Vilariño de Conso | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Vilariño de Conso

Vicente Feijoo Ares (autoría)
Descrición Vilariño de Conso é un concello ourensán de montaña con algo máis de 200 km² de superficie. Neste vídeo divulgativo (13´ 27´´) o filólogo Vicente Feijoo fálanos da orixe e o significado deste topónimo que conta cun primeiro elemento moi transparente (Vilariño), pero que contén un segundo (Conso) que xera debate entre os especialistas.

A peza forma parte da serie didáctica O seminario de onomástica responde, elaborada pola Real Academia Galega.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
13 minutos e 27 segundos
Entidades
Creación: Real Academia Galega