María Luisa Iglesias Losada
Monforte de Lemos (Lugo), 7/ 9/1904 - Bilbao (Biscaia), 29/12/1996Autoría: María Isabel Fernández García
Primeira muller luguesa licenciada en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela
Cubano. Florencio, de regreso en Galicia, foi xerente da primeira fábrica de luz de Montorte, promotor do hotel Comercio e dono do pazo de Sober. Casado con Evangelina Marzo, tiveron en Baracoa (Cuba) ao seu fillo Waldo Iglesias Marzo, que casaría con Emilia Losada Prieto. Deste matrimonio naceu María Luisa, futura médica xinecóloga.
Estudos de Primaria e Bacharelato
María Luisa estuda Primaria en Monforte nas Escolas Pías, onde imparten clase os Padres Escolapios, polo que este centro era coñecido popularmente como Colexio dos Escolapios.
En xuño de 1919 ingresa no Instituto General y Técnico de Lugo, onde estudará en ensinanza non oficial, non colexiada, ata o ano 1923, obtendo un expediente sobresaliente.
Estudos universitarios
Realiza estudos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela entre 1922 e 1928, obtendo Matrícula de Honra no curso 1924-1925. Na relación de alumnas avantaxadas. que publica o xornal El Eco de Santiago o 1 de outubro de 1925, tamén figuran María Paz Parada (médica-analista en Ourense) e mais Olimpia Valencia.
Fixo o exame de grao o 23 de outubro de 1930, no que obtivo a cualificación de Sobresaliente. Remata a carreira en xuño de 1930, sendo a única muller da súa promoción en licenciarse —o resto eran 46 homes—. María Luisa Iglesias Losada e mais Ángela Pardo Celada foron as primeiras médicas de Lugo, se ben Ángela se licenciara en Madrid uns anos antes, en 1927. Outras pioneiras do campo da Medicina en Lugo foron Eloisa Rivadulla Álvarez (pediatra), Obdulia Nogueira Santana (odontóloga), María Paz Gasalla Riveiro (oftalmóloga), Celia Touza Pérez (odontóloga), María del Pilar Vázquez Navarro (médica) e Otilia Castiñeira Puente (analista).
Carreira profesional
María Luisa casou co médico biscaíño José Lecube Barquín, compañeiro de estudos en Santiago de Compostela e, despois, tamén de profesión. Tras a voda o casal foi vivir uns anos a Ustarroz, no val de Egüés, en Navarra. Alí naceu o seu primeiro fillo e a familia viviu a feliz circunstancia de que lle tocase a lotería de Nadal aínda que, segundo informa La Gaceta del Norte de 23 de decembro de 1933, o premio foi repartido entre case todo o cadro de persoal do Ferrocarril de Lezama. Cos cartos obtidos o matrimonio establécese en Bilbao, cidade na que Luísa comezou a exercer como tocoxinecóloga. A doutora cursou os estudos de Xenecoloxía e Parto en Biscaia no ano 1935.
O 9 de outubro de 1935 colexiouse en Biscaia, co número 618, como médida especialista en Xinecoloxía e Parto, sendo a segunda muller en facelo no Colegio de Médicos de Bizkaia. Convértese así na segunda muller especialista na provincia. Nese mesmo ano abriu unha consulta privada de Xinecoloxía e Parto en Bilbao, incluíndo o apelido do seu marido no nome: "María Luisa Y. de Lecube". O nacemento doutros dous fillos e mais o comezo da Guerra Civil, obrigárona a interromper temporalmente a súa carreira profesional, que retomou uns anos máis tarde ao lado de Isidoro García Valbuena, un dos máis prestixiosos especialistas bilbaínos da época.
En 1950, segundo o Boletín Oficial do Estado do 13 de xullo de 1950, páxina 3050, obtivo unha praza no
Seguro Obligatorio de Enfermedadda provincia de Biscaia. En 1955, segundo BOE do 25 de xuño dese ano, páxina 3802, obtén a praza de especialista en Xinecoloxía no
Seguro Obligatorio de Enfermedadde Bilbao, con consulta no ambulatorio de Barakaldo, onde permaneceu ata a súa xubilación en 1974.
En 1962, cando foron regulados os títulos das especialidades médicas, María Luisa solicitou e obtivo o título de especialista en Obstetricia e Xinecoloxía, tal e como recolle o suplemento do Boletín Oficial do Estado, número 108, do ano 1962.
O seu itinerario profesional está recollido no libro Bizkaiko lehenak: médicas que abrieron caminos, editado polo Colegio de Médicos de Bizkaia en 2017, onde figura como a segunda muller médica colexiada en Biscaia.
Páxina web de referencia
María Luísa Iglesias Losada na páxina web Pioneiras de Ciencias de Lugo
Bibliografía
Colegio de Médicos de Bizkaia (2017): Bizkaiko lehenak: médicas que abrieron caminos. Bilbao: Colegio de Médicos de Bizkaia.
Fernández García, Isabel (2021): Pioneiras da cienca de Lugo . Lugo: Asciación Colectivo Egeria.
Gurriarán, Ricardo (2007): Mulleres galegas e Ciencia na rede formativa universitaria, primeiro terzo do século XX. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Comisión de Igualdade.
Como citar: Fernández García, María Isabel : María Luisa Iglesias Losada. Publicado o 16/7/2025 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=36140. Recuperado o 22/01/2026
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Folleto das VI Xornada Universitaria Galega en Xénero (6º. 2019. A Coruña). (Re) construíndo o coñecemento: A Coruña, 14 de xuño de 2019.
Fonte: MInerva. Repositorio Institucional da Universidade de Santiago de Compostela.
Inclué unha breve biografía de María Lisa Iglesias Losada. Ver Documento. Folleto
https://minerva.usc.gal
As mulleres galegas na ciencia no primeiro terzo do século XX. Ver Documento. Artigo
Fonte: http://culturagalega.gal/album/docs/doc-gurriaran-ano-ciencia.pdf [Descarga: 2022-03-03]
En 1950, segundo o Boletín Oficial do Estado do 13 de xullo de 1950, páxina 3050, María Luisa obtén praza de especialista no Seguro Obrigatorio de Enfermidade na provincia de Biscaia. Ver Documento
Fonte: Boletín Oficial do Estado.
https://www.boe.es/
Nota informativa en El pueblo gallego: María Luisa Iglesias Losada gaña 150000 pesetas na lotería.Segundo informa La Gaceta del Norte, do 23 de decembro de 1933, premio da lotería tocoulle a case todo o cadro de persoal do Ferrocarril de Lezama. Ver Documento
«La lotería», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 3047 (2 de xaneiro de 1934), 13.
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Noticia sobre o estudantado da provincia de Lugo que se licenciou en Medicina no curso 1929-1930. Ver Documento. Noticia
«Gente que estudia», La voz de la verdad: diario católico con censura eclesiástica,
Fonte: Biblioteca Pública de Lugo / Galiciana.
6899 (3 de xuño de 1930), 3.
https://biblioteca.galiciana.gal
María Luisa Iglesias Losada figura entre o alumnado premiado no curso 1924-1925. A estudante foi premiada en Histoloxía e Histoquimia. Ver Documento. Artigo
«El año académico. Apertura del curso 1925-26. Alumnos premiados», El Compostelano: diario independiente, 1665 (1 de outubro de 1925), 1.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Nota de felicitación a María Luisa Iglesias Losada polas notas conseguidas no segundo curso da carreira de Medicina. Ver Documento. Noticia
«De Monforte. Alumna distinguida», La Provincia: diario de información y de intereses generales, 615 (3 de xuño de 1925), 1.
Fonte: Biblioteca Pública de Lugo / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Capítulo dedicado a María Luisa Iglesias Losada na publicación Mujeres pioneras en la Medicina. Ver Documento. Artigo
«María Luisa Iglesias Losada». En Mujeres pioneras en la Medicina. BIlbao: Colegio de Médicos de Bizkaia; 98-99.
Fonte: Consejo General de Colegios Oficiales de Médicos.
https://www.cgcom.es
Ligazóns de interese
Espazo web da xinecóloga María Luisa Iglesias Losada en Pioneiras de Ciencias de Lugo
Fonte: Pioneiras de Ciencias de Lugo.
https://pioneirasdecienciasdelugo.gal
«Florencio Iglesias, el adinerado
Fonte: La Voz de Galicia.Cubanoy la primera fábrica de luz de Monforte», artigo de Felipe Aira publicado en La Voz de Galicia, (19 de novembro de 2023).
No artigo tamén se fala da xinecóloga María Luisa Iglesias Losada, neta de Florencio
https://www.globalgalicia.org
Entrada biobibliográfica de Ángela Pardo Celada, primeira xinecóloga e puericultora lucense, no Álbum de Galicia
Fonte: Consello da Cultura Galega. Álbum de Galicia.
https://consellodacultura.gal/album-de-galicia
«Destacadas pioneras de ciencias de Lugo», artigo de Óscar Cela na edición dixital de La Voz de Galicia, (30 de novembro de 2021)
Fonte: La Voz de Galicia
Acceso á tese de doutoramento de Xoana Pintos Barral As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960
Pintos Barral, Xoana: As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960. Santiago de Compostela: Universidade, Facultade de Química, 2016. [Tese de doutoramento]
Fonte: Minerva. Universidade de Santiago de Compostela.
http://hdl.handle.net/10347/14763
Videos
Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. María Isabel Fernández García fala das científicas luguesas
Fonte: https://www.youtube.com/watch?v=gtaZ2iTM_uo&ab_channel=UNEDLugo [Consulta: 2022-03-03]










