O paradoxo de Aquiles e a tartaruga / Vídeo. Remoto. Youtube/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxector

Material

Proxector

O paradoxo de Aquiles e a tartaruga

Descrición
Neste vídeo didáctico (5´ 40´´) a matemática Cristina Vilas Taboada responde unha cuestión formulada polo físico e divulgador científico Jorge Mira, na que lle pide que explique un dos paradoxos máis famosos das matemáticas da antiga Grecia: o paradoxo de Aquiles e a tartaruga. Trátase dun paradoxo formulado polo filósofo grego Zenón (século V a.C) coa intención de probar que o movemento non existe, senón que se trata dunha ilusión. Cristina Vilas demostra con números que Zenón estaba trabucado.

Esta peza forma parte da serie audiovisual “Consultorio VídeoMatemático”, unha iniciativa do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) que ten como obxectivo achegar o coñecemento matemático á cidadanía.
Metadatos
  • autoría:
  • Tipo de material: Vídeo. Remoto. Youtube
  • Medidas: 5 minutos e 40 segundos
  • Etiquetas:
  • Entidades:
    Creación:Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga)