Con motivo do primeiro centenario do nacemento de D. Ramón Otero Pedrayo, o Consello da Cultura Galega celebrou unha serie de simposios sobre o señor de Trasalba. Estas actas recollen os textos presentados no Simposio Internacional Otero Pedrayo e a xeografía de Galicia , celebrado en Santiago de Compostela , do 16 ao 18 de xuño de 1988.