Para que serven as raíces cadradas? / Vídeo. Remoto. Youtube/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxector

Material

Proxector

Para que serven as raíces cadradas?

Descrición
Hai moitas fórmulas ou ecuacións que presentan expresións ao cadrado (o teorema de Pitágoras, a área dun cadrado de lado l, a área dun círculo de radio r, o campo gravitacional…) e cando isto sucede precisamos unha raíz cadrada para despexar o termo correspondente. Neste vídeo divulgativo (4´ 09´´) o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), tratando de responder unha pregunta formulada por Xosé Ramón Gayoso, explícanos como as raíces cadradas poden resultar necesarias para cuestións tan rutineiras como mercar uns metros de cinta protectora na ferraxaría.

Esta peza forma parte da serie audiovisual “Consultorio VídeoMatemático”, unha iniciativa do CITMAga que ten como obxectivo achegar o coñecemento matemático á cidadanía.
Metadatos
  • Tipo de material: Vídeo. Remoto. Youtube
  • Medidas: 4 minutos e 9 segundos
  • Etiquetas:
  • Entidades:
    Creación:Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga)