Por que non empregamos o sistema decimal para contar o tempo? | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Por que non empregamos o sistema decimal para contar o tempo?

Descrición O xornalista Carlos Amado formuloulle a seguinte pregunta ao Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga): por que contamos o tempo en minutos que duran 60 segundos e non empregamos o sistema decimal? Neste vídeo didáctico (4´ 39´´) descubrirás cal é a orixe do sistema sexaxesimal e entenderás por que este sistema que emprega como base o número 60 é o máis idóneo para o cómputo temporal das 24 horas.

Esta peza forma parte da serie audiovisual “Consultorio VídeoMatemático”, unha iniciativa do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) que ten como obxectivo achegar o coñecemento matemático á cidadanía.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
4 minutos e 39 segundos
Entidades
Creación: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga)
Etiquetas