Xesús Carro García
Santiago de Compostela (A Coruña), 24/ 12/1884 - Santiago de Compostela (A Coruña), 8/12/1973Autoría: Adrián Estévez Iglesias
Arqueólogo e sacerdote, destacou como pioneiro nos estudos xacobeos
No ano 1909 recibiu un premio do seminario de Sevilla polo relato «Un paseo en la playa (diálogo entre un seminarista y un lector de la mala prensa»). Colaborou coa Sociedade de Amigos do País, e en 1916 foi nomeado secretario da primeira xunta para a creación dunha sección de estudos de historia e arqueoloxía galega. Afeccionárase a estas materias nos seus tempos de seminarista, da man de Eladio Oviedo Arce. En 1923 deu unha conferencia no Circo de Artesanos sobre a ourivería romana en Galicia e mais sobre o tesouro do castro de Recouso. Despois colaborou con Xosé Filgueira Valverde na creación do museo catedralicio.
Serviu de enlace a historiadores que visitaban Galicia, como os medievalistas estadounidenses Arthur Kingsley Porter e Kenneth John Conant, quen se serviu da fundamental axuda de Carro para a elaboración da súa monografía sobre a Catedral de Santiago The Early Architectural History of the Cathedral of Santiago de Compostela (Harvard University Press, 1926); historiadores da arte como Manuel Gómez-Moreno, cos que mantivo frecuente correspondencia, ou mesmo o reitor da Universidade do Porto, Alfredo de Magalhães. En 1932 axudou a Walter Muir Whitehill na transcrición do Códice Calixtino.
En 1928 ingresou no Seminario de Estudos Galegos, do que dirixiu a sección de Arqueoloxía e Arte. Colaborou na publicación Terra de Melide, de 1936, coa sección «Arqueoloxía relixiosa de Melide», en colaboración con Emilio Camps e Xosé Ramón Fernández-Oxea (Ben-Cho-Shey).
Ao igual que outros membros da xeración Nós formouse noutros países de Europa. Así, con bolsas da Xunta de Ampliación de Estudos fixo estadías en museos de arte e arqueoloxía de Francia e Inglaterra e Alemaña entre 1928 e 1929. Ao seu regreso dunha viaxe por Italia promoveu a creación dunha oficina e padroado de turismo en Santiago de Compostela.
Na revista Nós publicou catro artigos, nos cales xa se deixa ver cal é o seu principal motivo de estudo: a catedral compostelá. Os artigos foron «Unhas estatuas do Pórtico da Groria» (n.º 55, xullo de 1928), «A imaxen pétrea do Apóstol Sant-Iago» (n.º 94, outubro de 1931), «Unha táboa do convento de Belvís» (n.º 101, maio de 1932) e «O botafumeiro da Catedral compostelán» (n.º 109, xaneiro de 1933). Ademais fixo tres recensións, das obras de Pedro Vitorino «Cerámica portuense» (n.º 95, 217), de Justo Pérez de Urbel «La iglesia románica de San Quirce» (n.º 95, 218) e de Eric Maclagan «Medieval alabasters from Naworth Castle» (n.º 108, 232). Nos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos publicou tres artigos: «A data da inscripción da Porta das Praterías» (IV, 1932), «O tímpano da capela de D.ª Leonor» (V, 1930) e mais «O tesouro de Foxados» (VI, con Sebastián González).
Logo do golpe de Estado de 1936 procurou salvar material da editorial Nós e mais do Seminario de Estudos Galegos, como algunhas láminas con miniaturas do Códice Calixtino, que o SEG estaba a transcribir. En xaneiro de 1939 foi nomeado apoderado en Compostela do Servizo de Defensa do Patrimonio Artístico Nacional. Coa creación do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento en 1944, pasou a ser xefe de Estudos Composteláns e da Peregrinación nesta institución.
Colaborou en diversas revistas, como Compostellanum, as pontevedresas Logos e Spes ou a madrileña Arqueología y Arte, así como no Galician Programme da BBC. En 1951 publicou a Crónica de Santa María de Iria, como anexo V do Cuaderno de Estudios Gallegos, nunha coidada edición con prólogo, anotacións e glosario.
Ingresou na Real Academia Galega o 27 de xullo de 1941, a proposta de Manuel Casás Fernández, Ángel del Castillo López e Alejandro Barreiro Noya. Ese día tivo lugar no paraninfo da Universidade de Santiago a cerimonia de ingreso de dezanove académicos de número, mais no acto só se deu lectura ao discurso La mitología del agua en noroeste hispánico, lido por Fermín Bouza-Brey en nome de todos. Xa en xaneiro de 1925 fora nomeado membro correspondente da RAG. Foi tamén membro do Instituto Español de Estudios Medievales e membro correspondente da Real Academia de Historia e mais da Real Academia de Belas Artes de San Fernando desde 1961. En 1965 ingresou na Orde de Afonso X o Sabio, e en 1971 foi nomeado fillo predilecto de Santiago de Compostela.
Faleceu en Santiago de Compostela o 8 de decembro de 1973, e foi soterrado en Boisaca.
Bibliografía
Bibliografía primaria
Monografías:
Las catedrales gallegas. Buenos Aires; Ediciones Galicia, 1950. (Inclúe unha colección de láminas).
Estudios jacobeos: arca marmórica, cripta, oratorio o confesión, sepulcro y cuerpo del Apóstol. Santiago de Compostela: Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, 1954.
A pelengrinaxe ao Xacobe de Galicia. Vigo: Galaxia, 1965.
Artigos en Cuadernos de Estudios Gallegos
«Un nuevo relieve románico compostelano» (I, 1944)
«Miniaturas de un cantoral de San Martín Pinario y su archivo» (VII, 1947)
«El palacio y la torre de D. Berenguel en la cabecera de la Catedral de Santiago» (XI, 1948)
«La escritura de concordia entre D. Diego Peláez, obispo de Santiago, y San Fagildo, abad del Monasterio de Antealtares» (XII, 1949)
«La imagen sedente del Apóstol en la Catedral de Santiago» (XV, 1950)
Outros artigos
«Un anillo signatario ibérico»; «La monumentalidad de Galicia»; «Un café en Santiago en 1812»; «El cuchillo del Apóstol Santiago en la Catedral»; «El Apóstol Santiago patrón de pescadores, marineros y navegantes»; «Las figuras de la Pasión de Cristo en la fachada de las Platerías»; «La construcción de la actual Basílica»; «Las esculturas empotradas de la Puerta Santa»; «El almenado de la Catedral de Santiago de Compostela»; «La Catedral de Santiago es también Basílica»; «De la dignidad del altar mayor de la Catedral de Santiago»; «La Cruz dos Farrapos»; «El cordón del Apóstol»; «El camino de Santiago»; «Efigies de Santiago ecuestre en Compostela».
Bibliografía secundaria
Carro Otero, Jośe (1965): «Notas bibliográficas de D. Xesús Carro García», La Noche, (17 de abril), 12.
Couceiro Freijomil, Antonio (1951): Diccionario bio-bibliográfico de escritores. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos, 1951; I, 234-235.
Como citar: Estévez Iglesias, Adrián : Xesús Carro García. Publicado o 3/1/2023 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=711. Recuperado o 08/11/2025

DOCUMENTACIÓN DE
Artigo de Xesús Carro sobre a presenza en Compostela do prateiro Andrés de Campos Guevara. Ver Documento. Artigo
Carro García, Jesús: «El platero Andrés de Campos Guevara en Santiago de Compostela», Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología, 11 (1944-1945), 145-160.
Fonte: Dialnet. Universida de La Rioja.
https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2716169 [Descarga: 2022-12-28]
Lembranza de Salvador Cabeza de León, por Xesús Carro. Ver Documento. Artigo
Carro García, Xesús: «Don Salvador Cabeza de León», Boletín de la Academia Gallega, 253 (1 de xuño de 1934), 3-5.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Artigo de Xesús Carro na revista Logos. Ver Documento. Artigo
Carro García, Xesús: «O Apóstol Sant-Iago Patrón de Pescadores, Mariñeiros e Navegantes», Logos: boletín católico mensual, 22 (outubro de 1932), 152-158.
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=7722 [Descarga: 2022-12-30]
Artigos de Xesús Carro en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Ver Documento. Artigo
Carro García, Xesús: «O tímpano da capela de Dona Leonor», Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, V (1930), 145-152; «A data da inscripción da Porta das Praterías», Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, IV (1932), 221-235 + 5 lám.; «O tesouro de Foxados», Arquivos do Seminario de Estudos Galegos [En colaboración con Sebastián González], VI (1933-1934), 87-92 + 7 lám.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Descarga: 2022-12-30]
Colaboracións de Xesús Carro na revista Nós. Ver Documento. Artigo
Carro García, Xesús: «Unhas estatuas do Pórtico da Groria», boletín mensual da cultura galega: órgao da Sociedade Galega de Pubricacións Nós, 55 (25 de xullo de 1928), 125-127; «A imaxen pétrea do apóstol Sant-Iago», 94 (15 de outubro de 1931), 174-178; «Os homes, os feitos, as verbas», 95 (15 de novembro de 1931), 217-220; «Unha táboa do convento de Belvís», 101 (15 de maio de 1932), 74-77; «Os homes, os feitos, as verbas», 108 (15 de decembro de 1932), 231-232; «O botafumeiro da catedral compostelán», 109 (15 de xaneiro de 1933), 6-10.
Fonte: Nós. Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Colaboración de Xesús Carro no Boletín de la Academia Gallega. 1924. Ver Documento. Artigo
Carro García, Xesús: «Un anillo signatorio ibérico», Boletín de la Academia Gallega, 161 (2 de maio de 1934), 101-104.
Fonte: Boletín de la Academia Gallega. Biblioteca do Consello da Cultura Galega
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Xesús Carro na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Ver Documento. Artigo
«Carro García, Xesús». En Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Lugo: El Progreso, D.L. 2003; VIII, 72.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
A revista el Peregrino recolle o labor investigador de Xesús Carro e Manuel Chamoso. Ver Documento. Artigo
Leralta, Javier: «Manuel Chamoso Lamas y Jesús Carro García: pasión por las piedras compostelanas», Peregrino: revista del Camino de Santiago, 83 (outubro de 2002), 32-33.
Fonte: https://www.caminosantiago.org/cpperegrino/revista/revista.asp [Descarga: 2022-12-29]
Apuntamentos sobre a obra de Xesús Carro en La Noche, por Xosé Carro Otero. Ver Documento. Artigo
Carro Otero, Jośe: «Notas bibliográficas de D. Xesús Carro García», La Noche, 13534 (17 de abril de 1965), 12.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=7180 [Descarga: 2022-12-30]
A semana cultural de Porto, celebrada en abril de 1935, contou cunha ampla representación de membros do Seminario de Estudos Galegos. Ver Documento. Artigo
«Seminario de Estudos Galegos: La semana cultural de Oporto», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 3441 (17 de abril de 1935), 9.
Fonte: Biblioteca Pública Antonio Odriozola / Galiciana. Bibliotea Dixital de Galicia
http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/registro.do?id=3952
Páxina de Vida gallega dedicada a Xesús Carro. Ver Documento. Artigo
«Hombres de Galicia: Don Jesús Carro, ilustre arqueólogo compostelano», Vida gallega: ilustración regional, 420 (30 de xullo de 1929), 7.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Digital de Galicia.
Ligazóns de interese
Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura, exposición conmemorativa do centenario do SEG. Cidade da Cultura, 4 de xullo de 2023 a 7 de xaneiro de 2024
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/luz-na-terra-o-seminario-de-estudos-galegos-unha-institucion-de-alta-cultura [Consulta: 2023-08-31]
Sitio web conmemorativo do centenario do Seminario de Estudos Galegos, elaborado polo Consello da Cultura Galega
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/area2.php?arq=4372 [2023-03-08]
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=35606 [Consulta: 2022-12-28]
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
Artigo de Xosé Manuel Beiras sobre Xesús Carro
Beiras, Xosé Manuel: «Figuración sen mesturas de don Xesús Carro García», El Correo Gallego, (24 de xullo de 2015).
Fonte: El Correo Gallego
https://www.elcorreogallego.es/hemeroteca/figuracion-sen-mesturas-don-xesus-carro-garcia-FJCG944364 [Consulta: 2023-01-02]
A obra A data de inscripción da Porta das Praterías, de Xesús Carro, no blog Os libros de Ánxel Casal
Fonte: http://oslibrosdeanxelcasal.blogspot.com/2015/06/a-data-da-inscripcion-da-porta-das.html [Consulta: 2022-12-29]
Historia do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, de 1944 a 2004
Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo (dir.): O Instituto de Estudos Galegas «Padre Sarmiento»: Sesenta anos ó servicio de Galicia (1944- 2004). Santiago de Compostela: CSIC, Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (IEGPS), 2005. http://hdl.handle.net/10261/225007
Fonte: CSIC.
https://digital.csic.es/handle/10261/225007
Xesús Carro no Almanaque das Irmandades
Fonte: http://almanaquedasirmandades.gal/efemeride/xesus-carro-garcia-2068-12-08/ [Consulta: 2022-12-29]
Xesús Carro no Arquivo da Real Academia Galega
Fonte: Real Academia Galega [Consulta: 2022-12-29]
Xesús Carro, membro da Real Academia Galega
Fonte: Real Academia Galega.
https://academia.gal/
Obras de Xesús Carro en Atopo: Catálogo Documental e Bibliográfico. Desputación de Pontevedra
Fonte: ATOPO. Deputación Provincial de Pontevedra.
https://atopo.depo.gal/ [Consulta: 2023-01-02]
Xesús Carro na revista Nós
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://revistanos.galiciana.gal/es/recurso/carro-garcia-jesus/7f04aeaf-06c9-490c-81a5-e30102be2835 [Consulta: 2023-01-02]
Epístolas de
Carta de Xosé Filgueira Valverde e Xesús Carro a Francisco Sánchez Cantón
Videos
Antonio Fraguas conversa sobre o Seminario de Estudos Galegos
O 12 de outubro de 1923 un grupo de mozos universitarios trasládanse a Ortoño, parroquia natal de Rosalía, para constituír o Seminario de Estudos Galegos (SEG). Antonio Fraguas incorporaríase ao SEG uns anos máis tarde, en 1928, presentando unha investigación sobre o castro de Soutolongo. Neste vídeo vídeo divulgativo (6´ 32´´) conversa sobre o nacemento do Seminario de Estudos Galegos e os obxectivos cos que se fundou. A peza foi realizada por Acuarela Comunicación en 2019, ano no que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas a Antonio Fraguas.
Fonte: LInguaGalegaTV
https://www.youtube.com/watch?v=R6VmoRrlAys [Consulta: 2023-01-02]
As publicacións do Seminario
O Seminario de Estudos Galegos desenvolveu unha importante produción escrita, nomeadamente no que respecta a achegas científicas, aínda que no seu seo tamén se editaron contribucións literarias. Neste breve vídeo divulgativo (2´ 35´´) o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) ofrécenos unha panorámica das publicacións do Seminario, que testemuñan o firme compromiso deste grupo de intelectuais co uso do galego no ámbito académico e científico.
O reloxo do Seminario
Vídeo divulgativo (2´ 05´´) sobre o reloxo do século XVIII doado ao Seminario de Estudos Galegos (SEG) polo intelectual, político e mecenas galego Juan Arias Sanjurjo. A peza forma parte da serie de vídeos sobre a historia e o patrimonio documental e artístico do SEG, que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir este ano 2023.
Artigos Xesús Carro García
CARRO GARCíA, X. (7/1944) Moure, Felipe de Castro y Ferreiro 1577 - 1711 - 1738 | Acción Gallega. 2ª (17), 16.