Bioturbulencia | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Bioturbulencia

Esperanza Broullón (autoría)
Descrición Grazas a estudos científicos recentes sabemos que os peixes contribúen á produción de turbulencia e mestura oceánica nas rexións costeiras, e polo tanto xogan un importante papel na distribución de calor, nutrientes e osíxeno. Nesta pílula didáctica (3´ 45´´) Esperanza Broullón explícanos cal é a importancia da bioturbulencia para os ecosistemas mariños.

A peza foi elaborada no marco do proxecto científico REMEDIOS, promovido polo Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, o Instituto Español de Oceanografía e o Consello Superior de Investigacións Científicas-CSIC.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
3 minutos e 45 segundos
Entidades
Creación: Universidade de Vigo
Creación: Instituto Español de Oceanografía (Vigo)
Creación: CSIC