María Luisa Pérez-Soba
Burgos, 29/ 6/1930 - A Coruña, 8/2/2021Autoría: María Isabel Fernández García
Autoría: Esther Gómez Fórneas
Primeira Doutora en Enxeñería Agrónoma en Galicia
Comezou os estudos de primaria no colexio San Xosé Madres Xosefinas da Coruña e fixo o bacharelato e o preuniversitario no Colexio do Sagrado Corazón de Placeres (Pontevedra), onde fora matriculada cando, con doce anos, perdeu á súa nai.
Rematado o ensino primario e secundario trasladouse a Madrid para realizar os estudos universitarios, decidida a facer Enxeñería Agrónoma na Escuela Especial de Ingenieros Agrónomos, que despois se chamou Escuela Técnica Superior de Ingenieros Agrónomos. O plan de estudos desta escola establecía que o curso selectivo e mais o de iniciación debían realizarse nas mesmas instalacións, onde despois estudará toda a carreira, desde 1954 ata 1959, obtendo o noveno mellor expediente da súa promoción. En 1960 defendeu o seu proxecto de fin de carreira e obtivo o título de Enxeñeira Agrónoma o 11 de xullo de 1960, converténdose na primeira enxeñeira agrónoma galega e a quinta enxeñeira en España en titularse na Escuela de Ingenieros Agrónomos de Madrid.
Posteriormente, obtería o título de Doutora Enxeñeira por Orde ministerial do 15 de xullo de 1963.
Na súa promoción, a número 99, só se licenciaron dúas mulleres entre sesenta e oito alumnos: Mercedes Soler Sanz e María Luisa Pérez-Soba y Baró. Cando Soler Sanz e Pérez-Soba obtiveron o título había xa vinte anos que se licenciara, en 1929, Pilar Careaga Basabe, a primeira enxeñeira industrial en España; e pasaran dez desde que o fixera Isabel Torán Carré, a primeira enxeñeira agrónoma, que obtivera o título en 1939.
Mercedes Soler foi funcionaria do Cuerpo Especial de Ingenieros Agrónomos e xefa do servizo de Análisis de Consumo Alimentario. Luisa Péres-Soba traballou en Industrias e Comercialización Agraria (ICA) na oficina da Delegación da Consellaría de Agricultura na Avenida de Monelos da Coruña e foi xefa provincial de Industrias e Comercialización Agraria tamén da Coruña, dependente entón da Consellería de Agricultura. Tamén foi e Delegada Provincial en funcións de Industrias e Comercialización Agraria da Coruña da Consellería de Agricultura da Xunta.
Participou na creación do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia coa súas delegacións na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e foi a primeira Secretaria do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos da Coruña desde xuño de 1962 ata decembro de 1976.
Polo seu traballo participou e asistiu a numerosos congresos e xornadas técnicas de Industrias Agrarias e Comercialización, destacando polo seu dinamismo e afabilidade. Como anécdota, nun congreso en Nova York coincidiu coa prestixiosa economista Paulina Beato á que lle agradeceu, tanto que a animase a estudar, como tamén a influencia que exerceu nos seus pais, dos que era amiga, para que lle permitisen estudar a carreira universitaria que a levou a ser unha destacada profesional da economía.
María Luisa Pérez-Soba casou en Madrid o 10 de novembro de 1961, xa coa carreira rematada, con Pedro Fernández Rico, doutor e enxeñeiro agrónomo do YRIDA destinado na Coruña. O matrimonio tivo tres fillos: Pedro, técnico comercial; Álvaro, enxeñeiro agrónomo e profesor de ensino secundario; e Gonzalo, xornalista.
Fontes documentais
Fernández, Gonzalo (2021): «Adeus á primeira agrónoma de Galicia», Eco: revista do Eixo Atlántico, 358 (marzo), 46-48.
Fernández García, María Isabel (2021): «Relatorio do V Concurso Fin de Grao sobre Enxeñaría e Muller Rural». Entrega de premios. EPSE de Lugo (12 de marzo). Accesible en: https://www.youtube.com/watch?v=V8lIMonNMW0&t=849s [Consulta: 2022-07-22]
Fernández García, María Isabel e Gómez Fórneas, Esther (2021): «A primeira enxeñeira agrónoma en Galiza». Accesible en: http://ciencianosa.blogspot.com/2021/03/do-dia-internacional-da-muller-no-marco.html [Consulta: 2022-07-21]
Palacios, Xosé María: «Somos agro: ¿Quién fue Luisa Pérez-Soba y Baró, la primera ingeniera agrónoma de Galicia?», La Voz de Galicia, (11 de marzo). Accesible en: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/somosagro/forestal/2021/03/10/luisa-perez-soba-baro-primera-ingeniera-agronoma-galicia/00031615397344074307518.htm [Consulta: 2022-07-22]
Redacción (2021): «Lugo lembra a Luisa Pérez, a primeira enxeñeira agrónoma de Galicia», www.gciencia.com, (11 de marzo). Accesible en: https://www.gciencia.com/universidade/lugo-lembra-a-luisa-a-primeira-enxeneira-agronoma-de-galicia/ [Consulta: 2022-07-22]
USC. Campus de Lugo (2021): «A memoria da primeira enxeñeira agrónoma de Galicia revive no Campus de Lugo», Accesible en: https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/memoria-primeira-enxeneira-agronoma-galicia-revive-campus-lugo, (11 de marzo) [Consulta: 2022-07-22]
Como citar: Fernández García, María Isabel : Gómez Fórneas, Esther : María Luisa Pérez-Soba. Publicado o 26/7/2022 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=33509. Recuperado o 15/02/2026
DOCUMENTACIÓN DE
Título de Doutora Enxeñeira Agrónoma. 3 de marzo de 1966. Ver Documento
Fonte: Arquivo familiar Fernández Pérez-Soba.
Título de
Fonte: Arquivo familiar Fernández Pérez-Soba.Ingeniero Agrónomoexpedido a nome de María Luisa Pérez-Soba Baró o 21 de xuño de 1960. Ver Documento
DOCUMENTACIÓN SOBRE
A revista Eco destaca a traxectoria profesional de María Luisa Pérez-Soba. Ver Documento. Artigo
Fernández, Gonzalo: «Adeus á primeira agrónoma de Galicia», Eco: revista do Eixo Atlántico, 358 (marzo de 2021), 46-48.
Fonte: Eco: revista do Eixo Atlántico
Biblioteca do Consello da Cultura Galega
O portal dixital gciencia lembra a Luisa Pérez-Soba na súa morte. Ver Documento. Artigo
Redacción: «Lugo lembra a Luisa Pérez, a primeira enxeñeira agrónoma de Galicia», www.gciencia.com, (11 de marzo de 2021)
Fonte: https://www.gciencia.com/universidade/lugo-lembra-a-luisa-a-primeira-enxeneira-agronoma-de-galicia/ [Descarga: 2022-07-21]
Cartel conmemorativo do 8 M: Día Internacional da Muller con Luisa Pérez-Soba como protagonista. Ver Documento. Cartel
Fonte: http://ciencianosa.blogspot.com/
Biografía de María Luisa Pérez-Soba realizada por Isabel Fernández García e Esther Gómez Fornéas. Ver Documento
Fonte: Documento facilitado polas autoras da biobibliografía.
Ligazóns de interese
A memoria da primeira enxeñeira agrónoma de Galicia revive no campus de Lugo
Fonte: https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/memoria-primeira-enxeneira-agronoma-galicia-revive-campus-lugo [Consulta: 2022-07-19]
Celebración do Día Internacional da Muller de 2021 en http://ciencianosa.blogspot.com
Fonte: http://consellodacultura.gal/mediateca/admin/fondos-documentais/editar-MM.php?MM=84774 [Consulta: 2022-07-21]
praza.gal recolle a homenaxe do campus de Lugo a Luisa Pérez-Soba
Fonte: https://praza.gal/ciencia-e-tecnoloxia/o-campus-de-lugo-da-usc-homenaxea-a-primeira-enxeneira-agronoma-de-galicia [Consulta: 2022-07-21]
Artigo sobre María Luisa Pérez-Soba en La Voz de Galicia, a propósito do estudo realizado por Isabel Fernández Martínez e Esther Gómez Fórneas
Palacios, Xosé María: «Somos agro: ¿Quién fue Luisa Pérez-Soba y Baró, la primera ingeniera agrónoma de Galicia?», La Voz de Galicia, (11 de marzo de 2021)
Fonte: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/somosagro/forestal/2021/03/10/luisa-perez-soba-baro-primera-ingeniera-agronoma-galicia/00031615397344074307518.htm [Consulta: 2022-07-19]
O COEAG homenaxea a María Luisa Pérez-Sobra O Día Internacional da Muller de 2021
Fonte: Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia (COIAG)
http://www.coiag.es/diainternacionaldamuller/
«Mujeres en la Escuela de Agrónomos: las pioneras», artigo publicado no blog https://ingenieroarrue.wordpress.com/
Fonte: https://ingenieroarrue.wordpress.com/2021/01/29/mujeres-en-la-escuela-de-agronomos-las-pioneras/ [Consulta: 2022-07-19]
Biografía de María Luisa Pérez-Soba na Galipedia
Fonte: wikipedia
https://gl.wikipedia.org/wiki/Mar%C3%ADa_Luisa_P%C3%A9rez-Soba [Consulta: 2022-07-19]
Historia das mulleres na enxeñería
Fonte: https://www.wikiwand.com/gl/Historia_das_mulleres_na_enxe%C3%B1ar%C3%ADa [Consulta: 2022-07-22]















