Proxecto Xenoma Galicia. Hipercolesterolemia | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Proxecto Xenoma Galicia. Hipercolesterolemia

Descrición Outro dos albos aos que apunta o Proxecto Xenoma Galicia é a hipercolesterolemia familiar, un trastorno xenético hereditario que multiplica por entre dez e quince veces o risco de padecer accidentes cerebrovasculares ou unha enfermidade cardíaca. Neste vídeo divulgativo (1´ 15´´) explícannos como a través dun cribado masivo de mostras de ADN se van tentar localizar os tres xenes máis relevantes neste trastorno, co ánimo de implementar medidas preventivas, facer diagnósticos máis precisos e deseñar tratamentos personalizados.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
1 minuto e 15 segundos
Entidades
Creación: Xunta de Galicia
Creación: Consellería de Sanidade
Etiquetas