Antonia Ferrín Moreiras e outras mulleres astrónomas | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Antonia Ferrín Moreiras e outras mulleres astrónomas

Nuria Richer (autoría)
Descrición Nuria Richer, coordinadora do grupo “Muller e Astronomía” da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, fálanos nesta charla divulgativa (43´ 30´´) da astrónoma galega Antonia Ferrín Moreiras, a primeira muller que realizou unha tese sobre astronomía en España. Tamén nos presenta outras mulleres que ao longo da historia foron referentes nesta área, incidindo nos atrancos e na desigualdade de xénero que aínda existen actualmente no campo da investigación astronómica.

A charla tivo lugar en xullo de 2022 no marco do ciclo “Falando de natureza”, organizado polo Grupo Naturalista Hábitat.

Material complementario:
-Materiais didácticos sobre astronomía
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
43 minutos e 30 segundos
Entidades
Creación: Grupo Naturalista Hábitat
Etiquetas