Carlos Casares
Ourense, 24/ 8/1941 - Vilariño, Nigrán, 9/3/2002Autoría: Henrique Monteagudo
Escritor. Director da Editorial Galaxia e da revista Grial. Presidente do Consello da Cultura Galega
Rematada a carreira, comeza a exercer a docencia nun colexio de Viana do Bolo, onde entra en conflito coa dirección do centro polo seu aberto antifranquismo, o que lle vale a expulsión e a prohibición de exercer a docencia en Galicia. Isto obrígao a procurar traballo en Bilbao. En 1971, xa de volta a Galicia, casa con Kristina Berg, establecéndose en Ourense. Gaña unha praza de profesor de Lingua e Literatura Española e en 1974 comeza a exercer no Instituto de Cangas, onde é novamente expedientado polo seu antifranquismo. A súa carreira docente culminará como catedrático no Instituto de San Tomé de Freixeiro (Vigo).
Naqueles anos convértese nun precursor da literatura infantil en galego, ao gañar os primeiros premios de dous concursos convocados pola Asociación Cultural "O Facho": un de narrativa, con A Galiña azul (1968), e outro de teatro, con As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1973). En 1972 publica a tradución do relato O principiño, de Antoine de Saint-Exupéry. En 1975 gaña un premio convocado pola editorial Galaxia coa novela Xoguetes para un tempo prohibido, de contido marcadamente autobiográfico, que acada unha excelente acollida do público e que é galardoada co Premio da Asociación Española de Críticos Literarios (1976). En 1978 ingresa na Real Academia Galega, converténdose no seu numerario máis novo.
Participa na política galega da transición e inicios da democracia, implicándose na reivindicación da autonomía e na posta en marcha do autogoberno. En 1981 é elixido nas listas do PSdG/PSOE ao primeiro Parlamento de Galicia. Do seu labor parlamentario cómpre salientar a redacción e aprobación da Lei de normalización lingüística e a Lei de creación do Consello da Cultura Galega (1983). Posteriormente, pasa a centrarse no labor cultural, converténdose en director da editorial Galaxia (1986) e da revista Grial (1988) e chegando a presidir, nos últimos anos da súa vida, o Consello da Cultura Galega (1996). Como xestor cultural, esforzouse en alargar os horizontes da cultura galega, co seu empeño en incorporar nela a comunicación e as novas tecnoloxías, as ciencias sociais e a investigación científica, o urbanismo e o medio ambiente.
Durante a década de 1990 viaxou intensamente, participando en múltiples actividades, como os congresos mundiais do Pen Club en Maastrich, Toronto e Compostela ou o Literarisches Kolloquium en Berlín. No ano 2000 participa no Expreso da Literatura, unha experiencia de convivencia entre oitenta escritores en máis de sesenta linguas europeas, que percorreron en tren toda Europa ao longo de máis dun mes. Nesa década publica a serie de relatos infantís ilustrados arredor da figura de Toribio (1991-1994), e mais Lolo anda en bicicleta (1996).
A súa traxectoria narrativa foise consolidando pausadamente, mediante obras con excelente acollida dos lectores, como a colección de relatos Os escuros soños de Clío (1979), merecente do Premio da Crítica Galega, e as novelas Ilustrísima (1980), centrada no problema da intolerancia e o dogmatismo, e Os mortos daquel verán (1987), precursora no tratamento da memoria histórica da guerra civil, que lle valeu o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria (1978). Xa nos últimos anos da súa vida publicou a novela longa Deus sentado nun sillón azul (1996), unha complexa reflexión arredor do papel dos intelectuais na sociedade actual, que foi merecente do Premio da Crítica Española e que é considerada por moitos como o cume da súa creación literaria. Seis anos máis tarde viría a lume a súa derradeira novela, O sol do verán (2002), unha intensa narración de ton elexíaco que retoma o tema do amor imposible, recorrente na súa obra.
Ao longo da súa vida colaborou como articulista en xornais coma La Región, El País e La Voz de Galicia. A este último diario estivo ligada boa parte da súa traxectoria xornalística, coas seccións "A ledicia de ler" (1975-1992), "Á marxe de cada día" (1987), e sobre todo, "Á Marxe", que atinxiu unha enorme popularidade. A súa obra xornalística mereceu os premios Fernández Latorre (1993), Julio Camba (1995) e Roberto Blanco Torres (2002). Como biógrafo, ensaísta e editor legou monografías, artigos e diversos traballos sobre autores como Curros Enríquez, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Ánxel Fole, Martín Sarmiento, Ramón del Valle-Inclán, Gonzalo Torrente Ballester e Ramón Piñeiro. O personaxe que máis influíu na súa vida e no seu pensamento foi este último, a quen dedicou a biografía Ramón Piñeiro. Unha vida por Galicia, e de quen editou a obra Da miña acordanza (2002). Un escritor que atraeu fortemente a súa atención foi Ernest Hemingway, de quen traduciu a novela O vello e o mar (1998), e de quen rastrexou o paso por Galicia (Hemingway en Galicia, 1999). Unha boa presada dalgúns dos seus mellores ensaios foi reunida por el mesmo no volume Un país de palabras (1998). Postumamente, viñeron a lume as recollas de relatos O suicidio de Jonas Björklund e de ensaios O expreso da literatura (2017).
Célebre conversador e prosista extraordinario, a clareza, a sutileza e unha fina ironía constitúen as marcas máis características do seu estilo, ao que se aliou un intenso afán renovador das técnicas narrativas. Como narrador e xornalista literario é unanimemente considerado unha figura senlleira das letras galegas:
é un dos máis grandes narradores galegos da segunda metade do século XX(Ángel Basanta),
pervivirá na historia do noso país como un dos narradores máis importantes da modernidade(Camiño Noia). Especialmente importante para a normalización da lingua foi a súa achega xornalística, que atinxiu un público extraordinariamente amplo. Viviu a lingua e a cultura galegas desde dentro, pois as tiña fondamente entrañadas desde a súa infancia, mais como home culto do seu tempo foi un cidadán da república universal das letras. Activamente involucrado na proxección internacional da cultura galega, coa súa implicación incansable nos seus diversos campos acabou converténdose nunha das súas figuras máis representativas.
Bibliografía primaria
Narrativa
Vento ferido, Vigo: Galaxia, 1967.
Xoguetes pra un tempo prohibido. Vigo: Galaxia, 1975.
Os escuros soños de Clío. Santiago de Compostela: Edicións do Cerne, 1979.
Ilustrísima. Vigo: Galaxia, 1980.
Os mortos daquel verán. Vigo: Galaxia, 1987.
Deus sentado nun sillón azul. Vigo: Galaxia, 1996.
O sol do verán. Vigo: Galaxia, 2002.
Ensaio, estudos, semblanzas e biografías
Ramón Piñeiro: unha vida por Galicia. A Coruña: Fundación Caixa Galicia, 1991.
Un país de palabras. Vigo: Galaxia, 1999.
Conciencia de Galicia. Vigo: Galaxia, 2017.
Obra xornalística
Á marxe. 10 volumes. Vigo: Galaxia, 2005-2017.
Biografía e estudos sobre a súa obra
Monteagudo, Henrique (2017): Carlos Casares, un contador de historias. Vigo: Galaxia.
Noia, Camiño; Rodríguez, Olivia; Vilavedra, Dolores (2009): Actas Simposio Carlos Casares. Vigo: Fundación Carlos Casares.
VV. AA. (2012): «Carlos Casares, nun país de palabras», Grial, 196.
VV. AA. (2017): «Carlos Casares», Boletín da Real Academia Galega, 378.
Como citar: Monteagudo, Henrique : Carlos Casares. Publicado o 14/3/2022 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=732. Recuperado o 13/07/2025
DOCUMENTACIÓN DE
Compilación dos discuros de Carlos Casares no Parlamento de Galicia (I Lexislatura). Ver Documento. Libro
Monteagudo, Henrique (ed.) (2017): Carlos Casares no Parlamento de Galicia. Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia.
Fonte: Parlamento de Galicia
https://www.parlamentodegalicia.gal/Portada/libroselectronicos [2022-03-10]
Cartas de Xoán González-Millán a Carlos Casares. Ver Documento. Artigo
Fonte: Vilavedra, Dolores: «Carlos Casares e Xoán González-Millán. Diálogo sen fronteiras», Grial. Revista Galega de Cultura, 196 (2012), 54-65. [Descarga: 2023-09-20]
Entrevista de Belén Fortes a Carlos Casares.
O país no que vivas non importa porque todo depende de cómo vivas nel. Podes habitar no recuncho máis afastado do planeta e estar no mundo, sobre todo agora que tes todas as posibilidades.
(Tempos Novos, xaneiro de 2002)
Entrevista de Belén Fortes a Carlos Casares.
Arrodéome de xente boa, traballadora e eficaz, porque a maior parte dos traballos que levo a cabo no Consello ou en Galaxia son máis de coordenación de equipos que persoais.
(Tempos Novos, xaneiro de 2002)
Entrevista de Belén Fortes a Carlos Casares.
O que facemos é buscar carencias, cousas que están por facer ou que hai que corrixir, reunir expertos, elaborar informes. A visión que temos é a de que se fan moitas cousas, a miúdo ben feitas, pero que non hai unha coordinación de esforzos. Cada un vai por un lado, cando xuntando os esforzos os resultados serían infinitamente mellores. Pero é un defecto difícil de corrixir porque á xente non lle gusta nada cooperar.
(Tempos Novos, xaneiro de 2002)
Entrevista de Belén Fortes a Carlos Casares.
Galicia ten unha boa posición lingüística, podes ler en castelán, en portugués, e os escritores novos que pasaron polo instituto poden tamén ler algo en inglés. Ninguén con menos esforzo pode conseguir o que aquí unha persoa nova: ler en tres linguas importantísimas e dunha dimensión enorme.
(Tempos Novos, xaneiro de 2002)
Entrevista de Belén Fortes a Carlos Casares, publicada na revista Tempos Novos en xaneiro de 2002. Ver Documento. Entrevista
«Carlos Casares. Palabra de escritor», Tempos Novos, 56 (xaneiro de 2002), 60-65.
Fonte: fondos hemerográficos do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia. Consello da Cultura Galega
Entrevista de Fran Alonso a Carlos Casares.
—¿Que eliminaría da cultura galega?
—A incultura.
—¿Que lle falta á cultura galega?
—Máis cultura
(Diario 16, ano 2000)
Lembranza de Ramón Piñeiro, por Carlos Casares. Ver Documento. Artigo
Casates, Carlos: «Ramón Piñeiro López», Boletín da Real Academia Galega, 361 (2000), 303-304.
Fonte: Real Academia Galega.
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/
Entrevista de David Barro a Carlos Casares.
Eu fun educado dentro da filosofía de Ramón Piñeiro, primeiro director de Galaxia, de que había que apoiar os proxectos que foran culturalmente interesantes con independencia de que fosen rendibles, sempre que dispuxesemos doutros medios que si o fosen.
(InteresArte 4, inverno 1998)
Entrevista de David Barro a Carlos Casares.
Eu quero que o CCG sexa un centro de reflexión. Somos un organismo consultivo, entendendo como tal, a unión das personas máis dinámicas da cultura para reflexionar e debater os problemas e sacar propostas. Ó ser un organismo autónomo, independente e politicamente neutral, permite o encontro de persoas de ideoloxías moi diversas dedicadas a pensar nos problemas concretos do seu sector.
(InteresArte 4, inverno 1998)
Artigo xornalístico sobre a situación da literatura galega, publicado en 1981 na sección «A ledicia de ler», de La Voz de Galicia.. Ver Documento
Casares, Carlos: «A situación da literatura galega é insostible», La Voz de Galicia (15 de xaneiro de 1981).
Fonte: Fundación Carlos Casares
http://fundacioncarloscasares.org/category/publicacions/a-ledicia-de-ler/ [2022-03-10]
Bloque_03.
Cando observamos un problema cultural importante, no canto de sacalo na prensa e usalo como arma contra o Goberno, prefiro formulalo en privado. A miña postura é «falemos primeiro co presidente ou co conselleiro e queimemos antes esa vía». Sempre queda despois a opción de acudir á opinión pública a explicar o que pasa. Este tipo de actuación, quizais é menos satisfactoria no plano persoal –xa que quedas moito mellor cando vas de Robin Hood, denunciando as actuacións incorrectas-, pero eu coido que é máis eficaz.
Texto de Carlos Casares sobre Ramón Piñeiro. Ver Documento
Documento que recolle tres páxinas co texto orixinal mecanografado, e unha cuarta cun fragmento das probas de imprenta [S.l.] [S.d.]
Fonte: Galiciana - Biblioteca Dixital de Galicia. Fondos da Fundación Carlos Casares
http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=17049 [2022-03-10]
Documentos de traballo relacionados co proceso de redacción da Lei de normalización lingüística. Ver Documento
Carlos Casares foi elixido en 1981 nas listas do PSdG/PSOE ao primeiro Parlamento de Galicia, onde estivo acompañado por Ramón Piñeiro. Do seu labor parlamentario, cómpre salientar a súa participación na redacción e aprobación da Lei de normalización lingüística. Nas páxinas 1-2 deste documento recóllense dous fragmentos de borradores mecanografados desta lei con anotacións manuscritas de Carlos Casares. Na páxinas 3 recóllese un texto manuscrito de Ramón Piñeiro, relacionado tamén coa redacción da LNL.
Fonte: Fundación Carlos Casares
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Bibliografía de/sobre Carlos Casares. Ver Documento
Selección bibliográfica, elaborada por Henrique Monteagudo, da obra de Carlos Casares, así como das biografías e estudos editados sobre este autor.
Boletín da Real Academia Galega dedicado a Carlos Casares. Ver Documento
VV. AA. (2017): «Carlos Casares», Boletín da Real Academia Galega, 378.
Fonte: Real Academia Galega
https://doi.org/10.32766/brag.378 [2022-03-10]
Actas Simposio Carlos Casares. Ver Documento. Acta
NOIA, Camiño; RODRÍGUEZ, Olivia; VILAVEDRA, Dolores (2009): Actas Simposio Carlos Casares. Vigo: Fundación Carlos Casares.
Fonte: Fundación Carlos Casares
http://www.fundacioncarloscasares.org/wp-content/uploads/2009/09/libro-actas-completo2.pdf [2022-03-10]
Alfonso Zulueta rememora a figura de Carlos Casares, predecesor seu na presidencia do Consello da Cultura Galega. Ver Documento. Artigo
Zulueta de Haz, Alfonso: «Pegadas dos tempos idos». En Carlos Casares: os amigos, as imaxes, as palabras. Vigo: A Nosa Terra; Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega; D.L. 2004; 185-186.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Marcos Valcárcel lembra a Carlos Casares, entre a memoria e o mito. Ver Documento. Artigo
Valcárcel, Marcos: «Entre a memoria e o mito, Ourense». En Carlos Casares: os amigos, as imaxes, as palabras. Vigo: A Nosa Terra; Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega; D.L. 2004; 23-25.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Poema en memoria de Carlos Casares. Ver Documento. Poema
Fonte: Tovar, Antón: «Oración». En Carlos Casares: A semente aquecida da palabra. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2003; 65. Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Ligazóns de interese
Páxina web da Fundación Carlos Casares
Fonte: Fundación Carlos Casares
http://fundacioncarloscasares.org/ [2022-03-09]
Recursos didácticos e guías docentes sobre Carlos Casares
Fonte: Fundación Carlos Casares
http://fundacioncarloscasares.org/recursos-didacticos/ [2022-03-09]
Sección do Portal da Lingua Galega dedicado a Carlos Casares
Contén unha biografía, diferentes materiais didácticos elaborados polos centros educativos e recursos variados sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2017.
Fonte: Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
https://www.lingua.gal/letras-galegas/contido_0055/2017-carlos-casares [2022-03-09]
Carlos Casares no web da Real Academia Galega
Sección con información biográfica e bibliográfica dedicada a Carlos Casares, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2017.
Fonte: Real Academia Galega
https://academia.gal/letras-galegas/2017/carlos-casares [2022-03-09]
Carlos Casares no Centro de Documentación da AELG
Fonte: Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/carlos-casares/ [2022-03-09]
Carlos Casares na Galipedia
Fonte: Galipedia
https://gl.wikipedia.org/wiki/Carlos_Casares [2022-03-09]
Carlos Casares na Radio Galega
Contidos emitidos na Radio Galega sobre Carlos Casares con motivo das Letras Galegas 2017.
Fonte: Radio Galega
http://www.crtvg.es/rg/destacados/etiqueta/carlos-casares/page:1#contenido [2022-03-09]
Carlos Casares narra feitos e historias da súa vida
Serie de nove pezas audiovisiais emitidas na Televisión de Galicia con motivo das Letras Galegas 2017.
Fonte: Televisión de Galicia
https://www.youtube.com/playlist?list=PL0xO_4rto5uzVrGssIaR4T8_YxSjeIwqn [2022-03-09]
Carlos Casares no Arquivo da TVG
Fonte: Televisión de Galicia.
https://pasouoquepasou.crtvg.gal/monografico/dia-das-letras-galegas-2017-0 [2022-03-09]
Carlos Casares en Galiciana - Bliblioteca Dixital de Galicia
Selección de 78 documentos do autor en formato dixital.
Fonte: Galiciana - Biblioteca Dixital de Galicia
http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=8913 [2022-03-09]
Historia da Literatura Galega: Carlos Casares
Fonte: Historia da Literatura Galega. Asociación Socio-Pedagóxica Galega
http://literaturagalega.as-pg.gal/autoras-es/casares-mourino-carlos.html [2022-03-09]
Páxina web do Consello da Cultura Galega
Fonte: http://consellodacultura.gal/ [Consulta: 2022-12-01]
Epístolas de
Carta de Carlos Casares a Ramón Piñeiro, 1963
Carta de Carlos Casares a Ramón Piñeiro, 1965
Carta de Carlos Casares a Ramón Piñeiro, 1968
Carta de Carlos Casares a Ramón Piñeiro, 1972
Carta de Carlos Casares a Ramón Piñeiro, 1972
Carta de Carlos Casares a Ramón Piñeiro, 1973
Carta de Carlos Casares a Ramón Piñeiro, 1973
Telegrama de Carlos Casares a Camilo José Cela. 1989
Carta de Carlos Casares a Camilo José Cela. 1989
Telegrama de Carlos Casares (Consello da Cultura Galega) a Marina Castaño. 2002
Videos
Carlos Casares, presidente do Consello da Cultura Galega (1996-2002)
Francisco Díaz-Fierros, Henrique Monteagudo e Dolores Vilavedra falan do papel de Carlos Casares como presidente do CCG, no ano no que se lle dedicou o Día das Letras Galegas (2017). [6´ 47´´]
Fonte: Consello da Cultura Galega
https://www.youtube.com/watch?v=pR5pf5I7BF0 [2022-03-08]
Vídeo en homenaxe a Carlos Casares co gallo do seu 80 aniversario [2´ 41´´]
Fonte: Fundación Carlos Casares
https://www.youtube.com/watch?v=etMPXokD2cA [consulta: 2022-03-08]
Entrevista a Carlos Casares, como representante da Editorial Galaxia, realizada en 1999 [9´ 08´´]
Fonte: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
https://www.youtube.com/watch?v=8z_5bBBxQMM [consulta: 2022-03-08]
Víctor Freixanes fala de Carlos Casares
Claudia Álvarez, alumna do IES Carlos Casares (Vigo), entrevista a Víctor Freixanes na Editorial Galaxia para falar de Carlos Casares en 2017, ano no que se lle dedicaron as Letras Galegas. [10´ 45´´]
Fonte: IES Carlos Casares (Vigo)
https://www.youtube.com/watch?v=FywuCiAgRik [consulta: 2022-03-08]
Ramón Villares fala de Carlos Casares
Vanja Veiga, alumna do IES Carlos Casares de Vigo, entrevista a Ramón Villares, como presidente do Consello da Cultura Galega, no ano no que se lle dedicou o Día das Letras Galegas a Carlos Casares (2017). [18´ 52´´]
Fonte: IES Carlos Casares (Vigo)
https://www.youtube.com/watch?v=GFST_c5JKpg [consulta: 2022-03-08]
Divulga. Carlos Casares
Breve vídeo divulgativo sobre a vida e obra de Carlos Casares elaborado pola Xunta de Galicia en 2011. [1´ 12´´]
Fonte: Xunta de Galicia
https://www.youtube.com/watch?v=-XX8trKESzw [2022-03-08]
Calos Casares. Letras Galegas 2017 «O galego»
Vídeo breve no que Carlos Casares fala sobre a lingua galega. Forma parte da serie de nove pezas emitidas pola TVG en 2017, onde Carlos Casares narra historias e feitos da súa vida. [43´´]
Fonte: Televisión de Galicia
Serie completa: https://www.youtube.com/playlist?list=PL0xO_4rto5uzVrGssIaR4T8_YxSjeIwqn [consulta: 2022-03-08]
Carlos Casares e a proxección exterior da nosa lingua
Mesa redonda organizada polo Consello da Cultura Galega e o Centro PEN Galicia, que tivo lugar o 14 de xuño de 2017 en Santiago de Compostela. Participan: Valentín García Gómez, Marilar Aleixandre, Luís G. Tosar, Bieito Iglesias e Dolores Vilavedra. [1 h 11´ 35´´]
Fonte: Consello da Cultura Galega
https://www.youtube.com/watch?v=6s07i8p3WMU [consulta: 2022-03-09]
Día das Letras Galegas 2017 - Homenaxe a Carlos Casares en Xinzo de Limia
Pleno da Real Academia Galega celebrado en Xinzo de Limia para conmemorar o Día das Letras Galegas 2017. Interveñen Fina Casalderrey, Henrique Monteagudo e Xesús Alonso Montero.
Fonte: Real Academia Galega
https://www.youtube.com/watch?v=MzlW2ySoDe8 [2022-03-09]
Especial do programa A Chave, da TVG, dedicado a Ramón Piñeiro e emitido o 3 de novembro de 2000. Moderado por Tino Santiago, conta coa participación de Carlos Casares, Benxamín Casal, Ceferino Díaz e Xosé Vilas Nogueira
Fonte: TVG / YouTube.com
No tren de Carlos Casares
Vídeo de carácter biográfico elaborado como homenaxe ao autor. [4´ 41´´]
Fonte: Illa Bufarda
https://vimeo.com/38369718 [2022-03-10]
Audios
Poetas e narradores nas súas voces, Vol.1, CD 2 (Narradores) 33: CARLOS CASARES Presentación
Poetas e narradores nas súas voces, Vol.1, CD 2 (Narradores) 34: CARLOS CASARES Xoguetes para un tempo prohibido
Especial Casares (6/6): O xornalista Roberto Blanco Torres na visión de Casares
Carlos Casares. A semente aquecida da palabra: «O morcego e as bolboretas». Carlos Casares no Encontro de escritores galegos e portugueses
Especial Casares (5/6): A cultura galega en 1988
Especial Casares (4/6): Casares gaba a Otero Pedrayo
Especial Casares (2/6): A lingua galega en 1975
Especial Casares (1/6): O primeiro poeta
Especial Casares (3/6): El gigante y el tonto
Fragmento de Xoguetes pra un tempo prohibido na voz de Carlos Casares
Publicacións periódicas
Vieiros (1959-1968) .
Revista do Padroado da Cultura Galega de México
Correo de Galicia (1965-) .
El periódico para los 600.000 hogares gallegos del Río de la Plata
Rego (1974-) .
Documentos pró galeguismo
Aturuxo (1974-) .
Micro Pechado, A (2000-) .
Artigos Carlos Casares
ÁLVAREZ BLáZQUEZ, E. ÁLVAREZ BLáZQUEZ, X. BEIRAS, X. BOUZA BREY, F. CARBALLO CALERO, R. CARRé ALVARELLOS, L. CASARES, C. CHAMOSO LAMAS, M. DóNEGA, M. FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. FERNáNDEZ LóPEZ, A. PENZOL, F. FERREIRO, C. FOLE, Á. FRAGUAS, A. FRANCO GRANDE, X. GARCíA DOMíNGUEZ, "BOROBó", R. GARCíA-SABELL, D. GóMEZ ROMáN, M. ISLA COUTO, X. LORENZO FERNáNDEZ, X. LUGRíS, R. RISCO, V. MARTíNEZ-RISCO Y MACíAS, S. MASIDE, X. NAYA PéREZ, J. OTERO PEDRAYO, R. PARGA PONDAL, I. PIñEIRO, R. RíO BARJA, F. SACO, C. SIXTO SECO, A. VIñAS CORTEGOSO, L. SANTIAGO, S. ILLA COUTO, R. GARCíA BODAñO, S. FERRO COUSELO, M. LóPEZ CASANOVA, A. (7/1963) Mensaxe dos intelectuais galegos a don Manoel Puente | Orientación Gallega. 1ª (14), 3.
ÁLVAREZ BLáZQUEZ, X. BEIRAS, X. CASARES, C. CASTRO, P. FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. FRANCO GRANDE, X. LEDO, X. GRAñA, B. PIñEIRO, R. SPRANGER, E. ARJONA DE SANTIAGO, X. MILLáN GONZáLEZ-PARDO, I. OTERO, C. RODRIGUES LAPA, M. (5/1965) Revista «Grial» [n.º 7] | Orientación Gallega. 1ª (30), 2.
Libros do ccg sobre Carlos Casares
A cultura galega no século XXI.
2017 | Carlos Casares, Autoría.
As laranxas máis laranxas de todas as laranxas.
2017 | Carlos Casares, Autoría.
O exilio galego: actas do congreso e repertorio biobibliográfico.
2007 |
O exilio galego de 1936: política, sociedade, itinerarios.
2006 | Pilar Cagiao, Edición. Xosé M. Núñez Seixas, Edición.
Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o Seu Tempo”.
2004 | Xesús Alonso Montero, Edición. Henrique Monteagudo, Edición. Begoña Tajes, Edición.
(Celebrado en Celanova, 13 al 15 de setembro de 2001 ). Tomo I
Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o Seu Tempo” .
2004 | Xesús Alonso Montero, Edición. Henrique Monteagudo, Edición. Begoña Tajes, Edición.
(Celebrado en Celanova, 13 al 15 de setembro de 2001). Tomo I
Carlos Casares.
2003 | Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Coordinación. Henrique Monteagudo, Coordinación.
A semente aquecida da palabra
Actas dos III Encontros para a Normalización Lingüística.
2000 | Susana Mayo Redondo, Edición. Ana B. Domínguez Salgado, Edición. Daniel Romero Rodríguez, Edición.
28 e 29 de outubro de 1999
Actas dos II Encontros para a Normalización Lingüística.
1999 | Susana Mayo Redondo, Edición. Ana B. Domínguez Salgado, Edición. Daniel Romero Rodríguez, Edición.
(28, 29, 30 de outubro de 1998)
A paisaxe galega, as súas leis e tipos.
1998 | Carlos Casares, Limiar. Ramón Otero Pedrayo, Autoría. Afonso Vázquez-Monxardín, Introdución.
Federación de Sociedades Galegas, Bos Aires, 26 de xullo de 1947
A imaxe e o labirinto.
1998 | Antón Castro, Comisariado. Antón Castro, Textos. Guadalupe Álvarez, Textos. Gerardo Mosquera, Textos.
10 artistas cubanos dos ‘90
Homenaxe a Ánxel Fole.
1997 | Carlos Casares, Entrevista. Afonso Cid González, Locución. Margarita Ledo, Entrevista. Cristina Pujales, Escolma. Claudio Rodríguez Fer, Entrevista. Afonso Vázquez-Monxardín, Coordinación. Bea Pérez, Son.
Día das Letras Galegas 1997
Eduardo Blanco-Amor en América: unha mostra da súa oratoria .
1993 | Eduardo Blanco Amor, Autoría.
Transcripcións