Fuga do castelo de Santo Antón | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Fuga do castelo de Santo Antón

Descrición Partindo da documentación dunha causa xudicial custodiada no Arquivo do Reino de Galicia, neste terceiro capítulo (6´ 34´´) da serie divulgativa en formato podcast Segredos do Arquivo, poderás coñecer a historia duns perigosos presos confinados no Castelo de Santo Antón da Coruña. A maiores, o narrado nestes documentos axuda a reconstruír algúns dos feitos acontecidos en España durante o Trienio Liberal, coas loitas entre os absolutistas acérrimos e os liberais que querían volver á Constitución de 1812.

A serie ten como obxectivo divulgar e poñer en valor o inmenso tesouro documental que posúe o Arquivo do Reino de Galicia.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
6 minutos e 34 segundos
Entidades
Creación: Arquivo do Reino de Galicia
Etiquetas