Cun estudo introdutorio de Benito Montero, e prologado por Miguel A. González, esta publicación reflicte a condena do poeta por “atentar contra do libre exercicio dos cultos” (ao entender, o xuíz de instancia de Ourense, que os versos de "Aires da miña terra" contiñan aldraxes e burlas a Deus e ao Papa) e a posterior revogación da sentenza pola Audiencia Territorial da Coruña, nun dos xuízos máis coñecidos do século XIX.
Benito Montero Prego -o autor do estudio- é fiscal da Audiencia Provincial de Pontevedra, xurista prestixioso cuns fondos compromisos coa nosa cultura e coa defensa e uso do noso idioma dabondo coñecidos, fai unha análise pormenorizada das circunstancias históricas nas que se procesa a Curros, das leis vixentes e da xurisprudencia ad hoc; o seu documentado traballo une como apéndice o edicto coa condena do bispo de Ourense, as dúas sentencias -a condenatoria e a que revoga e absolve- e o texto das defensas que fixeron no seu momento dous ilustres avogados: Juan Manuel Paz Novoa na primeira instancia e Luciano Puga y Blanco na apelación.

| Título | proceso penal a Manuel Curros Enríquez (1880-1881), O |
| Textos |
Benito Montero |
| Limiar |
Miguel Ángel González Trigás |
| Obxecto de estudo |
Manuel Curros Enríquez |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Colexio de Avogados de Ourense, 2001 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 101 p. ; 24 cm. |
| Notas | Coed. co Colexio de Avogados de Ourense |
| ISBN | 84-95415-41-0 |
| Depósito Legal | C 1810-2001 |
| CCG. Signatura | CCG 2001 212 |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Materias | |
| Código QR |
|

![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)