PLENARIO

----
Electivo/a (2026 - )

Eduardo Corbelle Rico

Consello da Cultura Galega

Doutor en Enxeñaría de Montes. Profesor titular no Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela. Investigador no Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) desde 2021.

As súas liñas de investigación principais estrutúranse en dous eixes. Por unha banda, o estudo dos cambios de uso e cobertura do solo (land systems science) en Galicia e na Península Ibérica, con especial atención aos cambios que afectaron á superficie de uso agrícola e gandeiro, así como á superficie arborada e ás súas consecuencias ambientais. Pola outra, o estudo dos mercados de terras (land administration and land institutions), ámbito en que participa periodicamente na elaboración do Informe anual sobre mobilidade de terras, como parte dos traballos do Observatorio de Mobilidade de Terras de Galicia.

É autor ou coautor de medio cento de publicacións científicas, entre as que se inclúen libros, capítulos de libro e artigos. Foi relator en eventos auspiciados pola Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), polo Joint Research Centre da Comisión Europea e polo Open Source Geospatial Research and Education Symposium (OGRS), entre outros.

Histórico no Consello da Cultura Galega
Retrato