Material
Proxector
O Grupo de Bioloxía Ambiental (BA2) da Universidade de Vigo
Descrición
Josefina Garrido González, Francisco Ramil Blanco e Salustiano Mato de la Iglesia, membros do Grupo de Bioloxía Ambiental (BA2) da Universidade de Vigo, cóntannos neste vídeo (2´ 28´´) cales son as principais liñas de traballo deste grupo de investigación, centrado no estudo da biodiversidade dende a óptica da fauna bentónica, da fauna de invertebrados, das especies invasoras, do tratamento dos residuos e da ordenación e xestión forestal sostible.A peza forma parte da serie audiovisual "Que facemos?", elaborada pola Área de Cultura Científica da Universidade de Vigo para presentar diferentes proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta institución.


