Fely Manzano
Ourense, 13/ 5/1942 - Madrid, 7/4/2017Autoría: Ana Abad de Larriva
Actriz de teatro e audiovisual pioneira, de recoñecida presenza en series e curtas
Alí participou en montaxes como El embrujado, de Ramón María del Valle-Inclán, posta en escena nunha colaboración entre o grupo de teatro Imperio e o Teatro Español Universitario (TEU) de Marineda, no ano 1962, baixo a dirección de José Redondo; El zoo de cristal, de Tennessee Williams, montada polo grupo de teatro Imperio e dirixida por José Domingo Vales Vía, tamén no ano 1962; La cantante calva, de Eugène Ionesco, e Sonata de espectros, de August Strindberg, escenificadas polo Grupo de Teatro Experimental Tespis, baixo a dirección de Manuel Lourenzo, no ano 1966; ou Historias para ser contadas, de Osvaldo Dragún, no ano 1967; Prometeo, de Esquilo, e Oración, de Fernando Arrabal, no ano 1968, as tres con Teatro Circo e con dramaturxia e dirección de Manuel Lourenzo. Coa compañía Mili Porta actuou na zarzuela A represa e o río, con música de Mili Porta e libreto de Antón de Santiago, “Nito”, no ano 1983.
Estudou no conservatorio profesional de Música e Declamación da Coruña, fixo cursos de cabaret con Norberto di Giorno, de ortofonía e dicción con Jesús Aladrén, e de interpretación con Martín Adjemián, e titulouse como actriz de dobraxe na Asociación de Actores de Dobraxe de Galicia. No Centro Dramático Galego, creado no ano 1984, participou nas pezas As tres irmás, de Anton Chejov, na adaptación galega de Francisco Pillado Mayor dirixida por Xosé Manuel Rabón no ano 1987; Espectros, en 1988, unha montaxe baseada en «Os espectros das doenzas» e «A estadea», de Ramón Otero Pedrayo, con dramaturxia e dirección de Manuel Lourenzo; e A casa dos afogados, de Miguel Anxo Fernán-Vello, posta en escena tamén baixo a dirección de Manuel Lourenzo, no ano 1991.
Traballou como actriz con compañías privadas como Teatro do Atlántico, en Liberdade Bremana, de Rainer Werner Fassbinder, dirixida por Xulio Lago no ano 1989, e en Non se chora, de Roberto Cossa, tamén baixo a dirección de Xulio Lago, en 1993; Balea Branca, en O auténtico oeste, de Sam Shepard, dirixida por Manuel Lourenzo no ano 1995; A Factoría Teatro, na montaxe de Tío Vania, de Anton Chejov, no ano 2005; Andrómena Teatro, en A porta pechada, de Jean-Paul Sartre, na versión en galego de Francisco Pillado Mayor, no ano 2006; ou Caramuxa, na zarzuela La corte de Faraón, de Vicente Lleó, e en Luz de gas, de Patrick Hamilton, as dúas dirixidas por Matilde Blanco no ano 2003. Ademais, formou parte do elenco da zarzuela La verbena de la paloma, posta en escena polo Círculo Lírico Calderón, baixo a dirección de Matilde Blanco, no ano 2001. Nesta últimas catro montaxes, Fely non só actuou, senón que asumiu tamén a axudantía de dirección.
Fely foi unha actriz pioneira do audiovisual galego, medio ao que deu o salto no ano 1988, co arranque das ficcións da Televisión de Galicia. Participou na miniserie Servicio de urxencias, do ano 1988, con guión de Suso de Toro e dirixida por Xavier Fandiño, e dende entón iniciou unha extensa carreira actuando en series, curtametraxes, longametraxes e anuncios publicitarios, e traballando tamén como actriz de dobraxe.
Fíxose especialmente coñecida nas casas galegas grazas ao seu papel da Señora Carme, a nai do personaxe Miro Pereira (interpretado por Ernesto Chao), na serie Pratos combinados, na que traballou durante once anos. Outras series galegas nas que participou foron a miniserie Os outros feirantes, no capítulo «Tristán García»; Fíos, Mareas vivas, A vida por diante, Padre Casares ou Escoba!; e actuou en ficcións televisivas estatais como El oro y el barro, La Mari ou El comisario; ademais de en programas galegos como Con perdón.
Púxose diante da cámara en longametraxes como Urxa, de Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal (1989); A los que aman (1988), de Isabel Coixet; A lingua das bolboretas (1999), dirixida por José Luis Cuerda a partir de varios relatos de Manuel Rivas; Lena (2000), dirixida por Gonzalo Tapia; Divertimento (2000), con dirección de José García Hernández; A rosa de Alexandría (2003), dirixida por Rafael Moleón; O agasallo de Silvia (2003), dirixida por Dionisio Pérez Galindo; Un franco, 14 pesetas (2006), de Carlos Iglesias; ou El tesoro (2008), de Manuel Martín Cuenca.
Outro dos formatos audiovisuais nos que desenvolveu a súa carreira actoral foron as curtametraxes, coas que Fely conformou unha longa filmografía e que lle permitiron, como ela mesma expresaba, facer papeis que non puidera facer nas series. Algúns dos títulos que contaron coa súa participación como actriz foron Café Bremen (1990) e Memorias dun parado (1991), dirixidas por Antonio F. Simón; O párroco embaucado, baixo a dirección de José Carlos Soler (1993); Distrito Picasso (1994) e Vídeo doméstico (1995), de Chema Gagino; Coruña imposible, de Paco Rañal (1995); Edipo e Techné, de Ignacio Vilar (1997); Contar (1999), dirixida por Teo Manuel Abad; A mercería (2000), baixo a dirección de Marise Brostel; Alzhéimer (2000), de Álex Sampayo; As muxicas (2002), dirixida por Carlos Alberto Alonso, a partir dun relato de Mia Couto; A contratempo (2003), dirixida por Patricia Alonso; Ahí donde no lo esperas (2003), de Diego Méndez; Hermanos (2004), de Oskar Bilbao; Rosas (2005), de Mikel Fuentes; O reflexo da lembranza (2007), de Roberto Rego; Historia da arte (2007), de Javier Batanero; Pacto entre cabaleiros (2008), dirixida por Beatriz Torres; Dous homes e un suicidio (2010), de Iria López; Dulce (2011) e Teatro (2015), de Iván Ruiz Flores; Kune, de Carlos Seijo (2012); Clementina (2013), dirixida por Rosana Filgueira Piñeiro e Mónica Suárez Casal; O pano de cores (2014), de Andrea Maseda Prado; ou Vainilla (2015), dirixida por Juan Beiro. Fely brillou neste formato e obtivo recoñecementos como o premio á mellor actriz no Festival de San Telmo (Bos Aires) no ano 2004 pola súa interpretación en As muxicas; o premio á mellor actriz protagonista no Nasicae Short Movie Festival, en Italia, no ano 2012, polo seu papel en Dulce; ou o premio á mellor actriz, na sección Nacional, no Festival de Santurtzi, polo seu traballo en Teatro, en 2015.
Fely recibiu o Premio Mestre Mateo de Honra, da Academia galega do Audiovisual, en recoñecemento á súa traxectoria en 2015; no mesmo ano obtivo o premio a toda unha traxectoria na Mostra de Curtas de Noia. Tiña unha presenza física e vocal moi agarimosa e afable, que evitou que lle desen papeis de
mala malísima, aínda que tamén lles tivese ganas, como ela mesma recoñecía, pero que lle granxeou o agarimo do público e da profesión nos numerosos traballos nos que participou como actriz así como no trato persoal. Foi unha intérprete pioneira
que deixou unha fonda pegada de afecto na profesióne
que formou parte da xeración de actores e actrices que abriron camiño na profesionalización escénica, segundo destacou a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) en 2017, ao coñecerse o seu pasamento.
O actor Tucho Lagares, falecido no ano 2013, foi o seu compañeiro de vida. Con el compartiu tamén proxectos profesionais, en montaxes como O auténtico oeste, La corte de Faraón e La verbena de la paloma; en series como Pratos combinados ou Mareas Vivas; ou en curtametraxes como Rosas ou As muxicas.
Páxinas web de referencia
Páxina web do Centro de Documentación de las artes escénicas y de la música
AVG: O Soportal do Audiovisual Galego. Consello da Cultura Galega
Galiciana: Biblioteca Dixital de Galicia. Hemeroteca.
Festival Santurtzi. Palmarés da edición de 2015.
Bibliografía
«A AAAG despídese da nosa compañeira Fely Manzano», publicado na páxina web da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, (7 de abril de 2017).
Castelo, Miguel: «Adiós a Fely Manzano, la mujer que siempre te llamaba ‘Churriño’», na páxina web Aisge.es, (10 de abril de 2017).
«A escena galega chora o falecemento da actriz Fely Manzano», na páxina web Cultura galega.gal, (10 de abril de 2017).
«Fely Manzano Conde, Premio a Mejor Actriz Protagonista en el Nasicae Short Movie Festival», na páxina web Para inmigrantes.info, (30 de outubro de 2012).
«Fely Manzano: Nunca fixen de mala malísima. E tiña ganas pero seica non dou ese perfil
», na páxina web dos Premios Mestre Mateo, (2015).
«Fely Manzano recibirá o Mestre Mateo de Honra», na páxina web Cultura galega.gal, (24 de marzo de 2015).
Madrid, J.C.: «Iván Ruiz Flores: ’Dulce’ ha sido el triunfo de la humildad
», na edición dixital do xornal ABC, (8 de marzo de 2012).
«Los Mestre Mateo honran a la actriz Fely Manzano», na edición dixital do xornal La Región, (25 de marzo de 2015).
M.X.B: «La Mostra de Curtas distinguirá a Fely Manzano», na edición dixital do xornal La Voz de Galicia, (16 de decembro de 2015).
Como citar: Abad de Larriva, Ana : Fely Manzano. Publicado o 14/2/2024 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=34962. Recuperado o 20/03/2025
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Ficha da curtametraxe Dulce, de Iván Ruiz Flores, na que actuou Fely Manzano, publicada na revista de cine Academia. Ver Documento
«Dulce», Academia. Revista de Cine Español, 173 (decembro de 2010), 58.
Fonte: Academia. Revista de Cine Español
Noticia que recolle a posta en escena por parte do grupo de teatro experimental Tespis, da Coruña, de La cantante calva, de Eugène Ionesco, baixo a dirección de Manuel Lourenzo, no ano 1966, na que Fely Manzano formaba parte do elenco, e da que se destaca a súa interpretación. Ver Documento. Artigo
Velo, Mario: «La agrupación teatral 'Tespis'», La Noche: único diario de la tarde en Galicia, 14016 (11 de outubro de 1966), 9.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Nova sobre a montaxe feita polo Grupo de Teatro Imperio e o TEU de Marineda da peza El embrujado, de Valle Inclán, baixo a dirección de José Redondo. Ver Documento. Artigo
«'El Embrujado', de Valle Inclán, será puesto en la escena coruñesa», La Noche: único diario de la tarde en Galicia, 12571 (6 de xullo de 1962), 3.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana
https://biblioteca.galiciana.gal/
Crítica das representacións de El zoo de cristal, de Tennessee Williams, na posta en escena por parte do grupo de teatro Imperio, baixo a dirección de José Domingo Vales Vía, no ano 1962, na que participaba Fely Manzano, que inclúe unha fotografía da montaxe. Ver Documento. Artigo
Martínez, Juan Antonio: «El zoo de cristal», El pueblo gallego, 12601 (24 de marzo de 1962), 13.
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Noticia da representación, en marzo de 1962, de El zoo de cristal de Tennessee Williama. Felly Manzano é unha das actrices. Ver Documento. Noticia
«El grupo de teatro de ensayo Imperio estrenará mañá
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.El Zoo de Cristalde Tennessee Williams», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 12591 (16 de marzo de 1962), 14.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Biografía profesional de Fely Manzano na web da Asociación de Actores e Actrices de Galicia . Ver Documento
Fonte: https://aaag.gal/
Ligazóns de interese
«Adiós a Fely Manzano, la mujer que siempre te llamaba ‘Churriño’», artigo de Miguel Castelo na páxina web de Aisge, (10 de abril de 2017)
Fonte: https://www.aisge.es/adios-a-la-actriz-gallega-fely-manzano
«A escena galega chora o falecemento da actriz Fely Manzano», na páxina web Cultura galega (10 de abril de 2017)
Fonte: Consello da Cultura Galega. Culturagalega.gal
«A AAAG despídese da nosa compañeira Fely Manzano», artigo publicado na páxina web da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), (7 de abril de 2017)
Fonte: https://www.aaag.gal/
«La Mostra de Curtas distinguirá a Fely Manzano», artigo publicado na edición dixital do xornal La Voz de Galicia, (16 de decembro de 2015).
Fonte: La Voz de Galicia
https://www.lavozdegalicia.es
Entrevista a Fely Manzano en Zigzag diario da Televisión de Galicia
Fonte. TVG. Zigzag diario
«Los Mestre Mateo honran a la actriz Fely Manzano», na edición dixital do xornal La Región, (25 de marzo de 2015)
Fonte: La Región
https://www.laregion.es
«Fely Manzano recibirá o Mestre Mateo de Honra», na páxina web Cultura galega, (24 de marzo de 2015)
Fonte: Consello da Cultura Galega. Culturagalega.gal
https://culturagalega.gal
«A actriz Fely Manzano, premio Mestre Mateo de Honra», noticia na edición dixital de Nós diario (23 de marzo de 2015)
Fonte: Nós diario
https://www.nosdiario.gal/
«Fely Manzano:
Fonte: Premios Mestre MateoNunca fixen de mala malísima. E tiña ganas pero seica non dou ese perfil», na páxina web dos Premios Mestre Mateo, no ano 2015
https://premiosmestremateo.gal
«Fely Manzano Conde, Premio a Mejor Actriz Protagonista en el Nasicae Short Movie Festival», na páxina web Para inmigrantes.info, (30 de outubro de 2012)
Fonte: Para inmigrantes.info
https://www.parainmigrantes.info/
«Iván Ruiz Flores:
Fonte: ABC’Dulce’ ha sido el triunfo de la humildad», artigo asinada por J.C. Madrid na edición dixital do xornal ABC, (8 de marzo de 2012)
https://www.abc.es
«Fely Manzano, Premio a la Mejor Actriz en el Festival de Cine de San Telmo (Argentina)», nota de prensa en www.galiciadigital.com, (22 de agosto de 2004)
Fonte: https://www.galiciadigital.com/
Episodios da serie da TVG Pratos combinados. 1995-2006
Fonte: Agalega.gal
Páxina web da Academia Galega do Audiovisual
Fonte: https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal/
A actriz Fely Manzano en AVG: Soportal do Audiovisual Galego
Fonte: Consello da Cultura Galega. AVG.
https://culturagalega.gal/avg/
«A actriz Fely Manzano, premio Mestre Mateo de Honra en 2015», na páxina web dos Premios Mestre Mateo
Fonte: Premios Mestre Mateo.
https://premiosmestremateo.gal/
Videos
As Muxicas, curtametraxe de Carlos Alberto Alonso, con Fely Manzano e Antonio Lagares (2002)
Fonte: Alberto Alonso / YouTube.com
Clip sobre Fely Manzano proxectado na Gala de Clausura da terceira edición do
Festival de Cortos de Santurtzi
Fonte: Santurzine / YouTube.com
«Teatro». Fely Manzano no seu último traballo, dirixida por Ivan Ruiz
Fonte: José Antonio Jiménez García / YouTube.com
Episodio «Tristán García», da miniserie Os outros feirantes, do ano 1989, na que actuaba Fely Manzano
Fonte: Anxo González / YouTube.com
Curtametraxe Dulce, de Iván Ruiz Flores, na que actuou Fely Manzano, e polo que recibiu numerosos recoñecementos
Fonte: La vida en corto / YouTube.com
Curtametraxe Lembrar, do ano 2006, dirixida por Tomás Alonso, na que actuou Fely Manzano
Fonte: Orisel Gaspar Rojas / YouTube.com
O reflexo da lembranza, curtametraxe de Roberto Rego, do ano 2007, na que actuou Fely Manzano
Fonte: Roberto Rego / YouTube.com
Coruña imposible, curtametraxe de Paco Rañal, do ano 1995, na que actuou Fely Manzano
Fonte: Francisco Rañal Loureiro / YouTube.com
Teaser da curtametraxe Clementina, do ano 2013, na que actuou Fely Manzano
Fonte: Clementina / YouTube.com
Trailer da curtametraxe Tito Maravilla, de Santiago Sandoval, do ano 2012, na que participou Fely como actriz
Fonte: Tito Maravilla / YouTube.com
O pano de cores, curta de Andrea Maseda Prado, do ano 2014, na que participa Fely Manzano
Fonte: Andrea Maseda Prado / YouTube.com