Luciano Fariña Couto
Cambados (Pontevedra), 13/ 1/1916 - Pontevedra, 9/12/2011Autoría: Francisco Fariña Busto
Membro do SEG, foi docente, avogado e especialista en xenealoxía e heráldica
Coincidiu nos cursos de Filosofía e Letras con Daría González García-Paz, as irmáns Rodríguez Caminero, Juan Astorga e con Raimundo García Domínguez (Borobó) e mantivo amizade con compañeiros doutros cursos, sobre todo con Xurxo Lorenzo e o seu irmán Xaquín, entrando en contacto co Seminario de Estudos Galegos onde pasou a ser socio e membro activo coa lectura do traballo de ingreso o 1 de febrero de 1933, publicado máis tarde en Nós co título Tres estacións de arte rupestre da serra do Leboreiro e compartindo a autoría con Xurxo Lorenzo.
Durante os anos 1933 a 1942 foi Presidente das Xuventudes Católicas de Cambados, desempeñando un activo papel de promoción, participando na VI Asamblea Regional de Juventudes Católicas de 1933 e no Congreso Nacional en Zaragoza no ano seguinte. Esa formación xuvenil deixoulle una fonda pegada ao longo de toda a súa vida.
Durante a guerra civil, logo de ser incorporado a filas en 1937, aparece como persoal administrativo do Sanatorio Antituberculoso
Onésimo Redondoen Valladolid, por iniciativa do doutor Luis de Castro (1938-40). En Valladolid, a onde se trasladara no ano 1936, xa que, como outros compañeiros do Seminario de Estudos Galegos, tivo que rematar os seus estudos noutro distrito universitario, licenciose en 1940, presentando unha tese de licenciatura sobre os ladrillos visigóticos con relevos, baixo a dirección de don Cayetano de Mergelina.
Nos cursos 1940-42 foi profesor de Filosofía no Instituto de Ferrol e nos anos seguintes no de Pontevedra (curso 1942 e 43) da mesma materia.
Seguidamente, en 1944, ingresou como funcionario no corpo técnico da Administración do Estado con destino en Madrid, na
Vicesecretaría Provincial de Educación y Cultura Popular. Pouco despois, en 1945, accedeu ao Corpo Técnico do Instituto Nacional de Previsión, con destino inicial en Madrid (1945), logo en Barcelona (1946) e finalmente en Ourense, onde se estableceu en 1947 e permaneceu ata 1962, desenvolvendo as funcións de Xefe de negociado e Secretario Técnico Provincial sucesivamente.
Un aspecto importante da súa chegada a Ourense foi o seu reencontro con compañeiros do Seminario de Estudos Galegos, dende o mestre Cuevillas aos amigos Xaquín Lorenzo, Ferro Couselo, Alfonso Vázquez, e Ogando Vázquez. E con algún deles participa nun proxecto que coñecemos a través da correspondencia de Cuevillas con Taboada Chivite, ao que quere incorporar na tarefa:
Temos en pranta un estudo en conxunto sobre da Limia…(19/10/1948) ao que engadía días despois:
O da Limia é un estudo de conxunto como os que faguia o sempre lembrado e chorado Seminario. Traballaron nel Ferro, Xocas, Alfonso Vazquez, Fariña, Chamoso, Otero e o Conde Valvís…(carta de 25/10/1948), traballos aos que souberon incorporar xente nova (a titulo de exemplo o médico ribadaviense M. Rubén García Álvarez, Carlos Vázquez, Perille), ben coma colaboradores do Museo Arqueolóxico Provincial a través do Grupo Marcelo Macías, ben ao redor de novas andainas culturais como os ciclos de conferencias que organizaban no Orfeón Unión Orensana, no Liceo, novas revistas como Posio. Arte y letras. Así mesmo participou activamente nas excursións que esta última realizou a numerosos monumentos da Provincia co fin de difundir o seu valor patrimonial nos primeiros anos da década dos cincuenta. Tamén traballa nun estudo histórico-artístico sobre o Mosteiro de Montederramo, proxectado inicialmente como tese doutoral, que non chegou a presentar e se conserva inédito.
Reemprenderá os estudos de Dereito, que comezara en 1943 por libre, na Universidade compostelá, licenciándose en 1955, completando previamente os estudos de Graduado Social en 1951, así como os de Perito Mercantil no ano 1956. Paralelamente continuou o seu vencello co ensino, xa que foi Profesor Axudante no Instituto de Ensino Medio (1949-57), e ocasionalmente nos Colexios das MM. Xosefinas e Carmelitas. Tamén foi docente na Escola de Comercio, encargado da cátedra de Xeografía (cursos 1956 a 1958), onde ademais exerceu de Secretario (5 de marzo de 1958/30.9.59) e no Taller-Escola 12 de Octubre, da que foi Director entre o 7 de outubro de 1959 e o 12 de xuño de 1962. Ao mesmo tempo, participou en diversas actividades públicas vinculadas ao seu traballo como persoal na Administración do Estado (Secretaria General Del Movimiento), e foi tamén concelleiro na cidade, no periodo 1960-1962.
En xuño de 1962 trasladouse a Santiago como Xefe da Axencia do INP (Instituto Nacional de Previsión, actual INSS). Nesta cidade retoma vellos contactos, fai un doutoramento en Dereito baixo a dirección de D. Paulino Pedret Casado, integrante do SEG no seu momento, e exerceu como docente na Escuela Social da USC, como Profesor Axudante de Historia Social (1962-63 , 63-64, e 64-65), Axudante de clases prácticas de Derecho Político na Facultade de Dereito (cursos 62-63, 63-64 e 64-65) e de Xeografía na Facultade de Filosofia e Letras no 1965-66.
En 1966 foi trasladado á Coruña onde desempeñou diversas tarefas técnicas no INP, posto no que cesou ao ser nomeado
Administrador de Instituciones Sanitarias en Pontevedradependente da Delegación Provincial do INP por orde de 4 de febrero de 1972. En 1977 reincorporase como funcionario da Administración Civil do Estado ocupando un posto no Goberno Civil de Pontevedra, xubilándose en 1981.
Logo da súa chegada a Pontevedra retomou os estudos de historia de Galicia (Os normandos en Galicia, inédito), e os referidos á heráldica e xenealoxía (polo que xa mostrara curiosidade nos anos mozos no SEG en estreito contacto con Xurxo Lorenzo), colaborando co Museo de Pontevedra, e con diversas entidades culturais como a Asociación Fotográfica de Pontevedra, as Rutas Ciclicistas do Románico, etc. En 1974 participa no Grupo Interdisciplinar ideado polo Instituto de Estudos Galegos
Padre Sarmiento, co impulso do abade de Campañó, Rodríguez Fraiz, para un estudo interdisiciplinar da Terra de Montes, seguindo o modelo promovido polas xeiras do SEG, e ao que se incorporaron outros antigos membros como Filgueira Valverde, Antonio Fraguas ou Xaquín Lorenzo, xunto cun amplo grupo de colaboradores.
En 1979 recibe a invitación de Ramón Martínez López para incorporarse ao proxecto que, a iniciativa do Laboratorio de Formas de Sargadelos (segundo idea de Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane), promove a recuperación do Seminario de Estudos Galegos pola súa condición de membro activo do Seminario orixinario. Acepta e incorporase á Sección de Arte/Comunicación participando activamente nas diversas reunións realizadas ata 1989.
Unha vez xubilado, retomou o exercicio libre da avogacia e mesmo exerceu como Maxistrado de Traballo, suplente, entre os anos 1988 e 1994, e proseguíu realizando diversos traballos de investigación ata o seu pasamento.
Publicacións
-«Tres estacións de arte rupestre da Serra do Leboreiro», Nós: boletín mensual da cultura galega: órgao da Sociedade Galega de Pubricacións Nós, 115 (1933), 124-132.
-«Notas sobre una nueva citania», Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología (BSAA), 6 (1939-1940), 210.
-«Notas sobre motivos ornamentales visigóticos: el ladrillo con relieves», Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología (BSAA), 6 (1939-1940), 205-210.
-«La legislación de los sínodos diocesanos de Orense en los siglos XV y XVI, sobre los sacramentos del Bautismo, Penitencia, Eucaristía y Matrimonio», [tema da súa tese de doutoramento], Boletín da Universidade de Santiago, 73 (1965), 253-271.
-«La nueva legislación sobre participación de las empresas en la gestión de la seguridad social», Boletín del Ilustre Colegio de Abogados de La Coruña, 12 (setembro de 1967), 9-14.
-«Notas sobre heráldica y genealogía de algunos linajes del Ribeiro de Avia», Boletín Auriense, 23 (1993), 255-287.
-De heráldica galega: [exposición]: Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense: abril-maio, 1995. Ourense: Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, 1995.
-«El calzado en los siglos del románico». En Rodríguez Mouriño, José Antonio (dir.): XVI Ruta Cicloturística del Románico-Internacional: conmemorativo del noveno centenario del císter. Pontevedra: Fundación Cultural Rutas del Románico, 1997; 107-108.
-«Los templarios en Galicia». En Rodríguez Mouriño, José Antonio (coord): XVIII Ruta Cicloturística del Románico-Internacional: [6 febrero-17 junio 2000]. Pontevedra: Fundación Cultural Rutas del Románico, 1999; 147-154
-O libro da heráldica galega. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2001.
-«Cruces y crucifijos románicos en Galicia». En Rodríguez Mouriño, José Antonio (coord): XIX Ruta Cicloturística del Románico-Internacional: [4 febrero-17 junio 2001]. Pontevedra: Fundación Cultural Rutas del Románico, 2001; 167-169.
-Un armorial en pergamino do Museo das Peregrinacións. Ourense, 2023.
Como citar: Fariña Busto, Francisco : Luciano Fariña Couto. Publicado o 5/7/2023 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=34650. Recuperado o 13/07/2025

DOCUMENTACIÓN DE
Estudo de Fariña Couto sobre as cruces e os crucifixos románicos en Galicia. Ver Documento. Artigo
Fariña Couto, Luciano: «Cruces y crucifijos románicos en Galicia». En Rodríguez Mouriño, Josá Antonio (coord): XIX Ruta Cicloturística del Románico-Internacional: [4 febrero-17 junio 2001]. Pontevedra: Fundación Cultural Rutas del Románico, 2001; 167-169.
Fonte: Biblioteca de Galicia.
Artigo de Luciano Fariña Couto sobre a presenza dos templarios en Galicia. Ver Documento. Artigo
Fariña Couto, Luciano: «Los templarios en Galicia». En Rodríguez Mouriño, José Antonio (coord): XVIII Ruta Cicloturística del Románico-Internacional: [6 febrero-17 junio 2000]. Pontevedra: Fundación Cultural Rutas del Románico, 1999; 147-154
Fonte: Biblioteca de Galicia.
Luciano Fariña escribe sobre o calzado na época románica. Ver Documento. Artigo
Fariña Couto, Luciano: «El calzado en los siglos del románico». En Rodríguez Mouriño, José Antonio (dir.): XVI Ruta Cicloturística del Románico-Internacional: conmemorativo del noveno centenario del císter. Pontevedra: Fundación Cultural Rutas del Románico, 1997; 107-108.
Fonte: Biblioteca de Galicia.
Fariña Couto escribe o texto do folleto da exposición De heráldica galega, celebrada no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense en abril e maio de 1995. Ver Documento
Fonte: Biblioteca do Arquivo Histórico da USC.
Obituario, en memoria dunha persoa non identificada, asinado por Luciano Fariña Couto en El Ideal gallego. Ver Documento. Artigo
Fariña Couto, Luciano: «Recuerdo», El Ideal gallego: diario católico, regionalista e independiente, 7972 (17 de marzo de 1942), 7.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=3910
Estudo de Luciano Fariña sobre motivos ornamentais visigodos publicado no Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología: BSAA. Valladolid: Universidad, 1939. Ver Documento. Artigo
Fariña Couto, Luciano: «Notas sobre motivos ornamentales visigóticos: el ladrillo con relieves», Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología: BSAA, 6 (1939), 205-210.
Fonte: https://uvadoc.uva.es/handle/10324/50269 [Descarga: 2023-06-02]
Tres estacións de arte rupestre da serra do Leboreiro, de Xurxo Lorenzo e Luciano Fariña. Ver Documento
Lorenzo Fernández, Xurxo e Fariña Couto, Luciano: Tres estacións de arte rupestre da serra do Leboreiro, Santiago de Compostela: Nós, 1933.
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
Accesible en: https://biblioteca.galiciana.gal/es/consulta/registro.do?id=488967 [Descarga: 2023-06-02]
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Nota necrolóxica en memoria de Luciano Fariña Couto publicada no boletín Estudios de genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia. Ver Documento. Artigo
«Luciano Fariña Couto: 13-01-1916 / 09-12-2011: in memoriam», Estudios de genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia, 10 (2012), 13-14.
Fonte: Asociación Academia de Genealogía, Heráldica y Nobiliaria de Galicia. Rexistro de Entrada do Consello da Cultura Galega: 2023/153
Lembranza de Luciano Fariña Couto na sección «Cartas al director» de La Región. Ver Documento. Artigo
Pavón, Lalo: «De la docencia a la heráldica», La Región, Ourense, (10 de decembro de 2011)
Fonte: La Región
https://www.laregion.es/articulo/cartas-al-director/docencia-heraldica/20111210085029179658.html [Descarga: 2023-06-08]
Desde o momento da súa creación, en 2001, Fariña Couto foi membro da Asociación de Genealogía, Heráldica y Nobiliaria de Galicia . Ver Documento
Fonte: Asociación de Genealogía, Heráldica y Nobiliaria de Galicia.
galiciagen.com
Ferro Couselo, Fariña Couto e González Paz localizaron as ruínas do mosteiro de Santa Eugenia que, segundo a información de La Región, está limpado o alumnado do Colexio Menor Calvo Sotelo. Ver Documento. Artigo
«Tres días de trabajo en las ruínas del monasterio de Santa Eugenia», La Región: diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos, 17515 (8 de maio de 1966), 20.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=3965
Información no xornal La Noche sobre a lectura da tese de doutoramento de Luciano Fariña Couto. No tribunal está, entre outros catedráticos, Paulino Pedret Casado. Ver Documento. Noticia
La Noche: único diario de la tarde en Galicia, 13424 (8 de decembro de 1964), 9
Fonte: Galiciana. Biblioteca de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=7180
Conferencia de Luciano Fariña Couto sobre a xeografía da música. Ver Documento. Artigo
«Interesante disertación de D. Luciano Fariña Couto sobre el tema
Fonte: Galiciana. Biblioteca de Galicia.Geografía de la música», La Región: diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos, 15171 (20 de novembro de 1958), 2
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=3965
Nomeamento de Luciano Fariña Couto como xuíz substituto de Pontevedra para o ano xudicial 1989-1989. Ver Documento
«Acuerdo de 27 de julio de 1989, de la Comisión Permanente del Consejo General del Poder Judicial, por el que se nombra, por el trámite de urgencia, a don Luciano Fariña Couto Juez sustituto de Pontevedra para el año judicial 1988-89», BOE, 193 (14 de agosto de 1989), 26086.
Fonte: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1989-19520 [Descarga: 2023-06-02]
Nota biobibliográfica de Luciano Fariña Couto na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Ver Documento
«Fariña Couto, Luciano». En Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. XVI: este-fene. Lugo: El progreso, DL 2003; 154.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Ligazóns de interese
Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura, exposición conmemorativa do centenario do SEG. Cidade da Cultura, 4 de xullo de 2023 a 7 de xaneiro de 2024
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/luz-na-terra-o-seminario-de-estudos-galegos-unha-institucion-de-alta-cultura [Consulta: 2023-08-31]
Sitio web conmemorativo do centenario do Seminario de Estudos Galegos, elaborado polo Consello da Cultura Galega
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/area2.php?arq=4372 [2023-03-08]
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=35606 [Consulta: 2022-12-28]
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
Catálogo en liña da exposición Galicia, de Nós a nós, coordinada por Afonso Vázquez-Monxardín e Ana Acuña. Cidade da Cultura, 2 de outubro de 2020 - 17 de xaneiro de 2021
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/galicia-de-nos-nos
A obra Tres estacións de arte rupestre da serra do Leboreiro, de Xurxo Lorenzo e Luciano Fariña, no blog Os libros de Ánxel Casal
Fonte: http://oslibrosdeanxelcasal.blogspot.com/2015/09/ [Consulta: 2023-06-02]
Datos de Luciano Fariña Couto en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?control=BDGA20200002376 [Consulta: 2023-06-02]
Obras de Luciano Fariña Couto no catálogo Iacobus da Biblioteca Universitaria da USC
Fonte: Biblioteca Universitaria da USC
Espazo web de Luciano Fariña Couto no especial dedicado á revista Nós. Galiciana, Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://revistanos.galiciana.gal/recurso/faria-couto-luciano/1d502c2b-9b7b-4f4d-a63a-77bb7fbac7d9 [Consulta: 2023-06-06]
Entrada de Daría González García-Paz no Álbum de Galicia. Daría e Luciano foron compañeiros na carreira de Filosofía e Letrasuciano foron co
Fonte: Consello da Cultura Galega
Pedret Casado, director da Tese de Doutoramento de Luciano Fariña Couto, no Álbum de Galicia
Fonte: Consello da Cultura Galega.
Videos
Antonio Fraguas conversa sobre o Seminario de Estudos Galegos
O 12 de outubro de 1923 un grupo de mozos universitarios trasládanse a Ortoño, parroquia natal de Rosalía, para constituír o Seminario de Estudos Galegos (SEG). Antonio Fraguas incorporaríase ao SEG uns anos máis tarde, en 1928, presentando unha investigación sobre o castro de Soutolongo. Neste vídeo vídeo divulgativo (6´ 32´´) conversa sobre o nacemento do Seminario de Estudos Galegos e os obxectivos cos que se fundou. A peza foi realizada por Acuarela Comunicación en 2019, ano no que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas a Antonio Fraguas.
Fonte: LInguaGalegaTV
https://www.youtube.com/watch?v=R6VmoRrlAys [Consulta: 2023-01-02]
As publicacións do Seminario
O Seminario de Estudos Galegos desenvolveu unha importante produción escrita, nomeadamente no que respecta a achegas científicas, aínda que no seu seo tamén se editaron contribucións literarias. Neste breve vídeo divulgativo (2´ 35´´) o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) ofrécenos unha panorámica das publicacións do Seminario, que testemuñan o firme compromiso deste grupo de intelectuais co uso do galego no ámbito académico e científico.
O reloxo do Seminario
Vídeo divulgativo (2´ 05´´) sobre o reloxo do século XVIII doado ao Seminario de Estudos Galegos (SEG) polo intelectual, político e mecenas galego Juan Arias Sanjurjo. A peza forma parte da serie de vídeos sobre a historia e o patrimonio documental e artístico do SEG, que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir este ano 2023.