naturales» (Revista de Economía de Galicia, n.º 1, 1958); «La vivienda rural en el alto Miño»; «Notas para el estudio de la economía ganadera de la Terra Cha» (Revista de Economía de Galicia, n.º 25); «Nuevo plan de estudios de las comarcas naturales de Galicia: Evolución agraria en un municipio de la Meseta Lucense» (Cuadernos de Estudios Gallegos, XXIV, 1969); Aplicaciones prácticas de geografía general para profesores de EGB (USC. Instituto de Ciencias de la Educación, 1980); Cartografía xurisdicional no século XVIII (Consello da Cultura Galega, 1990), etc.
Río Barja formou parte da Real Academia Galega como membro correspondente desde 1962 e, a proposta de Ramón Piñeiro, Manuel Chamoso Lamas e Antonio Fraguas, como membro numerario desde o 25 de xuño de 1983, data na que leu o discurso de ingreso Interpretación xeográfica da paisaxe compostelana, que foi contestado en nome da institución por Antonio Fraguas Fraguas.
Foi membro do Consello Económico do Noroeste, director do Instituto de Estudos Galegos desde 1981 a 1994, membro do Plenario do Consello da Cultura Galega desde 1983 a 2011 e director da sección de xeografía da Gran Enciclopedia Gallega.
O seu labor viuse recoñecido con diferentes distincións entre as que cómpre salientar o Premio Valle Inclán e o Alfredo Brañas do Centro Galego de Bos Aires, o Primeiro Premio do Departamento de Seminarios de Lugo, o Premio Ramón Mourente de Xornalismo, o Premio Trasalba en 1995, a Medalla Castelao en 1996, o Premio das Letras e das Artes 2001 ou o Premio Otero Pedrayo concedido polas deputacións provinciais de Galicia e o Pedrón de Ouro en 2007.
O profesor Río Barja faleceu gozando dunha viaxe de recreo en Gran Canaria en 2011 e as súas cinzas foron ciscadas no Pedregal de Irimia como homenaxe ao nacemento do río Miño.
Como citar: Fandiño, Xosé Ramón : Francisco Javier Río Barja. Publicado o 31/1/2024 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=3347. Recuperado o 21/01/2026
DOCUMENTACIÓN DE
Relatorio de Río Barja no Simposio Internacional Otero Pedrayo e a Xeografía de Galicia. Consello da Cultura Galega, 1989. Ver Documento. Artigo
Río Barja, Francisco J.: «Mapa de las jurisdicciones de la provincia de Ourense en el siglo XVIII». En Actas do Simposio Internacional Otero Pedrayo e a xeografía de Galicia. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 1989; 25-64.
Fonte: Consello da Cultura Galega.
Discurso de ingreso de Francisco Javier Río Barja como membro numerario da Real Academia Galega. Ver Documento
Río Barja, Francisco Xavier: Interpretación xeográfica da paisaxe compostelana: discurso lido o día 25 de xuño de 1983, no acto da súa recepción, polo Ilustrísimo Señor Don Francisco Xavier Río Barja e resposta do Excelentísimo Señor Don Antonio Fraguas. A Coruña: Real Academia Galega, 2005. (Discursos de ingreso).
Fonte: Real Academia Galega.
Prólogo de Río Barja á obra de Lucas Labrada Descripción económica del Reino de Galicia. Ver Documento. Artigo
Río Barja, Francisco J.: «Prólogo». En Labrada, Lucas: Descripción económica del Reino de Galicia. Vigo: Galaxia, 1971; (Os Precursores); IX-XXIX.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Primeira entrega dunha colaboración de Río Barja sobre a Terra Cha no último número da revista Vieiros. Ver Documento. Artigo
Río Barja, Francisco J.: «Notas sobre os núcreos urbáns da Terra Chá», Vieiros: revista do Padroado da Cultura Galega do México, 4 (21 de marzo de 1968), 74.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana. https://biblioteca.galiciana.gal
Salvador Lorenzana entrevista ao profesor Río Barja. Ver Documento. Artigo
Salvador Lorenzana [Francisco Fernández del Riego]: «Entrevista co Prof. Río Barja», Galicia emigrante, 32 (1958), 5-6.
Fonte: Consello da Cultura Galega.
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Lembranza de Río Barja por Francisco Rodríguez Lestegás, no Boletín da Real Academia Galega. Ver Documento. Artigo
Rodríguez Lestegás, Francisco: «Francisco Javier Río Barja: xentileza e maxisterio», Boletín da Real Academia Galega, 373 (2012), 425-428.
Fonte: Real Academia Galega / Dialnet
https://dialnet.unirioja.es/
O pasamento de Francisco Río Barja na revista Grial. Ver Documento. Artigo
«Adeus a Río Barxa», Grial: revista galega de cultura, 190 (abril-xuño de 2011), 10.
Fonte: Editorial Galaxia. Hemeroteca da revista Grial>.
https://editorialgalaxia.gal/revista-grial/
Biografía de Francisco Río Barja por Nara Borrajo. Ver Documento. Artigo
Borrajo Borrajo, Genara: «Francisco Javier Río Barja: a poesía dos ríos galegos», Eduga: revista galega do ensino, 59 (2010).
Fonte: Eduga / Dialnet
https://dialnet.unirioja.es/
Loanza a Río Barja e Leopoldo Novoa, premios Pedróns de Ouro e de honra 2007.
Fandiño Veiga, Xosé Ramón: «Serventesio de loor aos Pedróns de Ouro e honra 2007: Río Barxa e Leopoldo Nóvoa», A Trabe de ouro: publicación galega de pensamento crítico, 72 (2007), 133-141.
Fonte: A Trabe de ouro / Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Biobibliografía de Francisco Javier Río Barja na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Ver Documento. Artigo
García Iglesias, José Manuel et al.: «Río Barja, Francisco Javier». En: Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. XXXVIII: rar-rodi. Lugo: El Progreso, DL 2003; 210.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Neste artigo, sobre o ensino da Xeografía na Universidade, a profesora Pilar de Torres Luna réndelle unha homenaxe a Francisco Javier Río Barja. Ver Documento. Artigo
Torres Luna, María Pilar de: «Consideraciones sobre la docencia universitaria en Geografía», Adaxe>/cite>, 3 (1987), 91-101.
Fonte: Universidade de Santiago de Compostela. Repositorio Minerva.
http://hdl.handle.net/10347/338
«Anaco» de Borobó dedicado a Río Barja. Ver Documento. Artigo
Borobó: «Anacos: Híbrido económico», La Noche: único diario de la tarde en Galicia, 12867 (5 de marzo de 1963) 1-2.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Artigo sobre a publicación, pola editorial Galaxia, da obra Bibliografía de geografía económica de Galicia en 1960. Ver Documento. Artigo
Suárez Serantes, Manuel: «Índice galaico: Francisco Javier Río Barja en primer plano», El Correo gallego: diario político de la mañana, 27069 (13 de setembro de 1960), 4.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Ligazóns de interese
Acceso aos vídeos da serie documental, dirixida por Francisco Río Barja, Xeografía galega. A serie foi producida en 2014 por Televisión de Galicia (TVG), Hércules de Edicións e o Consello da Cultura Galega
Fonte: Consello da Cultura Galega. AVG.
https://culturagalega.gal/avg
«As cinzas do profesor Río Barja repousan xa no Pedregal de Irimia», artigo na edición dixital de El Progreso, (3 de xuño de 2011)
Fonte: El Progreso.es
Noticia da homenaxe do Consello da Cultura Galega ao xeógrafo, catedrático e escritor Francisco Río Barja, un dos fundadores da institución e membro do seu Plenario desde 1983 ata 2010
Fonte: Consello da Cultura Galega
Artigo no xornal dixital da USC sobre o acto homenaxe en memoria do profesor Francisco Javier Río Barja celebrado no Consello da Cultura Galega. (23 de febreiro de 2011)
Fonte: Universidade de Santiago de Compostela.
https://www.usc.gal
«Río Barja», artigo de Eduardo Pardo de Guevara na edición dixital de El Correo Gallego, (14 de xaneiro de 2011)
Fonte: El Correo Gallego
«Reconocimientos unánimes a la figura de Río Barja», información sobre o pasamento do xeógrafo na edición dixital de El Correo Gallego. (06 de xaneiro de 2011)
Fonte: El Correo Gallego
«Río Barja y Leopoldo Nóvoa, Pedrón de Ouro y de Honra», na edición dixital de El Correo Gallego, (20 de maio de 2007)
Fonte: El Correo Gallego
«Francisco Río Barja recibe o Premio Otero Pedrayo 2007 na Deputación de Lugo», noticia na páxina web da Deputación de Lugo, (1 de novembro de 2006)
Fonte: Deputación de Lugo.
Historia do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, de 1944 a 2004
Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo (dir.): O Instituto de Estudos Galegas «Padre Sarmiento»: Sesenta anos ó servicio de Galicia (1944- 2004). Santiago de Compostela: CSIC, Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (IEGPS), 2005. http://hdl.handle.net/10261/225007
Fonte: CSIC.
https://digital.csic.es/handle/10261/225007
«Francisco Río Barja recibiu o Premio das Letras e das Artes de Galicia 2001», artigo de Xosé María Palmeiro na edición dixital de La Voz de Galicia, (17 de maio de 2001)
Fonte: La Voz de Galicia
Entrada biobibliográfica de Francisco Javier Río Barja na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/
«Biografía del río Miño», conferencia de Francisco Javier Río Barja no ciclo ´Conferencias sobre el río Miño, de Caixa Ourense
Fonte: Caixa Ourense.
https://ourense-natural.es/biografia_rioMino.pdf
Francisco Javier Río Barja foi director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento entre 1981 e 1994
Fonte: https://iegps.csic.es/gl/iegps-gal/historia-gal/
Francisco Javier Río Barja, membro da Real Academia Galega, na páxina web da RAG
Fonte: Real Academia Galega
Videos
Parque dedicado a Francisco Javier Río Barja, no concello de Meira (Lugo)
Fonte: Fran Lorenzo / YouTube.com
«As Terras do Ulla», vídeo da sería Xeografía galega, dirixida por Río Barja
Fonte: Consello da Cultura Galega / YouTube.com
«O Miño Medio», vídeo da sería Xeografía galega, dirixida por Río Barja
Fonte: Consello da Cultura galega / YouTube.com
Artigos Francisco Javier Río Barja
ÁLVAREZ BLáZQUEZ, E. ÁLVAREZ BLáZQUEZ, X. BEIRAS, X. BOUZA BREY, F. CARBALLO CALERO, R. CARRé ALVARELLOS, L. CASARES, C. CHAMOSO LAMAS, M. DóNEGA, M. FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. FERNáNDEZ LóPEZ, A. PENZOL, F. FERREIRO, C. FOLE, Á. FRAGUAS, A. FRANCO GRANDE, X. GARCíA DOMíNGUEZ, "BOROBó", R. GARCíA-SABELL, D. GóMEZ ROMáN, M. ISLA COUTO, X. LORENZO FERNáNDEZ, X. LUGRíS, R. RISCO, V. MARTíNEZ-RISCO Y MACíAS, S. MASIDE, X. NAYA PéREZ, J. OTERO PEDRAYO, R. PARGA PONDAL, I. PIñEIRO, R. RíO BARJA, F. SACO, C. SIXTO SECO, A. VIñAS CORTEGOSO, L. SANTIAGO, S. ISLA COUTO, R. GARCíA BODAñO, S. FERRO COUSELO, M. LóPEZ CASANOVA, A. (7/1963) Mensaxe dos intelectuais galegos a don Manoel Puente | Orientación Gallega. 1ª (14), 3.
Libros do ccg sobre Francisco Javier Río Barja
As augas de Galicia.
1996 | Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Coordinación.
Os ríos galegos.
1995 | Francisco Javier Río Barja, Autoría. Francisco Rodríguez Lestegás, Autoría.
Morfoloxía e réxime
Cartografía Xurisdiccional de Galicia no Século XVIII.
1990 | Francisco Javier Río Barja, Autoría. V. Magdalena Vidal, Colaboración.
Actas do Simposio Internacional Otero Pedrayo e a xeografía de Galicia.
1989 | Julio Hernández Borge, Coordinación. María Pilar de Torres Luna, Coordinación. María Luisa Pérez Fariña, Coordinación.














