María Teresa Fernández Rodríguez
Chantada (Lugo), 15/ 9/1913 - Chantada (Lugo), 20/6/1973Autoría: María Isabel Fernández García
Primeira profesora da facultade de Farmacia da USC
María Teresa quedou orfa sendo moi pequena. A súa tía materna María Áurea Rodríguez Bouza, que era mestra de nenas en Chantada, foi un grande apoio tanto na vida familiar coma nos estudos das nenas e dos menos tras a morte da nai. María Teresa, coñecida por Meresa, preparouse coa súa tía para ingresar no mes de setembro de 1923 no Instituto General y Técnico de Lugo. Posteriormente fai o Bacharelato por ensino non oficial, non colexiado, ata o curso 1926-1927.
A súa tía fai de preparadora e encargada de Meresa, tal e como escribe na instancia que dirixe ao director do Intituto solicitando que lle envíe o expediente para se matricular a súa sobriña en Santiago e facer as materias de ciencias do chamado bacharelato universitario. O 27 de setembro de 1928, remata este período de estudos e foille e foille expedido o correspondente título de bacharela na na sección de ciencias. Durante este tempo viviu na rúa Algalia de Arriba 35 e nos documentos figura como encargada da vivenda dona Concepción Campo.
De seguido matrículase e estuda Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, desde o curso 1928-29 ata rematar en 1932-33. No último curso destaca polas brillantes cualificacións, especialmente en Análise Química onde consigue un sobresaliente con matrícula de honra. Realiza o depósito para o título de licenciada o 1 de agosto de 1932. Na orla da súa promoción aparecen outras pioneiras dos estudos de Farmacia en Galicia.
Ao terminar a carreira fai investigación no Laboratorio de Análise Química da Facultade de Farmacia, materia na que destacara nos últimos cursos co profesor Aniceto Charro Arias. Seguindo o procedemento da época, Charro Arias propón a María Teresa Fernández para exercer como profesora axudante de clases prácticas de Análise Química, proposta que debe ser aprobada nunha xunta de Facultade. Durante esta etapa de investigación, Meresa prepara a súa Tese de Doutoramento.
Foi a primeira profesora na facultade de Farmacia xunto con Celsa Pérez Moreiras, nomeada para a materia de Técnica Física durante o curso 1933-34. Estes cargos non tiñan retribución e dependían dos orzamentos da facultade para recibir algunha compensación económica. Nese tempos chegaron a ser nove as docentes entre as facultades de Ciencias e de Farmacia. Como profesoras preparaban e impartían as clases prácticas das materias para as que eran nomeadas.
Dos tres anos de traballo de investigación no laboratorio xorden varias publicacións. En 1933, en colaboración con Aniceto Charro Arias, publica o estudo «Análisis de los mostos gallegos» no número 44 da revista La voz de la Farmacia, editada en Madrid. Colaborou tamén con artigos na revista Anales de la Universidad de Santiago como «Composición química de productos alimenticios gallegos» e «Análisis de las aguas minero - medicinales de Galicia».
No ano 1936, co comezo da guerra civil e a represión na Universidade, regresa a Chantada sen rematar o seu doutoramento. En Chantada tivo unha Oficina de Farmacia na rúa do Comercio e alí desenvolveu a súa vida profesional ata 1973, ano en que faleceu. Exerceu tamén como inspectora famacéutica municipal do concello de Chantada, tras superar os exames realizados en marzo de 1936 para ocupar a praza en propiedade. O seu nomeamento como inspetora municipal xerou un preito que foi recollido na prensa. O Boletín Oficial del Estado de 11 de xuño de 1940 publica o «Escalafón provisional de Inspectores Farmacéuticos Municipales», no que figuraría Meresa.
Coincidiu na súa etapa profesional coa médica pediatra Eloisa Rivadulla, outra gran pioneira. En máis dunha ocasión compartiron opinións e recomendacións nos seus tratamentos e preparoulle formulacións, tal como era necesario naqueles tempos nos que a fabricación industrial de fármacos era escasa. Pola súa farmacia pasaban a consultarlle os veciños as doenzas e tamén as curas de feridas acidentais e sempre tiña bos consellos para a saúde e os coidados de nenas e nenos, tanto na alimentación coma na hixiene persoal.
Trasladábase con frecuencia á Coruña, onde tivo vivenda, e participou da vida social da cidade. Foi unha boa nadadora e unha gran viaxeira, chegando a coñecer moitos países europeos, e era moi querida polas súas sobriñas.
Bibliografía e fontes documentais
Fernández García, M.ª Isabel (2021): Pioneiras da ciencias de Lugo. Lugo: Colectivo Egeria.
Como citar: Fernández García, María Isabel : María Teresa Fernández Rodríguez. Publicado o 30/10/2024 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=34725. Recuperado o 15/02/2026
DOCUMENTACIÓN DE
Artigo publicado por María Teresa Pérez e Aniceto Charro en La Voz de la Farmacia. Ver Documento. Artigo
Charro, Aniceto e Fernández, Teresa: «Análisis de mostos gallegos», La Voz de la Farmacia, 44 (agosto de 1933), 487-488.
Fonte: Biblioteca Virtual de la Real Academia Nacional de Farmacia.
https://bibliotecavirtual.ranf.com/
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Capítulo dedicado á farmacéutica María Teresa Fernández Rodríguez no libro Pioneiras de Ciencia en Lugo. Ver Documento. Artigo
Fernández García, M.ª Isabel: «María Teresa Fernández Rodríguez». En Fernández García, M.ª Isabel: Pioneiras de Ciencia en Lugo. Lugo: Colectivo Egeria, 2021; 140-142.
Fonte: Consello da Cultura Galega. CDIF.
Estudo de Xoana Pintos Barral sobre as primeiras docentes de ciencias da Universidade de Santiago de Compostela. Ver Documento
Pintos Barral, Xoana: As primeiras docentes de ciencias na Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, Comisión de Igualdade, 2011. [Documento electrónico].
Fonte: Consello da Cultura Galega.
https://culturagalega.gal
Necrolóxicas en memoria de María Teresa Fernández Rodríguez, publicadas en El Progreso. Ver Documento. Fragmento de publicación impresa
«María Teresa Fernández Rodríguez», El Progreso, 20488 (21 de xuño de 1973), 8.
Fonte: Biblioteca Dixital de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Nota informativa en El Pueblo gallego sobre o preito pola concesión en propiedade da praza de
Inspector farmacéuticode Chantada a Teresa Fernández Rodríguez. Ver Documento. Anuncio. Fragmento de publicación impresa«Pleito contencioso contra el ayuntamiento de Chantada», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 3973 (5 de maio de 1936), 11.
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Reclamación contra a resolución a favor de María Teresa Fernández Rodríguez do concurso para adxudicación en propiedade da praza de
inspector famacéuticomunicipal do concello de Chantada. Ver Documento«Administración de Justicia. Audiencias provinciales. Lugo: Don Vicente Santiago Santalla...», Boletín Oficial de la Provincia de Lugo, 102 (4 de maio de 1936), 4.
Fonte: Arquivo da Deputación de Lugo / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Nova recollida en El Compostelano sobre o alumnado premiado no curso universitario 1931-1932. María Teresa Fernández Rodríguez, da facultade de Farmacia, foi premiada en Análise Química. Ver Documento. Noticia
«Reparto de premios», El Compostelano: diario independiente, 3708 (1 de outubro de 1932), 3.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Áurea Rodríguez Bouza solicita a remisión do expediente e antecedentes académicos da súa sobriña María Teresa Fernández Rodríguez. Lugo, 25 de maio de 1928. Ver Documento
Fonte: Arquivo familiar.
Ligazóns de interese
María Teresa Fernández Rodríguez na páxina web Pioneiras de Ciencias de Lugo
Fonte: Pioneiras de Ciencias de Lugo.
https://pioneirasdecienciasdelugo.gal
«Destacadas pioneras de ciencias de Lugo», artigo de Óscar Cela na edición dixital de La Voz de Galicia, (30 de novembro de 2021)
Fonte: La Voz de Galicia
VI Xornada Universitaria Galega en Xénero. 2019
Fonte: Repositorio Minerva. USC
Acceso á tese de doutoramento de Xoana Pintos Barral As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960
Pintos Barral, Xoana: As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960. Santiago de Compostela: Universidade, Facultade de Química, 2016. [Tese de doutoramento]
Fonte: Minerva. Universidade de Santiago de Compostela.
http://hdl.handle.net/10347/14763
Acceso en liña á tese de doutoramento de Beatriz Brasa Arias La Facultad de Farmacia de Santiago de Compostela (1900-1971), que recolle a María Teresa Fernández como investigadora do departamento de Química Analítica e colaboradora do Instituto de Bromatoloxía de Galicia
Brasa Arias, Beatriz: La Facultad de Farmacia de Santiago de Compostela (1900-1971). Santiago de Compostela: Universidade, Facultade de Farmacia, 2011. [Tese de doutoramento]
Fonte: Minerva. Universidade de Santiago de Compostela.
http://hdl.handle.net/10347/3643
Acceso ao suplemento do número 163 (11 de xuño de 1940) do Boletín Oficial del Estado que recolle o «Escalafón provisional de Inspectores Farmacéuticos Municipales»
Fonte: Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado.
https://www.boe.es/
Entrada biobibliográfica da farmacéutica María Teresa Fernández Rodríguez na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/
Videos
Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. María Isabel Fernández García fala das científicas luguesas
Fonte: https://www.youtube.com/watch?v=gtaZ2iTM_uo&ab_channel=UNEDLugo [Consulta: 2022-03-03]














