- Álbum da Emigración
- Documentación
- Ligazóns
- Videos
- Audios
- Bibliografía
- Artigos
- Periódicas
- Publicacións CCG
Manuel Curros Enríquez
Celanova (Ourense), 14/ 9/1851 - A Habana, 7/3/1908Poeta e xornalista en Cuba
dun leve e negreiro vapor
emigrado camiño de América
vai o probe e infeliz amador
Curros é, sen dúbida, unha das figuras máis sobranceiras da emigración galega. Se ben é certo que os seus principais contributos literarios xa foran publicados antes de emigrar, Curros desenvolveu na Habana unha intensa actividade xornalística, sempre tendo a Galiza como centro de atención.
Manuel Curros Enríquez naceu en Celanova o 14 de setembro de 1851. Instalouse en Madrid a fins de 1866, onde se fixo bacharel e comezou a carreira de Dereito, ao tempo que se implicaba na vida política e colaboraba na prensa. Durante a última guerra carlista foi correspondente do xornal madrileño El Imparcial. Por outra parte, as súas experiencias neste conflito bélico quedarían reflectidas no libro Cartas del Norte. En 1880 publicou Aires d`a miña terra, libro de poemas que acadaría decontado un enorme éxito. Este poemario tamén lle traería problemas ao autor, ao ser denunciado polo Bispo de Ourense. En 1888 deu ao prelo O divino sainete, obra onde novamente a Igrexa volveu ser branco das súas críticas. As persecucións políticas deberon xogar un importante papel na decisión de Curros de seguir o camino da emigración.
En febreiro de 1894 embarca na Coruña no vapor Reina María Cristina con destino a Cuba. Ao chegar á Habana, o 5 de marzo, foi homenaxeado pola sociedade Aires d´a miña terra, entidade mutualista da que Curros xa era presidente de honra. Comezou a colaborar co diario El País, órgano do partido autonomista cubano. A partir de abril de 1894 Curros dirixe o semanario bilingüe La Tierra Gallega. Case ao mesmo tempo tamén fundaría outro xornal: Diario de la Familia.
Para a fundación de La Tierra Gallega constitúese unha sociedade, creada o 24 de marzo de 1894, baixo a dirección de Curros Enríquez. Esta sociedade quedaría disolta a finais de xullo de 1894, cando todos os partícipes cederon a Curros os seus vales. Á súa vez o poeta fixo cesión destes vales á Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia. Esta publicación contaría coa colaboración de importantes plumas: Aureliano J. Pereira, Aurelio Ribalta, Federico Maciñeira, etc. A lingua galega está representada pola poesía de Francisco Añón, Rosalía de Castro, Alberto Camino, Ramón Armada Teixeiro, entre outros. Na sección "Las cuatro hermanas", aparecían noticias sobre a actualidade galega. A información tamén se estende á actividade das sociedades galegas en Cuba, en particular a Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia e o Centro Gallego.
Cando en febreiro de 1895 estoupa a Guerra de Independencia, Curros, a través das páxinas de La Tierra Gallega amósase oposto á loita dos independentistas cubanos. Curros era un decidido valedor da autonomía de Cuba. Asemade criticaba a voracide dos norteamericanos e os erros da Metrópole. Na edición do 18 de outubro de 1896 Curros nun artigo titulado "Responsabilidad ministerial" criticou a botadura do cruceiro "Princesa de Asturias" nun estaleiro desaxeitado. A crítica non caeu ben na Capitanía Xeneral, que multou ao semanario. A multa foi protestada desde as páxinas de "La Tierra Gallega", o que só serviu para que se lle impuxese outra de maior contía económica. Este feito motivou que La Tierra Gallega deixase de se publicar. O semanario dirixido por Curros mativo tamén intensas polémicas con El Eco de Galicia á súa vez dirixido por Waldo Álvarez Insua. Sen dúbida, neste enfrontamento influían as diferenzas ideolóxicas e políticas que mantiveron ambos personaxes. Do mesmo xeito, Curros tivo tamén unhas difíciles relacións con Antonio P. de Cea, director do semanario Follás Novas.
En 1904 Curros volveu temporalmente a Galiza. Á súa chegada á Coruña foi obxecto dunha importante homenaxe. Logo de regresar a Cuba, en 1905 Curros foi elixido como presidente da comisión xestora da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega. Xa en 1894 as páxinas de La Tierra Gallega recollían un primeiro intento de formación da Academia Gallega.
O poeta tivo unha difíciles relacións coas autoridades do Centro Gallego da Habana, que se reflectiron no poema "A Espiña" (11/01/1903). O seu apoio decidido ás obras da casa de saúde La Benéfica e ás axudas que o Centro concedía a Manuel Murguía para a publicación da Historia de Galicia foron algúns dos motivos desas complicadas relacións. No primeiro caso, Curros criticou as posturas dos médicos Serafín Sabucedo e Juan Manuel Espada que dirixían clínicas privadas e se opuñan aos traballos de ampliación de La Benéfica, ambos médicos recibiron o apoio de Waldo Álvarez Insua desde as páxinas de El Eco de Galicia. Por outra parte, en 1895 Álvarez Insua impulsou desde as páxinas do seu semanario a candidatura de Juan José Domínguez para a presidencia do Centro Gallego, o que motivou as críticas de Curros desde as columnas de La Tierra Gallega. Críticas que se reproduciron cando Sabucedo e Espada pretenderon gañar prazas de médico (aínda que gratuítas) na casa de saúde La Benéfica. No segundo caso, Curros criticou a decisión do Centro Gallego de suspender en 1895 a axuda económica que viña emprestando a Manuel Murguía. Cando en 1905 o Centro somete a discusión a continuación desta axuda, Curros volve participar intensamente nos debates reclamando a subvención.
Curros traballou durante moitos anos no xornal Diario de la Marina, onde foi desde corrector de probas até membro da súa redacción. As desavinzas co Centro Gallego levaron a que Curros, durante a súa enfermidade, ingresara na casa de saúde Covandonga, pertencente ao Centro Asturiano. Sería precisamente nesta residencia onde o 7 de marzo de 1908 finaría o poeta. A capela ardente foi instalada na sede do xornal Diario de la Marina. O día 20 de marzo os seus restos partían con dirección á Coruña.
Como citar: Manuel Curros Enríquez. Publicado o no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=993. Recuperado o 21/01/2025
DOCUMENTACIÓN DE
Poema «A espiña»
Reproducimos esta composición onde Curros Enríquez amosa as súas discrepancias cos principais dirixentes da colonia galega da Habana.
«Responsabilidad ministerial»
Artigo «Responsabilidad ministerial» publicado por Curros Enríquez en La Tierra Gallega. A publicación deste texto ocasionoulle ao semanario unha multa por parte das autoridades da colonia.
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Poema de Andrés Martínez Salazar en memoria de Curros Enríquez
Martínez Salazar, Andrés: «Aa doce memorida de Curros Enríquez», Almanaque gallego para 1916, p. 30
Fonte: Consello da Cultura Galega.
http://consellodacultura.gal/mediateca
Ligazóns de interese
51 páxinas das nosas Letras
Catálogo da exposición organizada polo Parlamento de Galicia en 2013 para conmemorar o 50 aniversario do Día das Letras Galegas
Fonte: Parlamento de Galicia
https://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/Publicacions/51%20paxinas%20das%20nosas%20letras.pdf [consulta: 2022-12-30]
Videos
«O maio» de Curros Enríquez
«O maio» é un dos poemas máis coñecidos de Curros Enríquez no que o poeta invoca unha primavera de liberdade e xustiza. Neste Primeiro de Maio tan diferente, o Consello da Cultura Galega (CCG) vén de xuntar nun proxecto celebrativo este poema reivindicativo de Curros coas novas voces da música galega. O resultado é un vídeo musical que mestura rumba con influencias da música tropical para dar a benvida ao mes de maio e, de paso, celebrar a vida cun alento solidario. Haberá mil primaveras máis! Intérpretes: Pablo Lesuit, Faia Díaz, Narci Rodríguez, Najla Shami, Eladio Santos, Belem Tajes,Nastasia Zürcher, Leo Burke, Brais Morán, Yhadira, Xiana Lastra, Su Garrido e High Paw Musicalización do poema: Nastasia Zürcher Arranxo e Produción Musical: Adrián Saavedra Edición de vídeo: Jairo Moreno Produción do CCG
O himno
Fonte: Queiman e Pousa
https://www.youtube.com/watch?v=SwYdj8gHhN0 [Consulta: 2023-04-20]
Audios
Nas ás do canto 09: Os teus ollos
Nas ás do canto 10: Cantiga
Referencias bibliográficas
- NEIRA VILAS, Xosé: A prensa galega de Cuba, Sada: Ediciós do Castro, 1985, p. 83
- NEIRA VILAS, Xosé: Memoria da emigración III, Sada: Ediciós do Castro, 1996, p. 225
- VV.AA.: LA TIERRA GALLEGA, nº 28, 29/07/1894, p. 1
Publicacións periódicas
Gaita Gallega, A (1885-1887) .
Repinica muiñeiras, fandangos y-alboradas, unha vez ó mes
Gaita Gallega, A (1889-1889) .
Repinica muiñeiras, fandangos y-alboradas, unha vez ó mes
Eco de Galicia, El (1892-1926) .
Órgano de los gallegos residentes en las Repúblicas Sudamericanas
Órgano de los gallegos y Decano de la prensa Española en Sud América
Decano de la prensa gallega en América y de la española en Sur América
Aires da Miña Terra (1892-) .
Boletín oficial de la sociedad de este nombre
Tierra Gallega, La (1894-1896) .
Periódico bisemanal de intereses regionales
A partir do n.º 24: Semanario de intereses regionales
Galicia [A Habana] (1902-1930) .
1903-1904: Revista Semanal Ilustrada
Revista Semanal Ilustrada de mayor circulación en la República
1905, n.º 1: Sen subtítulo
1905, n.º 2-1906, n.º 33: Revista Regional de más circulación en la República de Cuba
1906, n.º 34-1907: Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba y Defensor de los intereses gallegos en América
1914: Revista Regional Ilustrada: Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
16-08-1925: Revista Semanal Ilustrada: Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
1926: Revista Gráfica Regional de La Habana. Publicación Semanal. Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
Publicación Semanal. Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
1930: Publicación Ilustrada: Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
Aires d'a Miña Terra (1908-1909) .
Santos e Meigas (1908-) .
Revista Semanal Ilustrada
Almanaque Gallego (1909-1909) .
Pro-Galicia (1912-1913) .
Revista Mensual Ilustrada
Alma Gallega (1919-1927) .
Revista Mensual: Órgano Oficial de la Sociedad Casa de Galicia
Posteriormente varía a denominación aparecendo como Órgano Oficial de Casa de Galicia, Boletín de Casa de Galicia, Boletín Oficial de Casa de Galicia, Revista de Casa de Galicia etc.
Terra Galega (1921-) .
Boletín mensual: Órgao da Xuntanza Nazonalista Galega d'Habana e paladín do honor da Raza Céltiga
Acción Gallega (1923-) .
Suplemento de Bahía Blanca: Revista mensual de "Casa de Galicia" - Filial
Alma Gallega (1935-1967) .
1935: Revista de «Casa de Galicia»
1936-1940, e a partir de 1944: Órgano Oficial de Casa de Galicia de Montevideo
Xullo 1941: Revista de Casa de Galicia
Resol de Galicia en Buenos Aires (1937-1938) .
Hojilla volandera del pueblo
Galiza (1947-) .
Órgano do Bloque Repubricán Nazonal Galego
Ultramar, A (1960-) .
Boletín informativo de la Oficina de Relaciones con los Gallegos en el Exterior, de la Coruña, y de la Comisión permanente del II Congreso de la emigración española a Ultramar
3ª Época: Boletín informativo de la Oficina de Relaciones con los Gallegos en el Exterior y de la Federación mundial de sociedades gallegas
Artigos Manuel Curros Enríquez
CURROS ENRíQUEZ, M. (10/1922) Juramento. Alma Gallega. 1ª (extraordinario), 21.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CURROS ENRíQUEZ, M. (3/1924) Melodía gallega. Agrario, El. 1ª (85, extraordinario), 30.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CURROS ENRíQUEZ, M. (9/1924) Saludo a la Coruña de Curros Enríquez: Saúdo. Céltiga. 1ª (1), 17.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
CURROS ENRíQUEZ, M. (9/1925) Ó Mayo. Céltiga. 1ª (18), 3.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
CURROS ENRíQUEZ, M. (11/1927) A emigración. Alma Gallega. 1ª, 40.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CURROS ENRíQUEZ, M. BATELLI, G. (1/1934) Nel girdiano, una notte seduta (traducción al italiano de la famosa poesía «No xardín, unha noite sentada» orixinal de Manuel Curros Enríquez). Galicia [Bs As 1930]. 2ª (345), 3.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CURROS ENRíQUEZ, M. (1/1943) Nocturno. Vida Carnotana. 1ª (8), 17.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CURROS ENRíQUEZ, M. BARREIRO, L. (6/1944) La «Cantega» de Curros. Acción Gallega. 2ª (13), 8.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CURROS ENRíQUEZ, M. (4/1945) Canción. Airiños. 1ª (3), 20.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CURROS ENRíQUEZ, M. (9/1945) Cantega. Alborada. 1ª (128), 21.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CURROS ENRíQUEZ, M. (1950) Loubanza. Monte Louro. 1ª, 37.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CURROS ENRíQUEZ, M. (1/1950) Melodía gallega. Alborada. 1ª (144), 49.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CURROS ENRíQUEZ, M. (4/1950) «A Rosalía». Alborada. 1ª (145), 67.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CURROS ENRíQUEZ, M. (7/1955) Saúdo. Orzán. 1ª (7), 14-15.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CURROS ENRíQUEZ, M. (8/1962) A emigración. Betanzos. 1ª (58), 28.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CURROS ENRíQUEZ, M. (7/1980) Aires da miña terra. Nosa Terra, A. (116), 10.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
CURROS ENRíQUEZ, M. (9/1989) O divino sainete. Festa da palabra silenciada. (06), 84 .
Ver narrativa Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Libros do ccg sobre Manuel Curros Enríquez
Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o Seu Tempo”.
2004 | Xesús Alonso Montero, Edición. Henrique Monteagudo, Edición. Begoña Tajes, Edición.
(Celebrado en Celanova, 13 al 15 de setembro de 2001 ). Tomo I
Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o Seu Tempo” .
2004 | Xesús Alonso Montero, Edición. Henrique Monteagudo, Edición. Begoña Tajes, Edición.
(Celebrado en Celanova, 13 al 15 de setembro de 2001). Tomo I
Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o Seu Tempo”.
2004 | Xesús Alonso Montero, Edición. Henrique Monteagudo, Edición. Begoña Tajes, Edición.
(Celebrado en Celanova, 13 al 15 de setembro de 2001). Tomo II
O proceso penal a Manuel Curros Enríquez (1880-1881).
2001 | Benito Montero, Textos. Miguel Ángel González Trigás, Limiar.