Coñece a orixe e as lendas do Samaín | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Coñece a orixe e as lendas do Samaín

Descrición Samhain era o nome que se lle daba na cultura celta á festa de Defuntos, coa que se festexaba o paso da vida á morte e se anunciaba o remate do verán e do período de recolección. Esta festa tradicional, celebraba desde tempos inmemoriais en Galicia o 31 de outubro para honrar os nosos mortos, revitalizouse nas últimas tres décadas grazas á iniciativa dun colectivo de cidadáns e mestres de Cedeira, que a nomearon co termo de orixe gaélica “Samaín”. Sabías que esta celebración está tamén directamente relacionada co magosto? Descubriralo neste breve vídeo divulgativo (1´ 42´´) elaborado pola Televisión de Galicia.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
1 minuto e 42 segundos
Entidades
Creación: Televisión de Galicia